Amosando publicacións coa etiqueta soños. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta soños. Amosar todas as publicacións

21/10/11

VAIA TROPA!

EN POSITIVO

Peter Van Oostzanen



DECÁLOGO PARA EVITAR FABRICAR UNHA MULLER CUN EGO INTELECTUAL HIPERDESENVOLVIDO / HIPERTROFIADO, OU SEXA:




DECÁLOGO PARA FABRICAR UNHA MULLER NORMAL

I. Un proxenitor con poucos nós emocionais. A ser posible sen o nó homosexual.

II. Unha nai que defenda a parella e deixe voar os fillos sen temor.

III. Ambos pais, antes do nacemento, deberán desexar serenamente unha nena.

IV. Poñeranlle un nome de flor, de montaña, de cuncha ou de estrela.

V. Alentarase a creatividade da nena dende moi pequeniña.

VI. Na pubertade será considerada toda unha muller, encomiando e bendicindo os seus cambios físicos.

VII. Aprenderáselle a non temer a menstruación nin a avergoñarse dela. Vai ser a súa mellor arma no futuro.

VIII. Deixaráselle aprender todo aquilo polo que se sinta atraída, sexa o que for.

IX. Observaranse detidamente as súas manifestacións de sensibilidade, emotividade e intuición

X. Faráselle entender a diferenza entre a fame de amor e a fame de coñecemento, de maneira que cando se sinta soa, falta de agarimos e cariño non corra coma unha tola á librería máis próxima ou a matricularse nun curso...senón que se poña a desenvolver a súa creatividade para que o amor do bo veña onda ela de novo




28/08/11

ADEUS, GRAN MANDRIL, ADEUS...fiu...fiu...fiuuuuuu





que fas aí?



SOÑO LÚCIDO

Contrariamente ao que teño por costume nas miñas prácticas cotiás, estou, sen saber moi ben como, nun zoo totalmente ilóxico. E como non me parece lóxico pagar por entrar nun sitio así, decido entrar sobrevoando coa miña nave e deixándoa pousar suavemente nun lugar discreto para que ninguén se decate que hai alguén de polizón, posiblemente soñando. Dou grazas por non ter tomado terra na fosa dos leóns, asegúroche que non sabería como facerlle entender que estou alí en misión oníricodiplomática e que nada podo facer por ceibalo do seu sicotrópico cautiverio. Así pois, unha vez camuflada entre a ramallada a miña nave, déixome levar polo instinto e, despois de saudar unha fermosa pantera negra que me olla con rancor e de estirar ben o pescozo sen éxito para ver se consigo dar co único exemplar de tigre de Bengala que hai no recinto, tópome diante dunha gran fosa onde viven paranoides o gran madril co seu harem e todas as crías. Elas -as mandrilas- semellan entretidas coidando a prole. Os mandriliños apenas son conscientes da súa tráxica situación e corren a perseguirse entre eles, poñendo bo coidado de non molestar ao gran macho que pasa de todo camuflado debaixo das ramas baixas da única árbore á que acollerse. Non me parece de recibo marchar de alí sen presentarlle como é debido os meus respetos, fuxida como estou de outro gran zoo, aínda que só sexa soñando. Así é que me poño polo labor de chamar como sexa a súa atención, aínda que sexa pegando alaridos de mona patética. Non fai falta. Empezo a asubiarlle  aleatoriamente e ....nada! Decido entón pautar os meus asubíos, establecer unha frecuencia repetitiva que o gran macaco poida asociar cunha intencionalidade. Se algo se demostrou algunha vez é, sen dúbida, a capacidade dos primates para captar sinais significativos. Estou así un bo cacho, probando diferentes "melodías". Fágolle señas cos brazos, póñolle caretos, ensínolle os dentes, móvome ao tolo para que me diferencie ben entre o resto dos observadores... ( a min tamén me observan, pero como non son de aquí e ademáis estou soñando, non me importa) e por fin, chas! localízame cos ollos. Abandona o seu agocho lentamente,  e aproxímase en liña quebrada como quen non quere a cousa, pero notáse que está intrigado. Vén ao pé do muro e senta e olla para a dereita, para a esquerda, para atrás, para adiante e, por fin, para arriba. Os nosos ollos atópanse, é lexendario o ouro do brillo dos iris mandrílicos. Conseguido o obxectivo non sei moi ben que dicirlle, creo que algo parecido a... que? que fas aí? sube, que nos vamos!...pero semella que non me entende e queda alí pensativo agarrando os xeonllos coas mans, cruzando os pés e ollando con desvío anoxado aquel fragmento de realidade a tanto a entrada. Moi desencantada decido abandonar o soño por inoperante e carente de suficiente impacto psicotrónico.

A foto non sei de onde demo saiu, cando quedei a durmir a memoria da cámara estaba completa e non teño tarxeta de reposto.

adeus, mandril, adeus!

15/05/11

MUROS DEVORACOCHES

pinchos no padal




it is teis sintonizando


I love you ñam ñam



15 / 5 / 2011 = 15 = 6

ás barricadas!



seissenseis & delahoja

a merced de la intemperie

efecto bolboreta

garamondo

revoluçao

estilo peculiar

etz

25/04/11

A REVOLUÇÃO DOS CRAVOS




GRÂNDOLA, VILA MORENA

Grândola, vila morena
terra da fraternidade
o povo é quem mais ordena
dentro de ti, ó cidade

dentro de ti, ó cidade
o povo é quem mais ordena
terra da fraternidade
Grândola, vila morena

em cada esquina um amigo
em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
terra da fratenidade

terra da fraternidade
Grândola, vila morena
em cada rosto igualdade 
o povo é quem mais ordena

á sombra duma azinheira
que ja nao sabia a idade
jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade

Grândola a tua vontade
jurei ter por companheira
á sombra duma azinheira
que ja nao sabia a idade

Jose Afonso




enlace relacionado neste caderno
  * interpretación poética de Ana Hatherly
                                                      * e tamén

20/03/11

José Val del Omar - Acariño Galaico 1/3







guerra al miedo y a la mierda!



TALLADAS

estás nunha praia
ti e máis xente
é case noite
a praia é pequena
ten forma de cuncha e moitos penedos
caes na conta  que chegastes alí fuxindo de algo
sodes un grupo de fuxidos


soa un teléfono 
incrustado nunha das rochas
que a marea baixa deixou en seco
descolgas e alguén che fala


diche que tendes que liscar de maneira rápida e clara
unha patrulla saiu buscarvos e segue  o voso rastro


dáslle as grazas por avisar
a voz descoñecida ten algo familiar
a maneira de enfiar as palabras
antes de colgar preguntas con quen falas
a voz contesta: con ninguén,
escapa!













20/01/11

VIAXE REAL

lety no país das marabillas



 VIAXE REAL



Lety vai de viaxe…lonxe…moi lonxe…ela soíña
Ignora cal é o medio
Ignora tamén o medo ao descoñecido

Chega a un lugar onde nunca estivo pero familiar, amigable e acolledor
Séntese ben recibida
É tratada con naturalidade
Iso agradéceo

Está no obradoiro dun orfebre, dun xoieiro, dun alfaiate
Que se adica a engastar xemas partindo da pedra bruta
Lety admira as pedras aínda sen pulir nin tallar
Colle nas súas augustas e aristocráticas mans unha especie de cuarzo rosa, é unha lasca grande
O alfaiate amósalle algunha das súas obras: pendentes, anelos, colgantes
Dille que escolla unha, que quere agasallala
Lety escolle unha bolboretiñas brillantes dun material semellante á mica ou á nácara
Son uns pendentes; non quere poñelos aínda, gárdaos nun peto do pantalón estilo xornalista de guerra

O xoieiro déixaa soa no obradoiro un momento…
Lety, curiosa, aproveita para botar un vistazo
Atopa uns enormes pendentes de prata finamente labrada con todo tipo de arabescos
Facendo un xesto mecánico e espontáneo garda un no peto
Parece non ser  consciente de que iso é incorrecto
Está roubando ao seu hospitalario anfitrión sen remorso ningún
Despois procede a apropiarse doutras alfaias coa naturalidade dunha expropiación forzosa sen manifestacións en contra
Sae do obradoiro

Lety accede á vivenda
Hai un neno metido dentro dun disfraz de bufón
Xoga con el
O neno ri e troulea con ela
Vén o pai do neno, o orfebre,
Nota que o neno súa e axúdao a quitarlle o disfraz que o está cocendo vivo
 Cando rematan a faena o home faille saber que anda buscando un gran pendente de prata
Lety adiviña que é o que ten ela no peto
Sácao e devólvollo así como o resto das xoias substraídas

Moi lonxe de botala a patadas
O home bótase a rir e aseguralle que pode coller o que queira
Non quero nada, dille Lety arrepentida . Rógolle que me perdoe
O home envólvea nunha aperta fraternal e amorosa mentres lle pregunta polas bolboretiñas brillantes de mica rosa
Busca nos petos e non están. Perdeunas.


Entra o resto da familia
Póñense a facer de comer
Todos, incluída a cronista,  temos fame

Lety acorda
Dáse conta que xa está de regreso do país
Do perdón e a xenerosidade.

Era un soño…claro! Que había ser senón un soño…


cabaliño do demo facéndolle un comentario a unha folla de abeleira sobre o bochorno que debeu sentir Lety

07/01/11

SOÑO - FLASH





VISIÓN TRATANDO DE EVOLUÍR EN MOVEMENTO CONTÍNUO


Hai unha serie de imaxes sen marco nin fondo-----dispersas-----movéndose aleatoriamente: unha árbore, un elefante, un neno, un pavo real apagado, unha pedra, outra árbore, un mestre de escola, un babeiro, roupa secando ao vento----- dispersas.
Pouco a pouco vanse aliñando en forma de funil oblícuo, á maneira dun feixe de luz ao revés, da amplitude á estreitura-----do funil sae a imaxe debuxada dunha muller que respira, enche o peito e exhala-----intermitente.


Todo o conxunto é unha tira cómica con movemento programado-----repetíndose.


Alguén, un home,  aparece cunha maleta chea de roupa.  Está gastada pero limpa e ben encartada. Da maleta o home extrae unha camisola moi usada. Ofrécella  á muller. Ela pregúntase mentalmente a ralentí: que quererá este home que faga eu con esta camisola? El le o seu pensamento e dille: gárdama.

       de volta do meu funeral

08/12/10

Eternos e salvaxes

son rebelde
danme noxo
os conformistas
os tendeiros do tedio
que viven coma sapos
C.E.FERREIRO



ETERNOS SALVAXES

continuación dun texto empezado
por outro 
non se sabe cando
nin onde
pero si por que

"Os inversores
contan os cartiños
con medo
e xogan ás damas
a tempo real
e nunca imaxinado

Os salvaxes
xogamos ao desexo
de sermos felices
porriba
das súas perdas
ou ganancias

É o noso momento
o de facérmonos oír
escoitar
e predicir
o próximo movemento
que está por vir

Benvido sexa...

"O capitalismo morreu
e das súas cinzas florecerán sorrisos"
Eterno in poesiasalvaje.org

1

este é o momento
esta a hora
sincronicemos os reloxos avariados do noso corazón
algo está a suceder
sin que ninguén poida evitalo
nin facer nada para impedir que suceda
o que xa é, está sendo
coa vantaxe incalculable
de que non é no tempo real
dos usureiros
senón no tempo imaxinario
da poesía

2

actuando en diferido...
como se pode reprimir
o discontínuo...con ilimitada continuidade?
con máis continuidade aínda
da que sería posible en tempo real?

3

que pasada!
o pasado e o presente
conxugados simultáneos
nun futuro irreprimible!

4

temos unha gran granada
estoupando a cámara lenta
e por sectores
no xesto
multitudinario
cosmopolita
e políglota

5

isto non o conseguen
nin cen anos de soidade
nin cen anos de propaganda e televisor

6

activémola

7

dende esta coordenada espazo-temporal
que erradamente coido ser eu
saúdo amorosa e rabiosamente
as novas xeracións
de poetas salvaxes da Terra
que é a única palabra da linguaxe
que ten rango maiúsculo
saúdos vibratorios
aos cachorros
da maltreita nova poesía interplanetaria
que nace do agobio e da dor
para transformarse en alegría
comunicada ao máis alto nivel


Agora, que a gran máquina encripte 

todo como queira

a linguaxe xace calcinada aos nosos pés

faremos dela unha égua salvaxe

a rinchar nos montes devastados 

dos nosos ósos

alentados pola obra común

de desmantelar con

arriscadas e lúbricas manobras

o ESTADO DO ODIO

e a sociedade que o supura.

