16/06/11

CORTEGADA - ILLA EXPOLIADA




Falan neste vídeo os netos dos últimos habitantes de Cortegada.

A illa foi desaloxada a principios do séc.XX para ser donada como agasallo persoal a Alfonso XIII.


O rei quería facer alí un palacio e unha ponte que conectase a illa con terra para vir de cando en vez tomar o té ( mentres España morría de fame e analfabetismo) pero non lle debeu gustar moito o  sitio porque o proxecto non foi adiante.


Con todo, quedou con ela e pasou a formar parte da herdanza real. Os Borbóns descendentes deste exquisito señor venderon a illa ( por uns 60.000.000 de pesetas, unha ganga) a unha compañía inmobiliaria que tiña un megaproxecto urbanístico de alto nivel para ricachóns favorecidos pola fortuna.


Afortunadamente, a Xunta conseguiu recuperar este espazo único desde que naceu o proxecto de recuperación e protección das Illas Atlánticas. Os descendentes dos primitivos habitantes nunca puideron recuperala. Pero polo menos, e aínda que sexa en plan zoo, agora é de todos.


A Illa de Cortegada, como todas as illas da nosa terra, foi un enclave templario na Idade Media. Pero esa xa é outra historia.




AQUÍ darás con outro vídeo para andar por ela en plan visita guiada. Non ten perda.





Ningún comentario: