DECRÉPITO DEL GALEGO. DECRÉPITO DO GHALLEJO. GALICIAN'S DECREPIT
Os galegos e galegas falarán español de luns a mércores e inglés xoves e venres, reservándose o galego para as bebedeiras e fins de semana.
Traslado dos restos da Lingua Galega ao Panteón de Galegos Ilustres.
Manual de gramática trilingüe para cada fogar galego.
Todas as materias troncais serán impartidas en español, coa excepción detraxe, paxe e garaxe.
Traslado da celebración do Día das Letras Galegas para o 30 de febreiro.
O himno galego pasará a chamarse God Save The Rumorosos e promoverase o seucoñecemento en inglés, chinés e ruso culto.
O programa Luar pasará a chamarse Moonlight Shadow.
Creación en todas as empresas galegas dun descanso de 10 mm ás cinco do serán para tomar o té
Para garantir o plurilingüismo no Parlamento de Galicia, os deputados do PP falarán en español, os do PSOE en inglés e os do BNG en galego.
Creación dunha nova canle autonómica de TV que emitirá as 24 horas a programación da BBC.
Promoverase a fonética inglesa con acento texano, para o cal se provocará no alumnado unha parálise inducida do beizo superior.
Para evitar a contaminación lingüística, o alumnado de Primaria non poderá pasar na aldea máis dunha fin de semana.
STOP ao fracaso escolar. As familias de alumnos e alumnas que suspendan máis de 5 materias terán dereito a unha entrevista no xornal El Mundo para se xustificar afirmando que a culpa é de que as clases se imparten en galego.
Asina o documento o partido BLOQUESOCIALISTAPOPULAR.
lección de fascismo franquista Castelao Galiza mártir |
1 comentario:
O manifesto, non está completo, pregoouse polas rúas de Santiago nunha macromanifa contra a política lingüística da Xunta de acoso y derribo contra o idioma. Os normalizadores pretenden, nada máis e nada menos que o inglés se incorpore ás linguas de coñecemento obrigatorio na escola en Galiza, facendo un reparto delirante de materias: 33.3% en galego,33.3% en castelán e 33.·% en inglés. Alguén sabe dalgunha proposta educativa máis disparatada?
Publicar un comentario