moitos nenos invaden un vello edificio modernista co pretexto de asistir a un evento cultural
desparrámanse por todos os pisos
empeza a desfeita
caen persianas de madeira dourada
caen cortinóns
escunchan as ricas pinturas das paredes
arríncanse táboas
entre os adultos que contemplan impasibles o espectáculo
só un empeza a levar as mans á cabeza a cámara lenta
soño2
alguén (eu?) sobe por un vello camiño comesto polas herbas
topa un regato cheo de peixes mortos frixíndose na auga
alguén(eu?) pensa: tirounos o que anda a verder o peixe polas aldeas na furgoneta, preferiu tiralos a dalos
chego a unha casoupa
unha vella faime liscar
o camiño agora recoñézoo: é Gondesende.
soño3
chego a casa
hai montada unha festa
péchanme a porta
bérrolles que están poñendo todo perdido
calma chicha |
soño 4
vexo unha cova
profunda, gris-verde, húmida
estou dentro
cheira a friura
todo reve, as paredes irregulares
o chan está cheo de pozas zumegantes
delas saen centos de alimañas, de lesmas, de lagartos grises que reptan
unha ave de rapina atravesa voando o espacio cóncavo, accedo ao seu pensamento:
CANTA COMIDA!!!
4 comentarios:
lin recentemente que sen as diferentes substancia sicotrópicas que existen non terían nacido moitas das grandes obras de arte que hai: por exemplo o inconmensurable legado de Gaudí parece estar asociado ao consumo de setas alucinóxenas. E os soños, cantas obras de arte recoñecidas como tales están baseadas en soños? Hai que abrir en breves unha pequena investigación.
http://avelinalesper.blogspot.com/2009/05/el-lenguaje-de-los-suenos-en-el-arte.html
http://insolitosjp.blogspot.com/2010/11/ezequiel-perez-plasencia_28.html
Esa ave desestimou profundamente anoxada devorar animais do inframundo, saiu pitando da cova ansiosa do cava exquisito do aire libre das alturas. Díxomo a soñante antes de desenrolarse para iniciar a súa aventura indíxena sen cartas mariñas.
Publicar un comentario