06/08/11

SEN COMENTARIOS





                                                     




                           UNHA PERNA TAPA A OUTRA


mantéñense as teses da pen-uria
1º seguir matando amores
2º flaxelando moras

previsións a curto, medio e longo prazo:
fluidez relativa na cinta transportadora

quedan destimados
todos os proxectos cooperativos
fóra de nómina

darase unicamente vía libre
aos papeis ciberimaxinarios

a loita centrarase
na detección de virus, troianos,
carrachas informáticas
e demáis parásitos
para seren convenientemente arquivados
no baúl dos recordos remotos

farase a vista gorda
co resto das ameazas
para que siga vivo o mercado


manteranse as estratexias de rigor
e todos os decorados

carta de axuste de recheo:
autopublicidade morbosa de media hora
cada cinco minutos
(aportación de Hipocrilandia)

cando se esgoten os temas persoais
diríxase á sección de recursos  e melopeas:

a bomba atómica
a pobreza e as súas miserias
a escravitude voluntaria
a rede de microchips controlados
as marabillas do futuro inimaxinable
todo tipo de políticas e ideoloxías e,
por suposto, a ineptitude conxénita dos educadores,

polo mero feito de selo

TESE BÁSICA:
manter a produción e o consumo
para garantir fluidez económica


CANDO TODO FALLE:
PLAN B:
explicitar con todo luxo de detalles
todo aquilo que non se entenda
e
colaborar sempre
na produción masiva de
incertidumes
+
anestesia pornográfica
envasada nos
laboratorios de prostitución
a domicilio.




                                         texto facilitado por saraares, in sicocartografías



amarellesbravos: CARAMELIÑO PORNONEGOCIO

amarellesbravos: SECUESTRAD@S POLA TONTERÍA DOMINANTE

amarellesbravos: ALTA CALIDADE / PABLO DE ROKHA

amarellesbravos: PAROLE...PAROLE...PAROLE

amarellesbravos: GAFIÑAS DE SOL E SOMBRA

amarellesbravos: VIDAMINAS PARAPOLLAS TETRAPLÉXICAS. BOTE PEQUENO,



18 comentarios:

Anónimo dixo...

Ben, Angola, a pesar do título desta entrada, non podo reprimir a necesidade de comentala. Digamos que o tema non se presta a quedar calados.

angola dixo...

Non te prives. O título da entrada é retórico e ademáis irónico. Así que dálle o que queiras. Afortunadamente non temos límite nin de caracteres nin de nº de intervencións. E é moi pouco probable que apareza ningún troll.

Anónimo dixo...

España existe? Existe o idioma español? Hai algo máis que un estado e a imposición idiomática que a través del se exerce? Preguntas que un se fai ás veces cando se pon gravísimo.

angola dixo...

Parécenme preguntas máis que pertinentes. Honradamente penso que non, que España é un invento macanudo de dominación e que o que vulgarmente se coñece por español só é castellano. Deixémonos de tonterías e chamemos a cada cousiña polo seu nome.

Anónimo dixo...

Ben, estupendo. A ver se non perdemos o fío. Enfoquémolo doutra maneira. Usemos o punto de vista oficial e a óptica anestesiante e ovelluna do televisor. Admitamos que España, efectivamente, existe e que o español é un idioma. Pasa algo?

angola dixo...

Coño, se pasa! Se admitimos esa premisa como verdadeira, temos un serio problema, que consiste no seguinte: o español debe ser, entón, a única lingua do mundo que se fala en catro idiomas. Si, si, si. Somos así de fantásticos, temos unha lingua os españois que se pode expresar en catro idiomas diferentes. Danme ganas de repetilo para ver se consigo crelo. Ben, non creo que sexa necesario.

Anónimo dixo...

Dar dá para unha boa pintada no muro da estación terminal de trens, así os visitantes quedarían mÁIS QUE INFORMADOS, quedarían anonadados de vez e xa non poderían seguir a viaxe; entre outras cousas porque nunha terminal morren todas as vías e ademáis con información tan valiosa só hai dúas opcións: ou dar media volta ou quedar a ver de que vai iso.

angola dixo...

Pois mira que ben, a curiosidade sempre incentiva a aprendizaxe. Vexamos. Niso que chamamos España hai catro idiomas perfectamente delimitados, de Occidente a Oriente e de Norte a Sur: galego, éuscaro, catalán e castelán. Se segues os vídeos, o 3º déixao clarísimo cunha voz en off tremendamente simpática, e ademais en castellano. Todos eles teñen identidade e literatura propias ao longo da historia desde que naceron como variantes diferenciadas do latín (exceptuando o éuscaro, que constitúe un dos grandes enigmas e misterios da lingüística comparada)Pois ben, se Galiza é España, cando falamos galego estamos falando español, ou non? Se Cataluña é España, cando falamos catalán estamos falando español, a que si? Se Euskadi é España, cando se fala éuscaro, estase falando español. Pois vaia papeleta!

Anónimo dixo...

Si, un papelón. Ben, deámoslle a volta á tortilla española. Se falo castellano, falo español, pero non falo galego, nin catalán, nin éuscaro. Se falo catalán, falo español, pero non castellano, nin galego e así etc. etc. Que temos? Un absurdo.

angola dixo...

Si, o absurdo que se deriva da premisa falsa de que o idioma español e España existen. Que é o mesmo que dicir que un idioma está constituído por catro idiomas.

Anónimo dixo...

Entón, deixémonos de tonterías e pachangas e desenliemos o palangre: España é un invento político que necesita dun idioma dominante para existir, ese papel asúmeo unha lingua que non é nin será nunca a nosa. A nosa é a que inventamos nós para traducir con ela o que nos pete e con plenas competencias, a realidade que nos rodea. Ademáis, o castelán non nos vale. É unha lingua pobre para dar conta da nosa diversidade bioambiental e cultural.

angola dixo...

Ui, ui, ui, non perdas ese fío. É interesantísimo preguntarse por que hai tanta variedade lingüística no mundo e por que é necesario preservala. Pero antes hai que aclarar e explicitar cales son as consecuencias da premisa absurda da que partimos, porque con ela é coa que estamos funcionando socialmente, xerando prexuízos, malestar e conflictos inútiles que non levan a ningún lado interesante.

angola dixo...

Ben, pois deste inquedante asbsurdo de España e o español sae unha mentira xigantesca que é o primeiro que se lles ensina aos nenos na casa e na escola. A mentira é megafoniada ata o vómito nos medios de comunicación, en todos, a diario, a todas as horas do día. A repetición desta absurda mensaxe chega a facerse hipnótica. Ninguén se atreve a cuestionala e se alguén o fai é automaticamente considerado pouco máis que de manicomio.
Entón, que merda de cuadro temos?

Anónimo dixo...

Que cadro imos ter? O mesmo menú dende hai 500 anos: imperialismo, dominación, conflicto idiomático e cultural, traumas, malentendidos, prexuízos, xenofobia, complexos de superioridade, etnocentrismos, ninguneos, chulerías....miseria mental pagada por todos e sabiamente administrada polo estado para entretenemento e alegría da poboación de 1ª clase, a clase dominante, a cultural e idiomaticamente privilexiada. Os señores monolingües castellanos que aínda teñen a desfachatez de acusarnos de lingua bífida.

angola dixo...

Entón, querido amigo, parece que hai máis clases privilexiadas que as que se derivan da posición económica e da preparación académica.

Hai alguén na revolución de indignados que teña reparado nisto? Eu non notei aínda que se cuestionase a gran montaxe que representa o invento España. Todo o contrario, parece que o concepto sae reforzado desta macanada "sen ideoloxías" que dá por sentado unha mentira xigantesca.

Anónimo dixo...

A mesma mentira e o mesmo cadro témolos en Francia, en Italia, en Inglaterra e en toda a Europa xenófoba; grazas á xenofobia europea, hai en todo o planeta linguas que dominan (sen ser necesariamente maioritarias) e linguas minorizadas (ás veces faladas pola maioría da poboación)que subsisten resistindo submerxidas nas sociedades que as inventaron. A LINGUA É COMPAÑEIRA E INSTRUMENTO BÁSICO DO IMPERIO.

angola dixo...

Si, unha gramática e un biblia para liquidar pobos. Hoxe non é necesario. Hai tecnoloxía máis drástica.

Só nos queda agardar que a ninguén se lle ocorra que a revolución é internacionalista e non ten idioma. Porque entón si que estamos aviados. Xa nos vexo a todos ou comunicándonos xestualmente ou aprendendo inglés nun curso acelerado da BBC.

Boa mañá, meu.

Anónimo dixo...

Igualmente, Angola. Alégrame poder demostrar contigo que a rede vale para algo maís que para xestionar un puticlub.