Amosando publicacións coa etiqueta contrapublicidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contrapublicidade. Amosar todas as publicacións

04/07/13

Que democracia?





¿Qué Democracia?-Documental from Partido Pirata Argentino on Vimeo.


En Europa é obrigatorio o voto, so pena de multas, en Chipre,Bélxica, Italia, Grecia e Luxemburgo. A cantidade a pagar vai, segundo o país e a reincidencia, dende os 25 ata os 1000 euros. Pero parece que na Arxentina o pecado da abstención págase co cárcere. Incrible, liberdade obrigatoria!

Na 1ª parte do documental sae un pizarrón con números. É a parte que máis me gusta. Eu xa fixen ese exercicio matemático cos resultados de varias eleccións ao parlamento de Galicia. E case podo asegurar que nunca na autonomía bananeira de Galicia , coa súa longa traxectoria abstencionista, houbo unha clara e real maioría gobernando. Aquí sempre gañamos os que non xogamos, pero o xogo continúa e os que non participan, sinxelamente, non existen. Agora, iso si, gobernar, gobérnase para todos. E os cartiños , a terra e a dignidade roubadas, ser son de todos. 

Parabéns por esta gloriosa exposición sobre a situación da seudodemocracia no sistema ultracapitalista. A capacidade que ten o político profesional para asumir o máis espantoso rídículo semella infinita. A súa impunidade tamén. E a nosa capacidade de abediencia parece que nos relega, cada vez máis, a escoller quen vai ser o seguinte matarife, quen vai comandar por unha tempada no matadeiro da carnicería democárnica.





burbulla do voto compulsivo













01/07/13

CHUVIA DE OURO





RECEITA UNIVERSAL PARA FACER SOPA CÁUSTICA QUE FAI QUE CHOVA OURO, CASE POLA CARA BONITA E AÍNDA POR RIBA CON SUBVENCIÓNS.


Necesitará vostede cada un dos 365 días do ano os seguintes ingredientes:

1. Terra roubada para arrasar

2. O silencio mediático e o beneplácito das autoridades, escollidas democraticamente para tal fin.

Pasemos aos detalles técnicos:

3. 6 toneladas, que son 6.0000 quilos,  de CIANURO DE SODIO 

4. 1.000.000 de litros de auga directamente collidos dos acuíferos inmediatos. Pode vostede chegar a necesitar mesmo 1.000 litros de auga por segundo. Non pasa nada, esa auga volve por onde se poida aos mesmos acuíferos, felizmente enriquecida coa nosa sopa química. Unha marabilla.

5. 42. 000 toneladas de rocha dinamitada, para o que necaesitará facer

6. Dúas ou tres explosións diarias, unha por cada telexornal de ocultamento de información, para as que necesitará 7 toneladas, 7.000 quilos de nada, de explosivos. Eta mata.

7. Diariamente, deberá vostede tamén moer 3.000 toneladas de rocha rebentada ata obter unha fina farina de rocha en po.

8. 400 quilos de ÁCIDO CLORHÍDRICO,

+

   400 quilos de SODA ou SOSA CÁUSTICA

+

  46 quilos de LITARGIRLO

+

  23.000 quilos de cal

+

  2.500 quilos de XOFRE


Todos estes ingredientes químicos son tóxicos e mesmo letais, pero vostede non se preocupe, non terá que manipulalos vostede persoalmente.  Hai moitísima xente no paro que firmará de puño e letra inmediatamente calquera proposta laboral. Ademais están os nativos desertores da agricultura tradicional, os que queren fuxir do contacto coa terra como da peste e non dubidarán en vender o que faga falta e mesmo venderse a si mesmos por un soldo fixo.
Así é que se a vostede lle fai ilusión unha tormenta dourada, non hai problema ningún, para que habiamos querer a Terra senón para rebentala? Aquí todo o mundo gaña!










15/06/13

A xeografía da destrución



O OURO PERUANO


A tajo abierto from River of Life on Vimeo.




REBENTANDO MONTAÑAS SAGRADAS



Documentais sobre a desfeita indíxena


FUNDAMENTALISMO DOURADO





ALASKA DE BERGANTIÑOS? NON, GRAZAS!


Mapa da destrución mineira en Galiza





MIRAXES A CÉO ABERTO







02/06/13

Berro unánime antiminas no Obradoiro







Imaxe da concentración na praza da Quintana dos vivos e na Quitana dos mortos

Boa tarde!

Velaquí o comunicado de ContraMINAcción, a rede de colectivos contra a minaría destrutiva na Galiza, en forma de chamada dirixida á cidadanía galega presente hoxe nesta Quintana, así como a aqueles que non puideron vir e que talvez nos escoiten desde outros lugares.

Galiza está baixo ameaza dun dobre axente perigoso: a megaminaría, o negocio especulativo das multinacionais, e dos gobernos colaboracionistas que, en vez de defender, consenten á destrucción do noso territorio.

O desenvolvemento industrial e económico previsto pola Xunta nos depara un futuro escuro como boca de mina.

Un destino decimonónico e colonial pretende furar e abrir as vetas as montañas galegas co obxectivo de pulverizar as súas entrañas, para mellor as esquilmar/depredar. Farano a ceo aberto e, se non nos opoñemos, co beneplácito da nosa Administración, sufragados cos nosos impostos. Neste ataque sen precedentes ao noso futuro desaparecerán do mapa montes, terras de cultivo, aldeas e poboacións, e no seu lugar ficarán montañas de entullos e lagoas envelenadas. Non deixarán rocha sobre rocha.

Nós nunca seremos cómplices!
Nós nunca o permitiremos!

Por iso decidimos esconxurarnos contra o destino e hoxe vimos estes coletivos a Compostela traer esta declaración de principios:

1.CORCOESTO NON É UNHA MINA!

Corcoesto é noso, é a nosa vida, a nosa ledicia, Corcoesto está no noso corazón. As nosas leiras, o noso gando, os nosos montes, as nosas casas, a nosa xente; a xente, a gran esquecida neste conflicto.

Non debemos permitir que, nin a Xunta de Galicia nin os nosos gobernantes locais, decidan por nos, non permitiremos que a súa codicia arrase cunha forma de vida arraigada e respetuosa ca terra.

Corcoesto é Cereo, Valenza, Laxe, Corme, Carballo, Corcoesto é Bergantiños, Corcoesto é Galiza. É un ben que herdamos dos nosos ancestros e que agora nos toca defender a nos.

LOITEMOS POR CORCOESTO, LOITEMOS POLA NOSA TERRA, LOITEMOS POLA NOSA DIGNIDADE, LOITEMOS POLOS NOSOS FILLOS.

2. CASTRELO DE MIÑO NON É UNHA MINA!

En Castrelo de Miño non temos ningún tesouro enterrado que precise de grandes máquinas ou procesos físico-químicos altamente contaminantes e perigosos para extrae-lo. O noso tesouro está ben á vista. O noso tesouro son as máis de 500Has. de terreo cultivado adicado á vide, que nos converten no principal produtor de uva da D.O. Ribeiro. O noso tesouro é o turismo enolóxico, a pesca, a caza, o turismo rural, as actividades deportivas, o desenrolo sostible e a calidade de vida, que fan que Castrelo de Miño sexa un referente a tódolos niveis.

A instalación deste tipo de actividades extractivas no concello vai a supoñer non só a expropiación das nosas terras, senón tamén do noso pasado, presente e futuro, e non imos permitir que unha excavadora destrúa en 4 ou 5 anos o que nos costou séculos acadar. Non queremos Nin Minas nin Canteiras nas Nosas Ribeiras. Castrelo de Miño non é unha mina. Galicia non é unha mina.

3. AS COMARCAS DE ORDES-COMPOSTELA NON SON UNHA MINA

A minería contaminante está a ameazar os concellos de Oroso, Frades, Mesía, Ordes, O Pino e Compostela

LOITAMOS POLO NOSO FUTURO E POLO NOSO MEDIO DE VIDA. A extracción de seixo que pretende a transnacional Erimsa en miles de hectáreas suporá a destrucción da capa vexetal e da fertilidade da terra durante anos e anos. Onde Erimsa só ve rochas, nós vemos vida, forraxes para os nosos animais, o sustento de moitas persoas que viven dun xeito directo ou indirecto dos sectores agrogandeiro e forestal, os soños e a oportunidade de centos de mozos e mozas que queren construír o seu futuro na terra que os viu nacer.

LOITAMOS POR UNHA PROTECCIÓN REAL PARA OS NOSOS RÍOS E OS NOSOS ESPAZOS NATURAIS. A nivel medioambiental, estas concesións mineiras afectan de cheo ao río Tambre e afluentes seus como o Maruzo ou o Samo, que ademais están catalogados como Lugar de Interese Comunitaria (LIC) e espazos da Rede Natura 2000.

LOITAMOS POLA CALIDADE DE VIDA DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS. Estas minas tamén afectan zonas poboadas, algunhas urbanas con importantes concentracións de vivendas como Sigüeiro, Penateixa, Gándara, Porto Avieira, Piñeirón ou Oroso.

LOITAMOS POLA DEMOCRACIA. Para que os nosos concellos e a Xunta velen dunha vez por todas polo interese xeral e non sexan cómplices nos atropelos e abusos das empresas mineiras.

As nosas terras non son unha mina.

4. A GROBA, A RAXADA, O TETÓN E A SERRA DO ARGALO NON SON UNHA MINA!

A Consellería de Industria dirixida por Francisco Conde OFRECE o país a quen queira vir tirarlle os tesouros mineiros das súas entrañas ó prezo que sexa. Ó chamado do mel acoden abellas de todo o mundo. Para A Serra do Galiñeiro hai oferta de explotación de terras raras e para unha ampla zona que xira ó redor da Serra da Groba hai intención de tirarlle o ouro e de seguro outros minerais que lle paguen a pena.

Os propietarios milenarios destes montes non saben ren.
As administracións de maior proximidade non informan nada, nin se informan de nada.
Os membros de SOS GROBA procuran información e están a pasarlla ós veciños:

Diante do ofrecemento do país ó gran capital especulativo mundial hai unha empresa canadiana: MEDGOLD RESOURCES que envía un proxecto de investigación que chama PINZÁS GOLD PROJECT na que solicita, durante tres anos, prospectar e tirar mostras no espazo de 275 cadrículas mineiras de 30 hectáreas cada unha, polo tanto solicita a investigación -e futura explotación- ó longo de 82’5 km cadrados nos concellos de Gondomar, Baiona, Oia, O Rosal, Tui e Tomiño.

A delegación da Xunta en Pontevedra convocou e reuniuse cos alcaldes dos cinco concellos afectados para informalos do proxecto.

Ningún dos cinco alcaldes se puxo en contacto cos veciños para explicarlles o proxecto e tomar unha posición, considerando que cada concello ten que emitir un informe de impacto medio-ambiental, como tamén o teñen que emitir a Consellería de Medio Ambiente que é a mesma que a de Industria e tamén o Servizo de Arqueoloxía da Consellería de Cultura.

A ampla zona de posible instalación mineira xa fora prospectada e explotada por outro imperio multinacional; Roma, daquela de xeito menos agresivo pero levando a produción para a metrópole. Esta explotación de hai uns 2000 anos deixounos unha densa rede de xacementos arqueolóxicos sumados a varios campos de mámoas e petróglifos e castros e a achados líticos paleolíticos.

Á riqueza arqueolóxica temos que engadirlle o patrimonio etnográfico da serra (a rede hídrica antrópica, casetas forestais, foxos de lobo, curros, meixóns, …) tanto construído como inmaterial.

É a serra dos cabalos salvaxes de pura raza galega tamén ameazados polo decreto equino e que xuntan nos curros da Valga, Torroña, Mougás e San Cibrán.

A ameaza da minería do ouro súmase ós proxectos de varios parques eólicos, campos de golf, balsa de auga (un millón de metros cadrados), pista de autocross, …

Por moito isto e moito máis non queremos a explotación industrial capitalista e contaminante da Serra da Groba.

5. A LIMIA NON É UNHA MINA!

Na Limia temos o millor Entroido do mundo e producimos as millores patacas, queremos seguilo facendo e que o fagan as seguintes xeracions asi como o fixeron as anteriores.

Por Iso, nos pedimos un plan sectorial, non para axudar a por minas, senon para o desarrollo de agricultura e ganderia , un plan que fomente e axude o desenvolvemento das zonas agricolagandeiras de Galicia , que son o 90%, que son as que prevalecen e deben prevalecer en Galicia e non as actividades que representan o 1%, tamen pedimos que axude as empresas de transformacion dos nosos productos, e con el, sres da Xunta, con el crearemos empleo e aseguraremos o futuro da nosa terra e o dos nosos fillos.

6. A TERRA CHA NON É UNHA MINA!

“Eu son esta terra e esta auga” . Con estas palabras do noso chairego máis universal Manuel María queremos berrar alto é claro: A TERRA CHA NON ESTÁ EN VENDA

O seixo que hai nas nosas leiras permite que, despois das chuvias do inverno, a terra drene e conserve a súa fertilidade.

Rexeitamos as supostas modernidades que promete a empresa de capital noruego e chinés Erimsa. Onde temos prados e terras de labranza propoñen deixar inmensas lagoas de augas mortas, onde temos carballeiras propoñen deixar ermos, onde hai granxas e o medio de vida de centos da familias propoñen uns poucos empregos temporais… Non nos deixamos enganar por cantos de serea. O noso seixo non é a súa mina.
Erimsa pretende ocupar 6.000 hectáreas dos concellos de Cospeito, Castro de Rei, A Pastoriza, Vilalba, Abadín e Riotorto. Para Erimsa 6.000 hectáreas non serán nada. Para nós son unha inmensidade. Son a nosa vida.

A NOSA TERRA NON É A SÚA MINA.
GOBERNE QUEN GOBERNE A TERRA CHA NON SE VENDE

7. A SERRA DO GALIÑEIRO NON É UNHA MINA!

De seguir esta senda de absurdo desenvolvemento económico só lograremos trocar o territorio como lugar de vida e fonte de alimentación, con toda a súa biodiversidade, por enfermidade e miseria para a gran maioría das persoas. Estannos a propor alegremente… traballo… traballo de enterradores… cavando a tumba dos nosos soños, dos nosos fillos, do noso pais e a nosa propia. E os que propoñen e deciden tal negocio son as mesmas elites económicas e políticas que meteron o pais na crise do ladrillo, co mesmo dogma económico, coa mesma irresponsabilidade, cegados neste caso polo cobizoso relumbrar do metal. Pero por moito que se empeñen, por moito que o repitan, a megaminería non é solución a ningún dos problemas actuais que sofre este ou calquera outro pobo.

8. VALEIRA, BURON, BECERREA E BARALLA NON SON UNHA MINA

Desde as Terras altas do Oriente, Valeira, Burón, Becerreá e Baralla, vales do Eu, do Neira, do Návia, defendemos o chao que sustenta as nosas vidas, no que camiñamos, no que cultivamos, no que pasce noso gado, no que medran as nosas fragas, no que se refuxían animais e florescen as urces. Non aceitaremos a barbárie do seu esfolamento, a samesuga de ferro que quer extirpar as entrañas da nosa terra.
Resistiremos! Non pasarán!

9. SANTA COMBA, ZÁS E MAZARICOS NON SON UNHA MEGAMINA

Eliximos o agro e a gandería para vivir deles e a minaría a ceo aberto é totalmente incompatible coas nosas actividades,

Nin as explosións, nin as emisións de po, nin a contaminación da auga e o solo poden ser compatibles coa crianza de animais e o cultivo dos vexetais que alimentan a todos.

Non pode ser compatible coa saúde das persoas.

Queremos que a nosa arsenopirita que acompaña ao ouro permaneza enterrada, afastada de onde poda facer mal, de onde esteamos nós.

O ouro que queren extraer non é para nós, é para eses canadenses.

O que si é valioso para nós é o alimento que inxerimos, que sexa de calidade, que sexa saudable. A capacidade de producirlo xera na comarca miles de postos de traballo directos e indirectos de carácter permanente.

Imos cambiar estes recursos, que fixan poboación e manteñen viva a nosa terra por uns recursos a curto prazo que provocan despoboamento e nos envelenan?

Non queremos cianuro, non queremos arsénico, queremos poder vivir tranquilos sen que veñan a modificar as nosas vidas. Se quixésemos vivir de outro xeito, o decidiríamos nós e non os gobernantes nin os estranxeiros, por iso nós dicimos ben alto: Non

10. TAPIA DE CASARIEGO EN EL OCCIDENTE DE ASTURIAS NO ES UNA MINA.

ORO NO rechaza los proyectos de mega-minería que amenazan nuestros modos de vida, nuestra economía, nuestro medioambiente, y en definitiva, nuestro presente y futuro y el de nuestros hijos. La mega-minería de oro supone la destrucción de todo esto. Queremos seguir viviendo de la pesca, la ganadería y el turismo, a la vez que conservamos nuestro patrimonio natural y paisajístico.

11. TRIACASTELA NON É UNHA MINA

Estamos cansos de ilegalidades e caciquismos, de roubos e mentiras, de que sempre nos traten de parvos. TEMOS DIGNIDADE!

Estamos cansos de que nos dividam e manipulen utilizando o emprego duns poucos como moeda de cambio, e desa ruina que é o pan para hoxe e fame pra mañá. TEMOS FUTURO!

Estamos cansos de que nos quiten as terras e a auga, de que destruan a agricultura e as nosas economías locais, de que destruan o noso patrimonio arqueolóxico e natural. TEMOS ALTERNATIVAS!

Non queremos vivir ao pé dun buraco que medra e medra destruindo o noso medio de vida, o fértil solo agrícola fruto do trabalho dos nosos antepasados, nen os nosos lugares da infancia. Non queremos estar sempre en pé de guerra baixo dunha ameaza constante. Non queremos que destruan as nosas aldeas nen as nosas vidas e nos obriguen a emigrar. QUEREMOS VIVIR AQUI E QUEREMOS VIVIR TRANQUILOS!

Non mais buracos!
Non mais terras e montes comunais roubados!
Non mais camiños e rios cortados!
Non mais explosivos danando as nosas casas!
Non mais expropiacions!
Non mais lucros duns poucos a conta de todos!

Veciños de Cancelo, O Castiñeiro, A Lagua, O Teixo, Vilar e Vilavella, TODOS EN PÉ!
Galegos e persoas de bem de todo o mundo, ERGAMOS E PAREMOS ESTA DESFEITA!

Aqui estamos e aqui berramos hoxe, A NOSA TERRA É NOSA!, O FUTURO É NOSO!

A terra é nosa!
As nosas riquezas que nos queren roubar non cotizarán na bolsa de Toronto, nin servirán aos intereses e fins especulativos das empresas multinacionais.

A todas elas diremos: Galiza non é unha mina, así que fóra de aquí! E por se non nos entenden probaremos con frack off e go home!

Galiza non é unha mina, volvemos dicir hoxe en Compostela ao goberno da Xunta.

A mina ou nós!

Porque non permitiremos que dinamiten o noso territorio.
Non nos deixaremos explotar,
nin que minen a nosa saúde,
nin consentiremos
que os traballos que nos dan de comer
voen polo aire,
nin toleraremos que enterren o futuro das xeracións vindeiras,
nin que desapareza o legado dos nosos ancestros:
o noso patrimonio, que é a nosa memoria.

Galiza non é unha mina!
Que non nos toquen o mercurio,
Nin nos remexan o wolframio,
Nin nos esquilmen o estaño,
Que non acaben co granito,
Nin nos desarmen o xisto.
Que o arsénico, o chumbo e o ouro
descansen en paz,
alá onde están, onde deben estar,
na rocha e baixo terra.

A natureza e a auga son as nosas primeiras fontes de riqueza e sustento. Sen elas non somos nada. Elas serán as primeiras víctimas colaterais desta invasión mineira. En dez, en quince anos, trala contenda, Galicia será só un campo minado, unha sombra do que foi, unha triste paisaxe devastada.

A natureza e a auga son hoxe a nosa máis grande canteira, o noso máis prezado tesouro, un tesouro colectivo, de todos nós, que vimos aproveitando desde tempos inmemoriais e que agora pretenden destruír para sempre.

Xentes de ouro de lei
aquí reunidas,
dignidades aquilatadas,
que nos estades escoitando,
habitantes das terras raras,
herdanza de Breogán:
defendede a terra,

defendede a vida,

Galiza non é unha mina!

Grazas!


Comunicado difundido en ContraMINAción






Corcoesto: vella mina de ouro abandonada onde aínda parece que queda algo de po de ouro.





















está situada neste enclave xeográfico de Bergantiños

Unha bomba de reloxería ambiental
Non é só Corcoesto








28/05/13

OS SICÓPATAS NEGOCIAN CON ARSÉNICO








Un só gramo de arsénico pode matar varias persoas
e para extraeren o ouro da terra
necesitan usar toneladas dese veleno.

O inimigo está aquí,
goberna cos nosos votos e coa nosa compracencia,
destrúe o noso territorio,
e dános de comer ostias contaminadas e contaminantes.

Usan o noso patrimonio en pedra
como postes para os seus anuncios noxentos,
os nosos montes
para zonas de adestramento de cans de caza
e como vertedoiros descontrolados.

Mentres
a radio e a tv autonómicas
fan publicidade dos velenos químicos
como algo positivo
para a terra e a xente,
recomendan aos pequenos propietarios
que confíen en ENCE
como comprador seguro
da madeira de eucalipto,
vivo ou asado, tanto ten
falan de capital humano,
mercantilizan todo,
e diríxense aos espectadores e oíntes
como se fosen idiotas
no medio dun bombardeo publicitario
imbecilizante, imbecilizador e paralizante

As nosas AUTORIDADES AUTONÓMICAS sofren de catatonia aguda,
de vampirismo abrouxante,
de baba perpetua
de cobiza asfixiante.

Señores, este é o vello reino dos MOINANTES.



Estanse recollendo asinas en contra da explotación mineira contaminante en change.org










27/12/12

I LOVE IT!





A fotografía é de Esther Ferrer
foi topada na rede con adicatoria da autora
o texto está aínda quente en sicocartografías
firma: comité expropiador







A gran trampa

Aquí acouga a democracia representativa
candonga de furor hipotecario,
comadre vaxinal da burguesía,
musa da liberdade de comercio,
cubil da mesocracia,
tarántula dos pobres,
pano hixiénico dos pillos,
alcaiota dos crimes xurispertos,
celestina dos rábulas,
encubridora da mentira,
esfolalombos dos traballadores,
dama fedorenta da beneficencia.

Señora Democracia, puta fina,
que por primeira vez na súa vida
fica deitada coas pernas xuntas

CELSO EMILIO FERREIRO: Cemiterio privado, 1973






26/12/12

ALLEN GINSBERG: Nazi capisce




NAZI CAPISCE                                                                      

Catolicismo capisce
Catolicismo capisce
Catolicismo aborto capisce
Capisce capisce capisce


Cristiano capisce
Cristiano capisce
Pecado cristiano capisce


Islámico capisce
Islámico capisce
Islámica jihad capisce
                                                                                                        Sionista capisce
Sionista capisce
Sionista nacionalista capisce

Fundamentalismo capisce
Fundamentalismo capisce
Fundamentalismo absolutismo
Fundamentalismo capisce

Centroeuropea aria ra
Foráneo xaponés e coreano e mariñeiriño inglés
e africano e chinesiño capisce

Nazi capisce
Nazi capisce
Nazi capisce capisce                                                          
                                                                                       
Bolche capisce
Bolche capisce
Bolche capisce capisce

Capitalista capisce
Capitalista capisce
Capitalista capisce capisce
                                                                                                         
Fascistas capisce
Fascistas capisce
Fascistas caca capisce

21 de setembro do 1995

ALLEN GINSBERG: Morte e fama, 1999






24/12/12

DESCOCACOLONIZACIÓNS








CRÓNICA DA COCA-COLA

Esta é a historia da coca-cola,
que vosté debe ler con parsimonia
se quere incrementar a súa experiencia
no amor ás institucións serias
do benestar e a abundancia, xa que
non só de lirismo vive o home.

A estatua acromegálica que lle din
da Liberdade, mexou un día 
nas augas podres do Hudson.
Milagre tecnolóxico dixeron
ao ver aquel xarope fedorento,
e un boticario listo de Georgia,
chamado John Pemberton,
experto fabricante de mexunxes,
ideou unha hipótese perfecta:
facer daquela zupia minxitoria
o American Way of Drink respaldado
por unha paternal lei seca puritana.

Despois veu un tal Candler,
home de presa,
fervoroso cristián (da secta cuáquera),
que guiou os andares da empresa
pola próspera xeira do progreso
deica un Día Nacional de Gracias
no que foi relevado por un ruso
(branco, naturalmente)
chamado Vladimir, home disposto
a cocadrogar o mundo a toda custa.

A coca-cola ten a súa grandeza
que se pode medir en estatísticas
ao xeito preferido polos gringos:
se todas as botellas fabricadas
as poñemos deitadas en ringleira,
darían a volta ao mundo tres mil veces
como unha enorme serpe constictora
que tivese cabeza de gorila.
Se todas as botellas fabricadas
fosen equitativamente repartidas
tocariamos a doce mil per cápita.
Outros tantos- cecais un pouco menos-
son tamén os letais megatóns
que a cada ser humano ten de tocarlle
cando a bomba, bon, abra a súa porta.



Se todas as botellas se fundisen
nunha soamente, sería xigantesca,
tería seis quilómetros de altura
e seis de base; por dentro caberían
o Potomac, a CIA e o Pentágono,
pero non o napalm, nin a carne queimada
de tanta guerra sucia repartida.

O American Way of Drink foi exportado
a quinientos países soberanos
en cen millóns de botellas cada día
que implican cen millóns de mensaxes
do sistema de vida que USA usa,
porque a coca-cola representa,
ademais dunha beberaxe, un belo símbolo
da existencia mediocre e domingueira
do ianki conformista,
do home neutro, tipicamente parvo.

Calder dicía moi solemenemente
cando vostedes non vexan un anuncio
de coca-cola é porque foron
máis alá dos límites discretos
do mundo occidental e do cristián.
Segundo din os fieles noticieiros
nada alporiza tanto aos combatentes
fillos do tío Sam, como uns grolos 
do escuro xarope ben xeado.
A bebida nacional de Norteamérica
fixo herois e rudos loitadores,
non soamente no Oeste e contra o indio,
senón tamén no vasto imperio
e contra todo becho que se mova.

O berro de have a koke foi contraseña
ao asaltar a abadía de Montecasino.
Have a koke, have a koke, repiten hoxe
os mozos educados en West Point
aos aviadores que voan sobre Hanoi.




Lembremos. Cando desembarcou en Normandía,
Eisenhower dispuxo que instalaran
unha fábrica de doce coca-cola
que produciu milleiros de botellas
e decidiu a guerra contra o nazi
matador de xudeus non vietnamitas.
Após aquela data gloriosa
a cocacolonización do mundo
está a punto de consumarse.
E agora penso eu, Richard querido,
- pensamos ti e máis eu-
que o cocacolonizador
que o cocacolonizou
bo cocacolonizador ten sido.

CELSO EMILIO FERREIRO: Antipoemas, 1972








29/09/12

A ciencia do pánico






Canta xente  morreu asasinada polo invento do SIDA?
Que volume de negocio se xerou exactamente cos test e os fármacos asasinos?
Como é posible que unha proba supostamente científica estea suxeita a variacións dependendo do país en que a fagas?
Non sería esta unha das armas químicas que buscaban Bush e Aznar? Tíñanas diante dos fuciños!
Pódense emprender accións legais a nivel internacional contra as industrias farmacéuticas que lanzaron o veleno e os test para xustificar a súa distribución a prezos desorbitantes?
Por que nos cárceres en España morreron tantos presos de VIH se non hai contaxio nin virus?  Foron automaticamente medicados con doses letais e gratuítas de veleno.?
Canto investiu a Seguridade Social en matarnos?
Cantas veces máis conseguirán inocularnos doses letais de medo?


Este magnífico documental non pode dar resposta a todas estas preguntas pero si pode abrirche os ollos sobre a gran montaxe dun virus que nunca se localizou, dun contaxio que nunca se demostrou e da morte segura administrada en doses escandalosas.

VIDEO E INFORMACIÓN SOBRE AS PERSOAS QUE COLABORARON PARA DESMANTELAR O PASTEL


03/06/12

ESPERTA, TODO é MENTIRA




Trac final do documental Esperta, todo é mentira ou como cada quen debería empezar xa a construír a realidade que máis lle conveña para realizarse a medida dos seus máis íntimos desexos en vez de consumir cápsulas de realidade de deseño quase industrial. Unha boa pílula con propiedades estimulantes para o cerebro e o corazón. Non se detectan efectos secundarios indesexables .

A música é de Tool, do album The Holy Gift, topeino de purísima casualidade, un pracer.

22/05/12

VENCEREMOS NÓS | a represión ao metal e o proceso a Antolín Alcántara




A INDIGNACIÓN NON É PATRIMONIO DE NINGUÉN E ACAMPAN OS QUE PODEN

Parece que de europeos non temos máis que a policía en común. 
Pregúntome se o uniforme policial antidisturbios non sería deseñado nos despachos de Bruxelas ou de Alemania, visten igual en Atenas que en Vigo que en París, semella que deron co deseño universal para a represión.
 E que os indignados baben por aí non sei que mamonadas sobre os sindicatos que convocan manifestacións coincidindo coas convocatorias anónimas do 15M para rebentarllas.....dá noxo.
Como se a indignación non fose patrimonio de todos, como se todos tivesemos que levar máscaras a collóns!
Fronte as vosas mascariñas de bonecos virtuais aí tendes homes con cara e nomes e apelidos enfrontando a policía e o aparello xudicial e o que faga falta contra a falta de xestión e incompetencia das pantasmas.

21/05/12

Lixo atómico













  • COLECTIVIZACIÓN DA MORTE EN MASA a moi pero que moi longo prazo. Negociazo para a industria funeraria, o que non sabemos é quen vai contar as ganancias nin en que condicións o fará, nin para que carallo as quere.
  • CLONACIÓN POR XERACIÓN ESPONTÁNEA DO SILENCIO MORDAZA entre os sobrevivintes que naufragarán nun mar de dúbidas sobre este ou calquera outro tema. Sospeita xeralizada de que aquí non safa nin a caridade.
  • CULTIVO INTENSIVO DA IGNORANCIA PROGRAMADA en plans de estudos que nada teñan que ver con e alenten a ilusión de que un sempre pode colocarse entre os mellores ou mentalización progresiva de que o mellor é deixarse ir na avalancha do pelotón dos torpes onde nada do que sucede ten absolutamente que ver comigo
  • NEGALO TODO, OBVIALO Política intensiva de feitos consumados.
  • HIPOTECADO O FUTURO POR DIRIXENTES SEN CARA, plan de deshaucio:
  1. auga imbebible a prezo de ouro. 
  2. terra estéril, de comida metacrilato liofilizado. de postre un parrafeo en facebuk e de merenda un tuiteo. nada de libros
  3. chuvia ácida intermitente. misteriosa desaparición dos paraugas da vida pública. calquera paraugada privada será considerada ilegal
  4. petrificación da masa visguenta dos caracois para a súa posterior museización e visionado en 3D
  5. reconversión dos peixes híbridos resultantes das mutacións sen control en escamas fosforescentes con sabor a aletas de neopreno para fariña comprimida en cómodas cápsulas de penso para o gando e para todos aqueles que insistan en facer o ganso ración única de paté de fígado de bacallau deprimido
  6. neve cálida e sobre todo calada
  7. programación minuciosa das vacacións dos que se coidan privilexiados en doses controladas de satisfacción. material base para a reprogramación
  • REPRESIÓN DE CALQUERA TIPO DE PROTESTA CON OSTIAS DE GOMA CONSAGRADA
  • PROHIBICIÓN TERMINANTE DE CALQUERA TIPO DE SENTIMENTO DE FELICIDADE que non estea regulada pola farmacia con presentación de receita previo pus mental con evidencias tanxibles
  • AGOCHAMENTO DE TODO RESULTADO QUE DEA NEGATIVO en calquera tipo de estudo ou investigación
  • ENTERRAMENTOS CON PROCEDEMENTOS ALTAMENTE TECNOLÓXICOS E SOFISTICADOS NO NÚCLEO TERRÁQUEO. MIRAR A VER QUE PASA. Os que veñan detrás que se safen.
  • CONCLUSIÓNS CATEGÓRICAS E CONCLUÍNTES: SE NON PODEMOS VERQUER OS BIDÓNS AO MAR, SUPRIMAMOS OS BIDÓNS. En Bretaña estanse verquendo resíduos nucleares directamente ao mar por medio de tuberías chulísimas e NON PASA NADA! Se total alí a auga está moi fría e non se baña ninguén! E os peixes? Nada! nin se enteiran!
  • PAUSA PUBLICITARIA: " Búscanse patios de luces abandonados para a construción de minicemiterios nucleares. As comunidades de veciños sairán economicamente moi beneficiadas, moito máis que coas aparatosas instalacións de antenas para telefonía móbil. Teñan sempre presente que isto só é un enterramento, que non se ve nada e ademáis consideren o gratificante que debe ser durmir ao quentiño enriba dun polvorín"
  • POIS ALA! XA QUEDAN INFORMADOS. QUE NON SE DIGA QUE NESTE MUNDO ANDAMOS CON CHIQUITAS Á HORA DE FACER CIRCULAR A INFORMACIÓN. 

Para máis información, en vez de perder o tempo mirando para o tv, bótelle unha ollada a algún vídeo sobre o tema se é que aínda non decidiu apagar dunha vez por todas o bendito ordeñador


                                         








15/02/12

O orador






EXPAÑA CANIL

todo vai ficando atrás
vivir sen tempo
morrer en vida
almas sen corpo
corpos sen alma
pura tecnoloxía para a revenda
poesía pis
poesía pus
excrementos do nada
que todo o absorve e asimila
sen obxectivo ningún
alén dos dividendos
que xera o negocio
patetismo do neant
negación contra o non
gaña o neón
peóns xogando á ruleta rusa
unha partida
estética de pituferio
deusas de charón
taconeos nun plafón podre
serraduras en dispersión
imperio das peras pecuniarias
cemiterio do sentido sometido
asembleas propicias para a traición
paredón dos decimais
que non suman nada significativo
alén das contas bancarias

era isto a ciberrevolution?
miquimaus é un pornócrata
e este un pixama a raias
disfrute tranquilo, amigo
da súa cota pactada de campo de concentración
ninguén tentará salvalo
isto non é un programa do televisor
cheo de grans de desespero
o falso optimismo dos falos
non é denso abondo para tapar a infección

quero que conste en acta
que calquera lugar é viable
pero este non
apesta a autogratificación
pola cara bonita
de ser da capital do imperio da merda
trazada a cartabón

absoluta falta de imaxinación
maniqueísmo de bobos
rimadeiros patéticos
ou
carencia total de rimas estilo sifón
mellor a auga corrente
de calquera fonte
que esta etílica programación

a ciberliteratura apesta
a telón de metacrilato
de ratas nos túneles da abominación

desenchufo o teclado
non hai nada que os meus dedos poidan engadir
a esta deflagración de porrompompóns

06/12/11

DÍA DA QUE?

A  HERDANZAMÁSCARA DO VELLO FASCISMO

a túa cidade, toda cidade,
é a expresión
dun vello xesto autoritario
machista, xenófobo e fascista
sobre os límites difusos
do meu terriotorio.
As súas famosas oportunidades
non son máis que espellismos
para a mentalización e condicionamento de escravos
naturalmente voluntarios
porque gozades da vosa condición de urbanícolas
como ananos

todo para a cidade
A TERRA: agricultura intensiva para alimentar as fábricas de carne e os inxenuos vexetarianos
A AUGA: ríos disecados, ríos estrangulados, ríos distorsionados
O MAR: depredación a gran escala para abastecer a industria do conxelado. Depósito xeral de detritus urbanos.
O AR: hipotecado ás emanacións descontroladas e aos cables de alata tensión do espanto
O LUME: antes sagrado, hoxe está extinguido baixo a bota fascista da electricidade
AS ÁRBORES: pasta celulosa para imprimir a gran enciclopedia das mentiras contra a humanidade

as hortiñas urbanas
son moi monas
e están moi ben
para plantar maría camuflada
e para morrer de fame

ah! pero hoxe é o día da constitución! saín de tema. Hai que foderse!


a vaquiña polo que vale



30/11/11

TREBOADA SEN PANTALÓNS

lenda sobre o fascismo e as bonecas inchables






Señores,  consumidores varóns,
PROMÍSCUOS BARÓNS 
de monóculo mental bipolar,
queremos ofertarlles unha gran promoción:
A BONECA INCHABLE!
rechea de aire, toda ela son vantaxes:
  • non deixan pelos
  • están sempre caladas
  • a cabeza lévana de floreiro e nela é incapaz de agromar nin unha soa flor
  • veñen limpas de celos ou de calquera outro sentimento de Poseidón
  • pódense socializar e facer delas un uso comunal
  • adoran ir ao hipermercado en coiro vivo e con tacóns
  • se vostede é fetichista, hainas con bragas amarelas incorporadas
  • nunca aparecen de repente
  • un sempre sabe o que fan sen necesidade de telefoneos
  • se se coidan, duran para sempre ( recomendamos as de plástico-látex hiperelástico)
  • nunca fallan
  • son un investimento para toda a vida
  • constitúen a máis tenra herdanza que vostede poderá deixar..... a un sobriño, por exemplo.

Se vostede ten crédito abondo, poderá adquirir en cómodos prazos un paquete especial con media dúcea e formar un humilde harem doméstico, unha para cada día da semana, e o Domingo a descansar de tanta felicidade adquirida practicamente pola cara bonita.

Considere seriamente a nosa oferta
e, se atopa algo mellor, 
devolverémoslle os cartos
ou un cheque regalo
que poderá vostede intercambiar
por calquera outro produto
do noso SEX-SHOK.




27/11/11

CASTELAO caricaturista

A farsa democrática







O orador político





Este é o mundo que fixo Deus