08/12/10

Eternos e salvaxes

son rebelde
danme noxo
os conformistas
os tendeiros do tedio
que viven coma sapos
C.E.FERREIRO



ETERNOS SALVAXES

continuación dun texto empezado
por outro 
non se sabe cando
nin onde
pero si por que

"Os inversores
contan os cartiños
con medo
e xogan ás damas
a tempo real
e nunca imaxinado

Os salvaxes
xogamos ao desexo
de sermos felices
porriba
das súas perdas
ou ganancias

É o noso momento
o de facérmonos oír
escoitar
e predicir
o próximo movemento
que está por vir

Benvido sexa...

"O capitalismo morreu
e das súas cinzas florecerán sorrisos"
Eterno in poesiasalvaje.org

1

este é o momento
esta a hora
sincronicemos os reloxos avariados do noso corazón
algo está a suceder
sin que ninguén poida evitalo
nin facer nada para impedir que suceda
o que xa é, está sendo
coa vantaxe incalculable
de que non é no tempo real
dos usureiros
senón no tempo imaxinario
da poesía

2

actuando en diferido...
como se pode reprimir
o discontínuo...con ilimitada continuidade?
con máis continuidade aínda
da que sería posible en tempo real?

3

que pasada!
o pasado e o presente
conxugados simultáneos
nun futuro irreprimible!

4

temos unha gran granada
estoupando a cámara lenta
e por sectores
no xesto
multitudinario
cosmopolita
e políglota

5

isto non o conseguen
nin cen anos de soidade
nin cen anos de propaganda e televisor

6

activémola

7

dende esta coordenada espazo-temporal
que erradamente coido ser eu
saúdo amorosa e rabiosamente
as novas xeracións
de poetas salvaxes da Terra
que é a única palabra da linguaxe
que ten rango maiúsculo
saúdos vibratorios
aos cachorros
da maltreita nova poesía interplanetaria
que nace do agobio e da dor
para transformarse en alegría
comunicada ao máis alto nivel


Agora, que a gran máquina encripte 

todo como queira

a linguaxe xace calcinada aos nosos pés

faremos dela unha égua salvaxe

a rinchar nos montes devastados 

dos nosos ósos

alentados pola obra común

de desmantelar con

arriscadas e lúbricas manobras

o ESTADO DO ODIO

e a sociedade que o supura.

9


"O capitalismo morreu
e das súas cinzas florecerán sorrisos"

Florecerán sorrisos
e moitas outras
flores bravas,
plantas exóticas e
bagas salvaxes
tamén


vitaminas activistas contra o victimismo dominante


http://listen.grooveshark.com/s/Your_Picture/2oGjCZ




http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/10/haicu-3.html