23/01/11

FILTRACIÓNS

queen of dreams

R A W 
Robert Anton Wilson

(apuntamentos filtrados)

1. O camiño cara arriba é o camiño cara abaixo
O camiño cara adiante é o camiño cara atrás
O universo adentro está fóra pero o universo afora está adentro.

2.Nun planeta que cada vez máis semella unha prisión de máxima seguridade, a única alternativa que nos queda é planear unha fuxida do cárcere.

3. Despois dun certo punto, o universo enteiro convértese nun contínuo proceso de iniciación.

4. Cando a cruz e a rosa se unen, o matrimonio alquímico complétase e o drama termina. Espertamos da Historia e entramos na Eternidade.

5. A fronteira entre o Real e o Irreal non é fixa, só marca o último lugar onde bandas rivais de chamáns loitaron entre eles ata que se concederon unha tregua.

6. Canto máis tempo estás só, máis doado é escoitar a canción da Terra.

7. O ego é unha ficción social segundo a cal unha persoa recibe toda a culpa.

8. A non ser que sexas un desnutrido e iletrado asiático con exactamente 1.04 vaxinas e 0.96 collóns, vivindo nunha casa precaria...non dás a talla de normal, senón de ANORMAL, SUBNORMAL, SUPERNORMAL, PARANORMAL...ou calquera outra modalidade da norma.

9. Vivir co misterio da mente feminina é o mellor adestramento para te relacionares cos grandes misterios da Mente Divina.

10.Se coidas que sabes que carallo está pasando, probablemente esteas cheo de merda.

11. O Graal é o ventre amado.