23/01/11

Grândola, Vila Morena




Terra da fraternidade



4 comentarios:

angola dixo...

A Revolusión de abril, a máis romántica da historia. Lisboa ten as paisaxes urbanas máis románticas da Europa romántica. Pois ben, viña un continxente de tanques emproando a capital, entrou a columna por un dos accesos e, de repente toda a columna de tanques para, a pouco e pouco; alguén pregunta de atrás que carallo pasa e responde o comandante da expedisión: Quietiños que está o semáforo en vermella, e cando o semáforo virou a verde continuou a grave columna por Lisboa adiante, o pobo agardaba por ela e empezaron a darlles bicos aos soldados, e a meterlle caraveis nas mans, caraveis vermellos. Gran acto psicomáxico, en lugar de sangue, caraveis. E ao día seguinte todos ao fútbol, que xoagaba o Benfica.
Eu non estiven alí pero contoumo un paxariño.

tirarrollas dixo...

Pois a min gustaríame engadir outro flash da revolusao dos cravos

Ás aldeas de Traosmontes, perdidas da historia, empezan achegan camións con continxentes de soldados revolusionarios cheos de alegría e de aparellos electrodomésticos. Os aldeáns non acreditaban, nin sequera tiñan electrisidade.
O maís simpático de todo é que os soldados marcharon e os elctrodomésticos quedaron, pero a electridade non veu ata máis tarde. E nalgunha das aldeas non veu nunca.

Vello refrán muradano: despois do misil só pode vir o candil. Escoitado a Aurora da Tremenda.

angola dixo...

pois eu quero engadir en honor a Portugal, que os portugueses tiveron os collóns que nunca houbo en Spaña.

angola dixo...

Hai aínda outro flash da revolusao dos cravos que aínda ninguén mencionou: o exército regular loitou no bando do pobo e ao dictador botárono, non agardaron a que morrese. O que máis tarde votaron xa é outra historia.