31/03/11

ARTE MENSTRUAL, QUE MONSTRA!

Georgia O'Keefe
Mapoulas

                http://www.youtube.com/watch?v=KJ5-_zegKSU&feature=player_embedded: aquí atoparás preciosas propostas en tinta chinesa vermella.


              http://naranjasdehiroshima.blogspot.com/2011/03/la-luna-en-ti.html: aquí darás coa visión que as mulleres temos da menstruación, tema prohibido, tabú social, diso non se fala, dá moito noxo. Pois a min non me dá ningún!

              http://amarellesbravos.blogspot.com/2011/02/ananismos.html onde se denuncia o acoso da relixión  ás mulleres e o odio irracional da civilización por todo o feminino.

30/03/11

SEN TÍTULO



o meu metro son as miñas dúas pernas
a miña patria os camiños da lúa
o meu exército as anónimas pedras
que tapan con cemento as beirarrúas

esa é a única fronteira:
asfalto e chapapote a discreción
pasarei sen documentos cando queira
ao outro lado deste paredón

e fareino sen pedir desculpas
nin ningún tipo de perdón 

copliña anónima 



28/03/11

POSIBILITAR O IMPOSIBLE / PLAT Val del Omar




proposta  PICTO LUMÍNICA AUDIO TÁCTIL


http://naranjasdehiroshima.blogspot.com/2010/10/val-del-omar.html  neste enlace atoparás abundante información sobre o artista, así como a triloxía completa.

A SACUDIDA

pegadas no xeo


THE SHAKEDOWN


I spun another man's prayer
whith de wind of my words
and another man's god
answered me with death.


It came in form of a mouth
and it kissed my mouth with breath.
Passionate breath; cold breath,
freezing my body in lifeless snow.


It floated before me, smiling;
and soon the sun appeared.
It melted me,
and the mouth knelt down to drink my terrible flow.


Gregory Corso: Gasolina e outros poemas




A SACUDIDA


Tecín a oración doutro
co vento das miñas palabras
e o deus do outro
respondeume coa morte.


Veu con forma de boca
e beixou a miña boca co seu alento.
Alento apaixoado; alento xélido,
tornando o meu corpo en neve sen vida.


Aboiou ante min,sorrindo:
e non tardou en vir o sol.
Derreteume,
e a boca axeonllouse para beber o meu terrible fluxo.


http://listen.grooveshark.com/s/Lover+Man/2BIRWj?src=5




"pairando en rauda vela do sur, en tolo trebón, vén, pálido vampiro, unir a súa á miña boca, sen estar ao meu carón"
Ulises, J Joyce





27/03/11

SON UNHA MONSTRA!

DECONSTRUCIÓN APOCALÍPTICA

ao loriño comigo
son unha monstra!

da miña boca despréndese
trebóns
e asoman sapos e bichas noxentas

a miña lingua é bífida
a miña voz torna grave e tétrica

as miñas mans son gadoupas
nunca se entregarán

os meus brazos son boas feroces
constrictor

o que fago é por amargura
e por resentimento
e por rancor
e, sobre todo, por pracer

cheiro que apesto

practico bruxaría no meu tempo libre
e prendo lumieiras con billetes de 500

estou completamente tola
a miña mente é un volcán botando fume
e da miña boca saen  fumarolas de enxofre

desprezo o pasado
renego do futuro
só creo no presente
e todos os seus desastres

porque a fin do mundo
xa está chamando 
ás portas da cidade

as grandes avenidas
serán tomadas
polos macacos 
dos zoos

as altas torres da soberbia
serán sepultadas por edras asasinas
que xa empezan a agromar
nun ángulo da miña sombra

de nada valerán as vosas motoserras
non teredes combustible 

de nada valerán as vosas bombas
non teredes maquinaria para activalas

xa podedes empezar encerrar os vosos inventores 
nun cuarto blindado
para que deixen de seguir danando a poboación

o mal queda todo confiscado 
pola monstra

darémoslle a volta a todo
o desconcerto será xeralizado
non teredes capacidade de resposta

desexaredes estar mortos
andes de terdes nacido

o tempo libre será tanto
que teredes a nauseabunda sensación de afogar de aburrimento
fóra dos despachos

suplicaredes de xeonllos 
un cursiño acelerado de artes e oficios
e nunca haberá praza para vós, os depredadores

os tolos sairán en desbandada
dos manicomios
e lanzarán os seus pregóns nas alamedas liberadas

os poetas abrirán as ventás 
dos seus peitos fusilados
e unha cachoeira de mapoulas 
como un  Orinoco de deprezo desbordado
cubrirá a vosa obra de desolación programada

son a monstra
a abominable coca
o dragón metalizado
que sae do mar
na primeira gran marea
para devorar un home virxe
cada primavera


