UN BLOQUE NON FAI UN MURO
e os muros de verdade
son
de
pedra
non de bloque...e cemento
os muros de pedra...
veñen abaixo só con retirar unha da base.
Os paredóns de bloques cómpre escachalos
para derrubalos...
dá moito máis traballo
desfacerse deles...
e cando xa o conseguiches
tes un lote de entullo...inútil.
Sobre a pedra
medra
humus humilde
fentos
lique
bonsais ventureiros
ecuacións vexetais
Sobre o bloque medra musgo
que seca no verán...non hai grechas para a vida.
O resultado é grimoso
nada prospera alén das súas sombras
rectilíneas.
Hai que derrubalos.
O que?
Os muros
Todos?
Si, todos, pero sobre todo os de bloques.
Nada que ver |
O castelán entrou nas casas da xente
armado de sacos de cemento
e palés de ladrillo e bloque
para ocultar a pedra milenaria,
esforzo inútil
pois a pedra permanece
e o galego está vivo,
un pouco mareado
pero vivo
e a pedra só cambiou de sitio un pouco
que a pedra é mala de mover
e vai só
cando ela quer.
esforzo inútil
pois a pedra permanece
e o galego está vivo,
un pouco mareado
pero vivo
e a pedra só cambiou de sitio un pouco
que a pedra é mala de mover
e vai só
cando ela quer.
Xa o di a palabra:
c
e
c e miterio
e
n
t
o
unha cruz.
Foi moi duro aprender a sobrelevala
poderiamos facer con ela unha lumieira
preferimos
utilizala ao noso favor
sen crucificarnos
incrementamos, e moito,
a nosas múltiples personalidades.
http://www.kingsize.sn/loufa
http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/11/o-imperio-da-cidades.html
http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/11/we-eles.html
http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/10/soneto-escada.html
http://books.google.es/books?id=EFfVNdfpwH4C&pg=PA118&lpg=PA118&dq=jean+genet+poemas&source=bl&ots=M7C6kQqsUo&sig=Ji9z_3frW7xtdQjYOyO4Ae7qWHY&hl=gl&ei=fAoNTa2sBZWG4gae-ryGAg&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=10&ved=0CGoQ6AEwCTgo#v=onepage&q=jean%20genet%20poemas&f=false

Ningún comentario:
Publicar un comentario