09/11/10

rede de soños 1

soño 1

sentimos vir un tornado, un furacán, unha gran turbulencia en forma de funil de aros concéntricos e negros parafusándose
apoiamos as mans nos cristiais da vidreira dun rañaceos preguntándonos que vai ser de nós
pasa de largo
ollámonos suspensos no punto dun signo de interrogación aberto


soño 2

Moitos compañeiros estamos comendo e bebendo nun furancho
saímos cando acabamos
ti, quen?, atravesas a estrada berrando:
non me sigas!


soño 3 titulado OS CINCO SENTIDOS

entro no meu cuarto-alboio de traballo
milagrosamente a mesa está vacía, é redonda e ten cadeiras ao redor.

Entran catro homes e sentan
un deles di que non fai falta presentacións
outro secunda: claro que non

Sentamos

Observo o 1º home mentres engade algo ao seu comentario
Cando sente que o estou observando pousa os ollos en min
eu desvíoos sabendo que me está ollando
póusoos no home que teño e  fronte,
este á súa vez desvía a ollada cara o 3º
cando se decata que o observo
o 3º home mira para o cuarto ao decatarse, etc
e así indefinidamente...........

DESENLACE

nun momento do país de non se sabe cando
conseguimos ollármonos simultaneamente os cinco
desencadeando unha percepción multisensorial

ou

soa o espertador do tempo
esperto, que remedio!
pregúntome que sucedería de seguir soñando
intúo as cinco olladas confluíndo simultaneamente
nun lugar sen espazo