07/02/11

NUBEMENTAL.........FUGA



Nubemental………fuga

Unha gran nube mental entroume hoxe na casa
Xúroche que non sei como foi
Unha densa poeira mental entrou e invadiu a miña casa e cando a respirei…buf, que colocón!.....chegoume ata a alma


Falei suplicante coa aspiradora
Díxome que non, que ela non estaba deseñada para aspirar esa porcallada
A moi cabuxa díxome que falase coa vasoira!


Entón decidín falar directamente coa miña mente
Pregunteille se tiña algún dispositivo intelectual
Para proceder a unha autoaspiración
A mente estaba colapsada
Non podía aspirar a nada
Non me dixo si nin non
Nin se lle parecía unha medida urxente
Non en van o que chegara ata ela era unha nube mental




Entón deitei na miña cama
A nube mental perseguíame
Ao tempo que todo o inundaba
Inútil pechar a porta
Inútil abrir fiestras e persianas
A nube non era de moscas
Viñera para quedar mentres non houber algo que a puidese aspirar…..

Daquela, como actuar?

Decidín, iluminada, empezar a amasala
Facer dela unha bóla compacta
Unha bóla con forma de bala
Para poder moldeala nas mans
Moi a modiño, moi de vagar

Para que a quixen transformar?
Para guindala con forza…para arrebolala…
Contra o cristal da ventá
Da torre onde agardan
Rabaños de bicos cautivos de nós
A liscar en desbandada.



8 comentarios:

paredra de orola dixo...

o atentado foi consumado...o cristal da ventá escachou...por ela nada saiu...entrei gabeando como puiden polos muros da alta torre...dentro achei un cemiterio de bolboretas interactivas...aínda en fase de crisálida...disecadas.

sara ares dixo...

é o que teñen as nubes mentais, en seguida afogan ou quedan en seco. Pura inestabilidade.

Lucas elkoalapuesto dixo...

bonita sonoridade tiene el galego y más aún los poemas

gracias por ellos

abrazo

Khuai dixo...

Esta música se despliega como desbandada de pájaros que llena el cielo.

angola dixo...

Benvido ao Rosanegra, Koala. Galiza é unha nación poética e o idioma é o seu máis valioso estandARTE. Se che gusta como "soa" escrito, non che digo nada cando se canta oralmente. Un saúdo galego para todos os que tomades o traballo de entendelo e disfrutalo.

angola dixo...

Ola, Khuai-i-Eszmaill. Alégrame que pillases ao voo esa desbandada. Non deixa de asombrarme que entendas tan ben o que digo sen case dicilo, e ademais dunha maneira que por forza che ten que resultar estraña.
Agradecida.

JAUS dixo...

nube mental, y tal.

Anónimo dixo...

nube metal