9


"O capitalismo morreu
e das súas cinzas florecerán sorrisos"

Florecerán sorrisos
e moitas outras
flores bravas,
plantas exóticas e
bagas salvaxes
tamén


vitaminas activistas contra o victimismo dominante


http://listen.grooveshark.com/s/Your_Picture/2oGjCZ




http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/10/haicu-3.html



09/11/10

rede de soños 1

soño 1

sentimos vir un tornado, un furacán, unha gran turbulencia en forma de funil de aros concéntricos e negros parafusándose
apoiamos as mans nos cristiais da vidreira dun rañaceos preguntándonos que vai ser de nós
pasa de largo
ollámonos suspensos no punto dun signo de interrogación aberto


soño 2

Moitos compañeiros estamos comendo e bebendo nun furancho
saímos cando acabamos
ti, quen?, atravesas a estrada berrando:
non me sigas!


soño 3 titulado OS CINCO SENTIDOS

entro no meu cuarto-alboio de traballo
milagrosamente a mesa está vacía, é redonda e ten cadeiras ao redor.

Entran catro homes e sentan
un deles di que non fai falta presentacións
outro secunda: claro que non

Sentamos

Observo o 1º home mentres engade algo ao seu comentario
Cando sente que o estou observando pousa os ollos en min
eu desvíoos sabendo que me está ollando
póusoos no home que teño e  fronte,
este á súa vez desvía a ollada cara o 3º
cando se decata que o observo
o 3º home mira para o cuarto ao decatarse, etc
e así indefinidamente...........

DESENLACE

nun momento do país de non se sabe cando
conseguimos ollármonos simultaneamente os cinco
desencadeando unha percepción multisensorial

ou

soa o espertador do tempo
esperto, que remedio!
pregúntome que sucedería de seguir soñando
intúo as cinco olladas confluíndo simultaneamente
nun lugar sen espazo






08/11/10

ODA NO SEU HONOR

Cando falo contigo, tranquilamente,
resúltame verdadeiramente encantador, falas tan tranquilamente!


Cando berro e che fago reproches,
berras, é divertido, e fasme tamén reproches


Se se me dá, mira ti por vacilarte
miña nai! corres as sete aldeas por me vacilar


E se che son fiel algún tempo
ti es, durante todo ese tempo,fiel


Se estou feliz, ti amósaste aínda máis feliz
entón, eu poreime máis feliz aínda, en fin de te ver feliz


Choro e ti choras ao meu lado
Teño présa e ti vés lixeiriña ao meu lado


Cando esvaezo, ti esvaeces
e eu esvaezo máis de sentir que ti esvaeces


Ah, di, cando morra, morrerás?
Ela: como te amo mellor morrerei máis ca ti


Espertei deste coloquio
Claro! era un soño( que había ser?) este coloquio




Paul Verlaine: Odas no seu honor

21/10/10

rede de soños

soño1


moitos nenos invaden un vello edificio modernista co pretexto de asistir a un evento cultural
desparrámanse por todos os pisos
empeza a desfeita
caen persianas de madeira dourada
caen cortinóns
escunchan as ricas pinturas das paredes
arríncanse táboas
entre os adultos que contemplan impasibles o espectáculo
só un empeza a levar as mans á cabeza a cámara lenta


soño2


alguén (eu?) sobe por un vello camiño comesto polas herbas
topa un regato cheo de peixes mortos frixíndose na auga
alguén(eu?) pensa: tirounos o que anda a verder o peixe polas aldeas na furgoneta, preferiu tiralos a dalos
chego a unha casoupa 
unha vella faime liscar
o camiño agora recoñézoo: é Gondesende.


soño3


chego a casa
hai montada unha festa
péchanme a porta
bérrolles que están poñendo todo perdido
calma chicha
pasan de min


soño 4

vexo unha cova
profunda, gris-verde, húmida
estou dentro
cheira a friura
todo reve, as paredes irregulares
o chan  está cheo de pozas zumegantes
delas saen centos de alimañas, de lesmas, de lagartos grises que reptan
unha ave de rapina atravesa voando o espacio cóncavo, accedo ao seu pensamento:
CANTA COMIDA!!!