17/02/11

PORNO GALAICO? NON, GRAZAS!


 A idea dun porno audiovisual galaico paréceme fuleira, cutre e lesiva para un idioma que xa está glorificado de pornografía nas vellas cantigas de escarnio e maldicir medievais. Por que? Porque o porno audiovisual é mera mercadoría, carnaza para o imperio.

Tamén me parece demencial que haxa quen utilice o noso feito diferencial idiomático para dar resonancia a un evento infracultural deste calibre. Dicides que a súa distribución vai ser gratuíta na rede. E quen vai financiar semellante negocio e para que? Non me digades que tendes un mecenas!

E non vos parece aldraxante que coa ignorancia que hai sobre o noso idioma fóra e dentro de Galiza se oferten produtos con este perfil? E non vos dá noxo que nas radios estatais vendan o produto como a 1ªpelícula en galego? Nun país gobernado polo señor Feijoo, que asegura nunha radio pública de Madrid descoñecer o significado da palabra ferrete? Supoño que pediriades subvencións da Xunta, no me estrañaría que volas desen. O proxecto cadra moi ben coa política de acoso e derribo dos "normalizadores": Galiza putona fala galego  mesmo cando está en trance e ten a boca trancada. As cantigas medievais son literatura castellana. O reino de Galiza nunca existiu. Os galegos temos o que merecemos, etc.etc.etc.


Por se aínda non o pillastes: NON AO PORNO GALAICO!….NON Á PORNOGRAFÍA EN CALQUERA IDIOMA!

PROPOSTA PARA NON TER EN CONTA: Facede un manual de tauromaquia en galego,CREO QUE NON HAI, o resultado será igual de noxento.

PROPOSTA EN POSITIVO: usade o orzamento en montar escolas libres de ensinanza do galego fóra de Galiza para que o resto da Hespaña aprenda a comunicarse con nós. Nós co resto de Hespaña xa sabemos, a puro huevo.


COPLIÑA A PROPÓSITO

Se ti viras o que eu vin
o outro día no convento!
Santa Clítore berrando
facédeme un monumento!

Saúde, que Terra non teño para ofertarvos.