30/10/10

O bo navío



Estrela da mañá
Alphonse Mucha
O bo navío

Eu quéroche contar, miña feiticeiriña
as  belezas que ostentas, propias dunha meniña
Eu quero retratar a túa fermosura
Onde a infancia se alía á idade madura

Cando abalas o ar coa túa longa saia
Semellas un baixel que rápido esvara
Co velame inchado, evádeste veloz
Seguindo un ritmo doce,  preguiceiro e atroz

No teu colo perfecto, nas túas costas grasas,
A cabeza abanea con ben estrañas grazas;
Con aires de pracer e aceno triunfante
Vas polo teu camiño, maxestoso infante

Quero contarche, miña feiticeiriña,
as belezas que ostentas, propias dunha meniña
Quero retratar a túa fermosura
Onde a infancia se alía á idade madura

A gorxa que avanza portando un sudario
A gorxa triunfante é un belo armario
Cos fúlxidos cantos dondos e pulidos
tal broqueis que atraen os brillos coloridos

Broqueis atrevidos, de punta rosa armados
Armario de segredos, cheo de agasallos,
De viños, de perfumes, dos máis caros licores,
Que farán delirar os cerebros mellores


Cando abalas o ar coa túa longa saia
Semellas un baixel que rápido esvara
Co velame inchado, evádeste veloz
Seguindo un ritmo doce,  preguiceiro e atroz


As túas nobres pernas, saíndo dos encaixes
Esporean seguido o ánimo de amarte
Como meigas  que fan os máxicos conxuros
no filtro negro e fondo do cú dun vaso escuro


os teus brazos que imitan hércules precoces
son sólidas boas lucindo feroces,
feitos para atar con obstinación,
tal pegada impresa , o teu amador


No teu colo perfecto, nas túas costas grasas,
A cabeza abanea con  ben estrañas grazas;
Con  prácido ar e aceno triunfante
Vas polo teu camiño, maxestoso infante

Ch. Baudelaire

Ningún comentario: