Esta é unha das primeiras pezas do cinema galego contemporáneo. Hai antecedentes nos anos vinte e na diáspora. O seu director, Chano Piñeiro, era farmacéutico en Vigo e decidiu adicarse á súa gran paixón, o cine. Esta é a súa 1ª obra, fíxoa cando estaba empezando a "movida" e toda a cidade era un fervedoiro de proxectos e ideas incandescentes. A curtametraxe obtivo moito recoñecemnto dentro e fóra do país.
A 2ª parte podes vela dándolle AQUÍ.
Se che interesa saber máis sobre o labor de Chano Piñeiro toparás información e acceso a parte da súa obra AQUÍ
2 comentarios:
¡Cantas lembranzas do Chano! Compañeiro de aula do antigo PREU no La Salle de Santiago, e veciño de habitación no internado onde ámbolos dous nos vimos "ingresados" polas familias dende as nosas respectivas vilas, alá polo ano 1971. Rapaz calado, reflexivo, moi responsable, sensitivo, de ollada aberta, calma e firme. Coma a súa obra artística, demasiado breve. Unha mágoa. Unha bágoa. Sempre.
Da gosto ver que se lembra o talento.
Apertiñas.
Que tal, Rafael? Así que coincidiches con Chano na etapa de estudante? Incrible! eu sinto unha gran admiración pola súa obra, el sabía ir ao esencial sen renunciar ao imaxinario e máxico da vida.
De MAMASUNCIÓN o que máis me toca é a escena final da queima do diñeiro; a vella quería o seu fillo, non unha maleta chea de cartos. Que claro o tiña, verdade?
Alégrame un mundo verte por aquí. Un forte abrazo.
Publicar un comentario