(enlaces para oír)
http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/10/o-bo-navio.html
http://amarellesbravos.blogspot.com/2011/01/evidencias.html?spref=bl
(enlaces para ler)

(lamentamos non poder deixar enlaces literalmente epidérmicos, usen vostedes, fagan favor, a imaxinación)

26/03/11

ÁMAME SEN PIEDADE



procederei a rematar a faena canto antes; non te preocupes, despois xa non sentirás nada. Como xenial artista que son, será rápida a execución...


Ama sen control


si, ben...agarda. Debo antes facer recapitulación. Necesito convocar todas as miñas pantasmas. Prepararei como é debido a miña función.

Non poñas freo a ese motor


de acordo, pero un momento. Vai indo que eu xa vou, en canto acabe a miña representación.

Bótate na onda sen temor


ben...dígoche que xa vou. É que non sei nadar. Temo afogar!

Afogarás de amor...non de horror!


xa...xa, vale, vou dar unha volta en avión e xa volvo. Ao meu regreso dígoche cal é a miña decisión.

Ten que ser agora...que o tempo aínda non resucitou


ah, si, agarda...voume colgar do telón. Suicídome nun momento e xa volvo.

Cando veñas será tarde...


un momento...tes por aí un acomodador?

DIÁLOGOS SINISTROS EN DIFERIDO DE
SEIS A SEIS

entrada de cine para ver O gabinete do doutor Galigari

25/03/11

23/03/11

GALICIAN'S DECREPIT? JA, JA, JA!


DECRÉPITO DEL GALEGO. DECRÉPITO DO GHALLEJO. GALICIAN'S DECREPIT


Os galegos e galegas falarán español de luns a mércores e inglés xoves e venres, reservándose o galego para as bebedeiras e fins de semana.


Traslado dos restos da Lingua Galega ao Panteón de Galegos Ilustres.


Manual de gramática trilingüe para cada fogar galego.


Todas as materias troncais serán impartidas en español, coa excepción detraxe, paxe e garaxe.


Traslado da celebración do Día das Letras Galegas para o 30 de febreiro.


O himno galego pasará a chamarse God Save The Rumorosos e promoverase o seucoñecemento en inglés, chinés e ruso culto.


O programa Luar pasará a chamarse Moonlight Shadow.


Creación en todas as empresas galegas dun descanso de 10 mm ás cinco do serán para tomar o té


Para garantir o plurilingüismo no Parlamento de Galicia, os deputados do PP falarán en español, os do PSOE en inglés e os do BNG en galego.


Creación dunha nova canle autonómica de TV que emitirá as 24 horas a programación da BBC.


Promoverase a fonética inglesa con acento texano, para o cal se provocará no alumnado unha parálise inducida do beizo superior.


Para evitar a contaminación lingüística, o alumnado de Primaria non poderá pasar na aldea máis dunha fin de semana.


STOP ao fracaso escolar. As familias de alumnos e alumnas que suspendan máis de 5 materias terán dereito a unha entrevista no xornal El Mundo para se xustificar afirmando que a culpa é de que as clases se imparten en galego.


Asina o documento o partido BLOQUESOCIALISTAPOPULAR.


lección de fascismo franquista
Castelao
Galiza mártir


22/03/11

Aguaespejo / Tríptico elemental de España (Granada)



http://www.valdelomar.com/pdf/sem/sem_13.pdf

http://v.youku.com/v_show/id_XMjE1NTgxNDY4.html neste enlace podes ver Aguaespejo completo.

Se che interesa ver a vídeo FUEGO EN CASTILLA, pincha aquí :


En España todas las primaveras viene la muerte y levanta las cortinas. Federico García Lorca



21/03/11

A TEIMA DE MENCIONAR É XA UN BERRO

DÉCIMAS DE BETO

O petróleo ansiada meta
é o que máis os preocupa
democracia á garupa
vai de pantalla e careta
é a mesma cantinela
dun imperio aínda forte,
di protexer a súa sorte
e da xente e habitantes
pero sementa ao instante
ataques bombas e morte


bombas humanitarias? 





20/03/11

José Val del Omar - Acariño Galaico 1/3







guerra al miedo y a la mierda!



TALLADAS

estás nunha praia
ti e máis xente
é case noite
a praia é pequena
ten forma de cuncha e moitos penedos
caes na conta  que chegastes alí fuxindo de algo
sodes un grupo de fuxidos


soa un teléfono 
incrustado nunha das rochas
que a marea baixa deixou en seco
descolgas e alguén che fala


diche que tendes que liscar de maneira rápida e clara
unha patrulla saiu buscarvos e segue  o voso rastro


dáslle as grazas por avisar
a voz descoñecida ten algo familiar
a maneira de enfiar as palabras
antes de colgar preguntas con quen falas
a voz contesta: con ninguén,
escapa!













Puto Coke - Ga-a-l-ego






luar

baixo pola túa ollada sen ollos
como a lúa, neve no corazón,
lentamente
polas flores da cerdeira


sakura: flor de cerdeira




19/03/11

EN 4ª PERSOA

O Sena, o Rhin, o Manzanares, o Tamesis, o Volga
xeran lama ominosa
http://www.alexrovira.com/cat/video2.html

Jimi Hendrix - Maui - Voodoo Child + Drum Solo + Fire



Cando o poder do amor supere o amor ao poder, coñeceremos a paz mundial


Quen non se rende, dá coa recompensa.


Os bos imitadores imitan mesmo os erros


Paz, amor e felicidade para tod@as


Un sacrifica o que máis ama


Molaría facer unha música ten perfecta que puidese penetrar no corpo e sandar os enfermos


Isto pásanos por arrebolar a Terra na galaxia


A miña é música eléctrica de igrexa


Jimi Hendrix, forever

16/03/11

a gramática das pedras


Pedra da auga
Teis


A GRAMÁTICA DAS PEDRAS
(petroglifos)

Na noite
Dos tempos
Cando os niveis de
Radioactividade
Eran asumibles
Os dedos
Dun xigante
Falaban ao cosmos
Con pegadas
Circulares
Sen acentos
Sen aristas nin
Ángulos na voz
OOOM
Sílaba sagrada
Laxa labrada
Túnel de tempo
Isto
A
C
A
B
O
U


por aquí xogabamos de pequenos
coa cabeza coroada de follas de castiñeiro
aos indios
eramos como vinte ou trinta na tribo
case ninguén quería ser vaqueiro
..................................
o único petroglifo do término municipal de vigo



Frío fóra
a calor húmida da cociña de ferro, sempre fumegante
o almorzo

O coitelo da camiñada ata a escola.

É unha casa de pedra con dúas plantas
arriba as nenas
abaixo os nenos
hai un cuarto dos ratos
e un mestre abaixo que martiriza os nenos cunha vara
e unha mestra arriba que nos despreza
obríganos a falar en castellano
non sabemos
tanto lle ten, somos un paletos.

No recreo
saímos a un campo de terra protexido por un inmenso ombú
obrígannos a saltar á corda
a corda é xigantesca
cando te equivocas e che lostrega nas pernas
quedan as marcas
as nenas non podemos levar pantalón
eu lévoo
a mestra tortúrame tirándome das orellas
o lóbulo sepárase
chego a casa sangrando
miña nai monta en cólera
vai onda a mestra que é zamorana e di non entender como falamos
chama por ela a berros
dille que como volva a poñerme a man encima
que a rebenta
nese momento adoro a miña nai
a vacaburra nunca máis volveu tocarme
eu só tiña catro ou cinco anos.

Anos máis tarde no inmenso campo de terra
construíron o instituto, era só masculino.

O ombú cortárono, era o único exemplar de toda a ría de Vigo.

http://incendiaelcielo.blogspot.com/2011/03/placer-culpable.html


tragarei cada unha das vosas mentiras 
só polo gusto de cuspírvolas á cara

13/03/11

Duke Sam Estilo peculiar

ZIZILAMENTOS

OS LAMENTOS DE ZIZI




Estou namorado da enfermidade do riso
faríame moi ben tela-
Puxen as espléndidas túnicas do Sudán
levei as magníficas halivas dos Irmáns Boudodin
beixei as cantareiras Fátimas do chulo de Adén,
escribín salmos gloriosos no café de Hakhaliba
pero nunca tiven a enfermidade do riso
así que non sirvo para nada


O graxento trapicheiro ofértame opio, kif, hashish,
mesmo zume de camelo,
nada pode satisfacerme-
Oh, amarga e maldita noite! ti de novo!
debo de novo arrincar os meus dentes irreais
espir o meu ser que non ri
entregar ao soño esta cabeciña melancólica?
Non son nada sen a enfermidade do riso.


O meu pai tena, o meu avó tívoa;
seguramente o meu tio Fez a terá, pero eu, eu
a quen mellor podería sentar
tereina algunha vez?






ONTE Á NOITE CONDUCÍN UN COCHE


Onte á noite conducín un coche
sen saber conducir
nin ter un coche
Conducín e atropelei
xente que amaba
... fun a 180 pola vila.


Parei en Hedgeville
e durmín nos asentos traseiros
...moi excitado pola miña nova vida.




NAS PAREDES DUN TRISTE CUARTO AMOBLADO


Penduro vellas fotos das rapazas da miña nenez-
co corazón roto sento, o cóbado na mesa,
o queixelo na man, estudando
os ollos orgullosos de Helen
a boca débil de Jane
o pelo dourado de Susan




A RAPAZA FUXIDA


Dende que ela fuxiu da casa
alguén realmente raro a persegue;
converteuse na súa paranoia.
Como un insecto, iso arrástrase a ras de terra.
E tanto ten onde vaia, iso séguea.


Detrás dela, na distancia
pode oír a súa nai berrando, berrando;
pero non pode volver.




REFLEXIÓNS SOBRE UNHA PELÍCULA XAPONESA


Por unha vez amemos algo xuntos
algo vermello


A chaira é ampla e moitas cores
acougan baixo o castiñeiro


Vaiamos alí
seremos amantes


Quero pasar vermella por entre os teus cabelos




Gregory Corso: Gasolina e outros poemas




http://listen.grooveshark.com/s/Faili+Faili+Oro/1pDGjO?src=5

12/03/11

DESASTRES NATURAIS?


Vi siete accorti che il nostro pianeta è sconvolto sempre più di frequente da terremoti,
alluvioni e frane? Se già è importante esaminare quale sia la causa reale di questi
eventi (fenomeni del tutto spontanei o vendetta di una natura oltraggiata?), diventa
ancora più urgente interrogarsi su metodi e finalità della politica dell’emergenza
nell’affrontare i loro effetti. Un comune denominatore unisce disastri lontani nello
spazio e nel tempo, quello della penetrazione militare massiccia nel cuore di una
comunità già messa in ginocchio. Senza la macchina organizzativa dello Stato, senza
i suoi tutori, i suoi guardiani e controllori, la legge diviene carta straccia, la morale
viene annullata dalle necessità impellenti, la comune sottomissione quotidiana viene
scossa dal freddo, dalla fame, dalla sete. Il potere costituito non può correre il
rischio di estinguersi e agisce nell’unico modo che gli è proprio, quello della violenza
istituzionalizzata: pattugliamenti, posti di blocco, campi profughi…
Ma nel tempo che intercorre tra il disastro e la riorganizzazione del potere, si aprono
spazi di libertà senza precedenti nella storia della nostra vita ordinaria.
Sta a noi tentare di rendere questo intervallo interminabile.

IT IS TEIS

nove mulleres xuntas non poden crear un neno nun día ??????

nove mulleres non poden
crear un neno
nun día
nin nun ano
nin que estean xuntas
nin que estean separadas

nin pola cabeza lles pasa!

.........

con cen mil homes
teriamos o mesmo resultado.
A diferenza é que eles
insisten en considerarse indispensables
para iso

e para todo o demais

.........

unha lástima!

addenda: unha muller non crea soa un neno, pero críao e cre nel  todo o que sexa necesario


11/03/11

10/03/11

08/03/11

HAI QUE TER VALOR!


O VALOR DO RISCO


“Rir é arriscarte a parecer parvo.
Chorar é arriscarte a parecer sentimental.
Alongar o brazo para agarrar ao outro é arriscarte a implicarte.
Exponer as túas ideas ou soños ante unha multitude é arriscarte a perdelos.
Amar é arriscarte a non ser correspondido.
Vivir é arriscarte a morrer.
Ter esperanzas é arriscarte a perdelas.
Pero cómpre correr riscos.
Porque o maior perigo na vida é non arriscar nada.
Se no fas nada, se non arriscas nada,  a túa existencia escurécese.
É probable que deste modo evites sufrimentos, pero no vas  aprender, sentir,  cambiar, ou amar nin  vivir.
Encadeado a unha actitude de medo, un convértese en escravo… e perde a súa liberdade.
 Só es libre se arriscas.”
Alex Rovira


pendurado do céo
Fotografía de Juan Louro


07/03/11

UN MOMENTO

orquídea salvaxe






Luz das flores

Abro a palma da man
E cando a poño debaixo dunha flor
A sombra da súa luz proxéctase en mil cores

Sen querelo imaxino a luz daquela flor
Que vin no Xardín Secreto
Hai uns días

Esa
claridade,
eses
tons
estanse
amando
con
paixón
na
palma
da
miña
man

SANGBYONG CHON
1930-1993
Corea



06/03/11

GAME OVER

fractais


THE GAME

Man Devil Mandrill-
Be the trinity of this so...
Then I shall lose this game
Of death to a pro.
I am too effete to compete
With you, sir;
You ara a master and I, an amateur.
Pray sit, do not stir-
If would please, if not appease, me
No end if you were to spend
Sime time with me
And I, the game, comprehend,
Now, am I to assume
That there are set rules?
And that the game was never meant
To be played by fools?
Good. And am I also to assume
That if by chance I lose
It is your right to take from me
Whatever you see fit to choose?
Fair enough. Now then,
Let us begin,
And in due modesty,
May the better man win.
Gregory Corso: Gasolina e outros poemas, 1958




A PEZA

Home Diaño Mandril
Sexa a trinidade disto tan...
Daquela hei perder este xogo
A morte ante un profesional.
Estou esgotado de máis para competir
Con vostede, sir;
Vostede é un mestre e eu, un afeccionado.
Reza sentado, non te movas-
Podería compracerme , se ben non me aplacaría,
que a vostede lle prouguer pasar
Algún tempo comigo
E así eu, a peza, entendería.
Agora, é correcto se asumo
Que hai certas regras establecidas?
E que o xogo nunca foi ideado
para que o xogasen parvos?
De acordo, e debo tamén asumir
Que se por azar perdo
Está no seu dereito de tirarme calquera cousa
que vostede decida?
É razoable. Así pois,
Comecemos
E humildemente,
Que gañe o mellor


NEW YORK VIGO PARÍS MADRID: MAMÁ GUERRA

PARÍS


Childcity, Aprilcity,
Spirits of angels crouched in doorways,
Poets, worms in hair, beautiful Beaudelaire.
Artaud, Rimbaud, Apollinaire,
Look to the nighcity-
Informers and concierges,
Montparnassian woe, deathical Notre Dame,
To the nightcircle llok, dome heirloomed,
Hugo and Zola together entombed,
Harlequin deathtrap,
Seine generates ominous mud,
Eiffel looks down- see the Apocalyptical ant crawl,
New Yorkless city,
City of Germans dead and gone,
Dollhouse of Mama War


Gregory Corso: Gasolina e outros poemas, 1958


http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/11/o-imperio-da-cidades.html


http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/12/derrubamurosdebloque.html




PARÍS( VIGO MADRID NEW YORK)


CidadeNena, cidadeAbril,
Espíritos de anxos agochados en portais,
poetas, vérmes no cabelo, fermoso Beaudelaire,
Artaud, Rimbaud, Apollinaire,
Olla a cidadeNoite-
Informadores e conserxes,
Malfado Montparnasiano, letal Notre Dame,
Cara a noitecirco ollan, cúpula herdada de vello,
Hugo e Zola xuntos na ultratumba,
Trampa mortal de Arlequín,
O Sena xera lama ominosa,
Eiffel observa alá abaixo, olla arrastrarse a formiga Apocalíptica,
Cidade sen Nova York.
Cidade de alemáns mortos e idos,
Casa de bonecas de Mama Guerra.


violetas cautivas




05/03/11

FONTANERÍA PREVENTIVA

CABLEGRAMA DENDE A FIN DO MUNDO


1


Os encontros parece como se estivesen xa todos pactados de antemán. Tanto ten se os percibimos ou non.
A enerxía busca transformarse en enerxía; 
toda eiva, toda perda, toda mutilación quedan descartadas. 
O perdón a un mesmo vólvese  perdón universal. 
O amor a un mesmo vólvese amor por todo, amor total.






2


Deconstruíndo o presente
reformularemos o pasado
para que medre a herba
nas ruínas do futuro




3


REAL...IZAR     FACER...REAL




capeando o temporal