14/02/11

SANVALENTÍNTINTIRINTÍN


 A MARTE!


Sabemos que, de cando en vez, xorden entre os seres humanos individuos que semellan exhalar amor do xeito en que o sol emite a súa calor...estas persoas habitualmente están dotadas dun gran potencial creativo... a estes seres que posúen a asombrosa capacidade do amor universal é frecuente que o amor sexual os traia totalmente sen coidado. A razón radica en que, para eles, existe unha relación orótica co mundo exterior que opera entre dito mundo e cada terminación nerviosa dos seus organismos. A totalidade dos seus corpos- psíquica, fisiolóxica e espiritual- é unha zona eróxena. A súa corrente de amor non está canalizada exclusivamente no sistema xenital, como no común dos mortais... Na nosa cultura reprimiuse espectacularmente esta particular expresión de amor , ata darlle a apariencia máis desexable que puidermos maxinar. Como resultado de dous mil anos de represión temos o sexo nos sesos. Non sempre é un lugar adecuado.
As persoas que exudan amor son coma ríos, en todo o sentido da palabra: flúen. E cando conseguen posesións e cousas que lles gustan tenden a entregalas. Canto máis dan, máis reciben. Alguén se decatou que , cando creas un vacío, máis substancias flúen para enchelo?
Alan Watts: O futuro da éxtase. Espectro do amor, 1974

ARQUIVOS ADXUNTOS: