Amosando publicacións coa etiqueta curtametraxes b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curtametraxes b>. Amosar todas as publicacións
11/02/13
Maria Casares, unha galega en París
TEXTO DE PAUL ÉLUARD NA VOZ DE MARÍA CASARES
Caras amigas no lume
Caras amigas no frío
Oprimidas, aldraxadas,
abatidas, agochadas na escuridade.
Caras amigas fronte ao nada.
Pobres caras sacrificadas.
A súa morte será unha advertencia para todos.
A morte, un corazón derrotado.
Fixéronvos pagar o pan
coa vosa vida.
Fixéronvos pagar o céo,
a terra, a auga e o soño
coa vida.
Fixéronvos pagar pola miseria.
Xentís actores,
tan tristes e tan doces.
Actores nun drama perpetuo.
Vós non pensarades na morte.
O medo e a coraxe de vivir e morrer.
A morte, tan difícil e tan fácil.
As mulleres e os nenos
teñen o mesmo tesouro nos ollos
os homes deféndeno
como poden.
A xente de Guernica
é xentiña corrente.
Lémolo no xornal,
ante unha taza de café;
nalgures, en Europa,
un exército de asasinos marcha
contra a humanidade.
Nalgures, en Europa...
alén da fronteira.
As balas impactan no morto,
as balas andan entre os nenos
mellor ca o vento.
As mulleres e os nenos
teñen as mesmas rosas vermellas
nos ollos
cadaquén amosa o seu sangue.
Que estraño pensar
que tivemos medo do lóstrego,
medo do trono.
Que inxenuos eramos.
O trono é un anxo,
e o raio as súas ás.
Nunca baixamos a un refuxio,
por medo a plantarlle cara
ao horror da natureza.
Ataviados de cascos e botas
homes correctos e guapos
aviadores guindando as súas bombas
con sumo coidado.
Abaixo, en terra, o caos.
Sangue nos homes.
Sangue na besta.
Unha colleita tan repugnante
e noxenta que se comparamos
os carniceiros resultan puros e limpos.
Tenta controlar a besta
sentindo a morte inminente.
Tenta explicarlle a unha nai
a morte do fillo.
Tenta atopar consolo
na destrución.
Os refugallos da noite, da guerra,
irmá da miseria e filla da morte,
repugnante, espantosa.
Monumentos da desfeita.
Fermosas ruínas.
Minas e campos.
Irmáns, estades aí
transformados en prea
e cos ósos rotos.
A terra vira na súa órbita.
Vós podrecendo sós.
A morte interrompe
o benestar do tempo.
Agora déixante para os vérmes
e os corvos
cando eras a nosa maior esperanza.
Baixo a árbore morta de Guernica,
sobre as ruínas de Guernica,
baixo o céo puro de Guernica,
un home viviu cun año
que beaba nos seus brazos
e unha pomba no seu corazón.
Canta para todos os homes
o canto puro da rebelión e di
na opresión: un home está cantando.
As avespas foxen de présa
coa súa dor
cara o horizonte roto.
As abellas desta canción
fan o seu mel
no corazón do home.
Guernica, a inocencia
sobrevivirá ao crime,
Guernica
Guernica de Alain Resnais e Robert Hessens é unha proposta audiovisual que fusiona maxistralmente o cinema de autor, a poesía de Paul Éluard e a obra plástica de Picasso. Pero hai aínda outro ingrediente que resulta unha grata sorpresa : o poema de Eluard está recitado e dramatizado na voz de María Casares.
Natural de A Coruña, María Casares, foi quen de destacar como actriz dramática na escena francesa. Conseguiu traballar na representación de clásicos ingleses, franceses e gregos. Foi compañeira sentimental de Albert Camus e nalgures lin que foi considerada musa do existencialismo parisino.
Non sei que dicir, sempre coidei que a proxección internacional da muller galaica era La Bella Otero, pero non. Aquí están María Casares e Maruxa Mallo, poñendo o listón moi alto e non precisamente pola súa beleza física espectacular, senón pola súa intelixencia e sensibilidade.
07/01/13
03/10/12
18/03/12
03/03/12
Ons, a forza do mar
Staffan Mörling, o sueco de Beluso que dignificou os barcos dos pobres
NON NACÍN AQUÍ
a min atrapoume esa chaira que está detrás das ondas,
a que florece escura cando chegan as choivas,
a que no deixa un só día de ruxir
e abala inmemorial como un palpebrexo.
Eu non nacín aquí pero o mar fíxome seu:
eu non o amaba ao chegar pero agora ámoo,
ten o nome dos meus fillos que naceron onte
ten a forma das miñas mans que debuxaron a casa,
o amor e a súa sombra, a conciencia e o páramo.
A súa historia no é a miña historia nin aquí xacen os meus mortos,
a súa lingua érame estraña ata que empecei a pronunciala,
este foi o meu lugar cando aprendín a renderme.
Aquí cúmprese a sentencia que na auga está escrita:
somos sempre os primeiros á beira do mar,
en mans das ondas que non escoitan máis que o su propio latexo.
Rafael Felipe Oteriño, La Plata, Argentina, 1945
in Faro Vacío
19/06/11
16/06/11
07/06/11
A Rapa das Bestas (1/2)
enlace para ESPANTADOS
SINAIS DE IDENTIDADE
vendo sen ver
pois estou na cociña...creo que en estado consciente...e póñome a mirar pola ventá...está soando unha canción en italiano que sei de memoria...tarareo mentalmente mentres observo distraida a paisaxe ao lonxe...de pronto, sen previo aviso...os ollos empezan a chorar eles sós...non teño a impresión de estar emocionada por ... máis ben, sorprendida dese pranto a cámara lenta e sen motivo aparente ningún... a canción non é para tanto... entón, que pasa?.....fíxo a miña atención nun sector da paisaxe que teño xusto en fronte, na baixada que comunica o Praixal coa estrada nacional paralela á autoestrada...falta algo...falta unha inmensa árbore, alta como un edificio de varios pisos e que dende a miña ventá ten o tamaño dunha falanxe, esa que reventaba en flor en abril e se erixía en micro e macro espectáculo cíclico... cortárona! ... onte aínda estaba... o prado cobra un aspecto tétrico... os ollos xestionaron o impacto visual antes que o cerebro?.....pregunto... a sensación de impotencia é infinita,,,,,marcho da cociña desconcertada,,,,,paro a música,,,,,vou ao sitio,,,,,necesito ir e deixar alí o meu asombro.....nunca souben se volvín.
POSDATA: "Unha árbore morreu e marchou con ela parte da miña vida" a arboriña protagonista desta entrada non morreu, matárona. Isto sucedeu hai catro ou cinco anos, no sitio non medrou máis nada que a herba pertinaz neste país arboricida, territorio colonizado de eucaliptos sen koalas.
Esta primavera tamén puiden constatar a tala de dous carballos centenarios en Carnota, lugar non precisamente pródigo en vellas carballeiras, o baleiro que deixaron é indescriptible e a sensación de orfandade daría para berrar moi alto.
Se as vellas crenzas celtas teñen algo de verdade, os arboricidas atraen a desgraza para si e para a súa xente cando teñen o atrevemento de tirar abaixo algunhas especies de árbores. Unha delas é o espiñeiro, considerada a árbore dos namorados, e por tanto, a representación do amor; outra é o castiñeiro, que proveía cos seus froitos ao clan de hidratos de carbono para o inverno ( os celtas facían pan de fariña de castañas e de landras dos carballos); e outra, sen dúbida ningunha é o carballo considerado a árbore emblemática do mundo celta en toda a cornixa atlántica europea. O carballo asociábase ao deus do raio, Xúpiter latino, Zeus grego, pois as súas raíces son as que van máis profundas na terra en todo o reino vexetal. Esta anclaxe firme fai de toma de terra cando hai descargas eléctricas nas tormentas e convérteos en auténticos pararraios naturais, de maneira que era frecuente e case obrigado ter a aldea protexida por un exemplar vetusto e ben plantado.
Como resultado da miña indignación e como teño tendencia natural a identificarme con todo o que está vivo, reclamo de maneira urxente que se prohiba terminantemente a tala descontrolada de árbores vellas, coñecidas tamén co nome de arbores singulares ou senlleiras, tendo este estatus toda árbore, autóctona ou foránea, con máis de 25 anos, independentemente de cal sexa a súa envergadura e de se é propiedade ou non de alguén.
Se cadra, non se trata de replantar moitos máis exemplares, senón de conservar os que xa hai. Galicia é unha das reservas arbóreas máis interesantes de Europa, pero pouco a pouco e mentres estamos enmallados e discusións ideolóxicas e conversas peripatéticas, van caendo os mellores exemplares, e o máis grave é que non sabemos por que nin para que.
Como resultado da miña indignación e como teño tendencia natural a identificarme con todo o que está vivo, reclamo de maneira urxente que se prohiba terminantemente a tala descontrolada de árbores vellas, coñecidas tamén co nome de arbores singulares ou senlleiras, tendo este estatus toda árbore, autóctona ou foránea, con máis de 25 anos, independentemente de cal sexa a súa envergadura e de se é propiedade ou non de alguén.
Se cadra, non se trata de replantar moitos máis exemplares, senón de conservar os que xa hai. Galicia é unha das reservas arbóreas máis interesantes de Europa, pero pouco a pouco e mentres estamos enmallados e discusións ideolóxicas e conversas peripatéticas, van caendo os mellores exemplares, e o máis grave é que non sabemos por que nin para que.
![]() |
| no xardín botánico un poema arbóreo de Mario Benedetti |
,
Etiquetas:
cine documental,
curtametraxes,
da miña autoría,
exculturas,
videos
24/05/11
VUELO SEISIENTOSINCO
http://vimeo.com/3493652
sen palabras?
diso nada...
se cadra, os que somos rariños,
é que estamos exiliados neste pequeno globo da galaxia
verdiazul que chamamos Terra
Acolledora
que somos fuxidos
do planetaperfectoeaburrido
dos megavogóns
e por iso nos levamos tan ben
e rimos tanto
porque no fondo
sabemos sen sabelo exactamente
que somos moi afortunados
de que nos guindasen
fóra da cinta transportadora
intergaláctica
neste planetiña cheo de feridas
e imprevisible
coma nós
estamos seguros
que coa nosa capacidade de discordancia
alleos á cadea programada da galaxia
saberemos fabricar toneladas de tiritas
de todas as cores
para compór con elas
unha colaxe terpéutica
chea de toques persoais
e detalliños
cósmicos
para celebrar
que estamos vivos
nun momento activo
de gloria
non deixaremos que os normaliños
nos chimpen de novo fóra
&
Etiquetas:
curtametraxes,
dálle que non mira,
experimentos,
fábulas,
rarezas,
videos
22/04/11
SEN PRECEDENTES: Querida muller
dzięki mulţumiri хвала shukrani salamat ขอบคุณ
GRAZAS! (vídeo moi oportuno atopado AQUÍ)
OBRIGADAS! MERCI!
THANK'S! 谢谢 GRAZIE! спасибо DANK
GRÀCIES
감사 MÈSI HVALA ESKER KIITOS diolch ευχαριστίες
धन्यवाद terima kasih go raibh maith agat takk
благодарение teşekkürler
спасибі cảm ơn おかげで მადლობა
GRACIAS
Etiquetas:
contrapublicidade,
curtametraxes,
repostas sensatas,
videos
15/04/11
Mamasunción (1984)
Esta é unha das primeiras pezas do cinema galego contemporáneo. Hai antecedentes nos anos vinte e na diáspora. O seu director, Chano Piñeiro, era farmacéutico en Vigo e decidiu adicarse á súa gran paixón, o cine. Esta é a súa 1ª obra, fíxoa cando estaba empezando a "movida" e toda a cidade era un fervedoiro de proxectos e ideas incandescentes. A curtametraxe obtivo moito recoñecemnto dentro e fóra do país.
A 2ª parte podes vela dándolle AQUÍ.
Se che interesa saber máis sobre o labor de Chano Piñeiro toparás información e acceso a parte da súa obra AQUÍ
01/04/11
1 DE ABRIL: O DEREITO A DIVERTIRSE NO TRABALLO
Esta é unha resposta paródica aos politiquiños españois que aínda manexan vellos tópicos sobre os galegos. Este vídeo vai adicado a Rosa Díez , Aznar, Rajoi e todos aqueles ananos mentais que necesitan recorrer a Galiza para amosar os seus saquiños cheos de prexuízos. Botade pola boca para fóra o que queirades. Sempre esteredes dicindo quen sodes!
28/03/11
POSIBILITAR O IMPOSIBLE / PLAT Val del Omar
proposta PICTO LUMÍNICA AUDIO TÁCTIL
http://naranjasdehiroshima.blogspot.com/2010/10/val-del-omar.html neste enlace atoparás abundante información sobre o artista, así como a triloxía completa.
Etiquetas:
curtametraxes,
experimentos,
fotopoemas,
pictomovies,
poesía visual,
Val del Omar,
videos
22/03/11
Aguaespejo / Tríptico elemental de España (Granada)
http://www.valdelomar.com/pdf/sem/sem_13.pdf
http://v.youku.com/v_show/id_XMjE1NTgxNDY4.html neste enlace podes ver Aguaespejo completo.
Se che interesa ver a vídeo FUEGO EN CASTILLA, pincha aquí :
En España todas las primaveras viene la muerte y levanta las cortinas. Federico García Lorca
Etiquetas:
curtametraxes,
literatura e cinema,
pictomovies,
poesía visual,
Val del Omar,
videos
01/03/11
20/01/11
MENHIRES / CATEDRAIS
Para que serven os menhires?
http://www.psyche-navegante.com/: menhires en culturas precolombinas. Inscricións circulares nos menhires: linguaxe simbólica muda. Pictogramas primitivos. Función estética.
http://www.plataformagalapagar.com/GruposdeTrabajo/Arqueolog%C3%ADa/MegalitismoenGalapagar/tabid/135/language/en-US/Default.aspx
![]() |
| aliñamento |
Etiquetas:
curtametraxes,
exculturas,
menhires,
metalingüÍstica,
rarezas
08/01/11
07/01/11
SOÑO - FLASH
VISIÓN TRATANDO DE EVOLUÍR EN MOVEMENTO CONTÍNUO
Hai unha serie de imaxes sen marco nin fondo-----dispersas-----movéndose aleatoriamente: unha árbore, un elefante, un neno, un pavo real apagado, unha pedra, outra árbore, un mestre de escola, un babeiro, roupa secando ao vento----- dispersas.
Pouco a pouco vanse aliñando en forma de funil oblícuo, á maneira dun feixe de luz ao revés, da amplitude á estreitura-----do funil sae a imaxe debuxada dunha muller que respira, enche o peito e exhala-----intermitente.
Todo o conxunto é unha tira cómica con movemento programado-----repetíndose.
Alguén, un home, aparece cunha maleta chea de roupa. Está gastada pero limpa e ben encartada. Da maleta o home extrae unha camisola moi usada. Ofrécella á muller. Ela pregúntase mentalmente a ralentí: que quererá este home que faga eu con esta camisola? El le o seu pensamento e dille: gárdama.
![]() |
| de volta do meu funeral |
Etiquetas:
curtametraxes,
da miña autoría,
literatura e cinema,
pictomovies,
poesía visual,
soños,
videos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





