19/10/11

MARÍA MARIÑO: Palabra no tempo





Apachennov (Eugene Soloiev)
Despois da última caída




Tiven medo de vogar
tiven medo da auga clara.
Anque fora cuns bos remos
anque fora na mar calma,
non vogaba! non vogaba!

O medo xa non sei del,
xa secou aquel mar longo.
E sen saber de onde veu
se é doutro ou é meu,
navego nun mar de fondo.

MARÍA MARIÑO: Palabra no tempo, 1963


Ningún comentario: