SÉ AMABLE
sempre se agarda de nós
que entendamos o punto de vista
dos outros
sen ter en conta se é
anticuado
necio
noxento.
a un pídenlle
que entenda
amablemente
todos os erros dos outros
as súas vidas botadas a perder
canto máis se son
de idade avanzada.
mais a idade é o único
que conta.
volvéronse vellos
mal
porque
viviron
sen enfoque,
negáronse
a ver.
que non é culpa deles?
e logo culpa de quen?
miña?
pídeseme que oculte
a miña opinión
diante súa
por medo
ao seu medo.
os anos que un ten non son un crime
pero a vergoña
dunha vida
botada a perder
a posta
entre tantas
vidas
botadas a perder
a posta
si o é.
do mesmísimo BUKOWSKI: 20 poemas, Grijalbo, Madrid, 1998
amarellesbravos: CARALLO CO BUKO.....WSKI.....QUE MONADA!
manobras na escuridade: miraquemono!:
sicocartografías: SI, UNHA CUESTIÓN DE ESTILO
Val del Omar: Desbordamento. Colaxe |
10 comentarios:
Estou pensando que este debe ser o poemiña máis amable de Bukowski, o máis amable e o menos etílico. É case un milagro que deses con el. Vouno ingresar na miña antoloxía de fenómenos insólitos.
Ingresa, ingresa. Seguro que lle fai ilusión. Tiña en moita estima a súa obra. Buko, podes aínda oírnos desde o Alén? Querémoste, tío. En positivo debiches ser un bichiño xenial!
E en negativo seguro que tamén.....como di a miña bisavoa:" o malo amalo"
E en vivo...debeu ser a ostia! que perigo! eeeeh... na miña aldea cando alguén é moi moi raro e anda a facer trasnadas seguido, e non hai deus que o entenda, en vez de mandalo ao siquiatra, que alí non hai, pois comentan os vesiños entre eles. "hai que querelo"...
"hai que querelo"? e esa é a terapia que lle aplican? e funciona?
Pois claro que funciona. A rareza cando non é acosada, nin medicada, nin isolada en manicomios convértese no xerme de toda proposta orixinal. O raro, ao sentirse querido ou, canto menos, non rexeitado, pode empezar a rarear tranquilamente e tanto lle pode dar por montarche un xardín xaponés como por retellar un tellado con tuberías. Total neste país o que sobran son casas abandonadas e terra a monte e hai moito por e onde experimentar.
Ben falado, Sara. Para bufóns de imitación xa estamos os considerados normais. Só os máis tolos non temen ir máis alá.
Pois si que mola! Creo que vou animarme hoxe con algunha rareza estrambótica que teño por aí atracada dende hai non sei canto tempo. Mellorando o presente, claro!
Tu lo has dicho: bichiño xenial!
Abrazos!!!
Recibidos, Mikel. Un forte achuchón para ti, cavernícola!
Publicar un comentario