07/01/11

SOÑO - FLASH





VISIÓN TRATANDO DE EVOLUÍR EN MOVEMENTO CONTÍNUO


Hai unha serie de imaxes sen marco nin fondo-----dispersas-----movéndose aleatoriamente: unha árbore, un elefante, un neno, un pavo real apagado, unha pedra, outra árbore, un mestre de escola, un babeiro, roupa secando ao vento----- dispersas.
Pouco a pouco vanse aliñando en forma de funil oblícuo, á maneira dun feixe de luz ao revés, da amplitude á estreitura-----do funil sae a imaxe debuxada dunha muller que respira, enche o peito e exhala-----intermitente.


Todo o conxunto é unha tira cómica con movemento programado-----repetíndose.


Alguén, un home,  aparece cunha maleta chea de roupa.  Está gastada pero limpa e ben encartada. Da maleta o home extrae unha camisola moi usada. Ofrécella  á muller. Ela pregúntase mentalmente a ralentí: que quererá este home que faga eu con esta camisola? El le o seu pensamento e dille: gárdama.

       de volta do meu funeral

Ningún comentario: