Sen dúbida haberá outra mesa
Tintes de herbas esparexidos sobre feixóns nepenteanos;
touros sudistas pousan en cenoiras de Hesiodo;
Lebre estofado de astrólogo visionario;
Talco e corazón de golfiño mesturados pranto canguroniano;
Cabaleiros hispanos esgrimindo piadosos garfos;
Cociñas holandesas, cociñeiras de rosadas meixelas,
Natureza morta de parrulos e coellos
Moreas de prateado peixe, vastas tortas de laranxa;
Cazolas de Global Rex cuspindo lava coma tolas-
O granxeiro endexamais me amará,
Aliméntame sen propósito
Eu non quero comer
Coa consciencia do seu trigo;
A miña ansia polo coñecemento do amor
Rexeitou a súa asasinada carne-
Fame! mísero axente da morte
Se hai algo que me faga madurar, ti!
Unha irmá de cinco días facéndome papel.
Máis triste que a Última Cea
Non como nada
- A melancolía aprende a morrer de fame
E mesmo se comese
-A man dende o absurdo da sopa
Chega ao esmalte da boca
Non hai aí moita beleza
Provisións en Wisconsin
Insuficientes cando teño visións leiteiras absolutas a diario:
Ovos de pana, queixo de moucho, manteiga de paipa,
Leite de pelotón de execución;
O granxeiro endexamais me amará
Nin eu a el,
Antes prefiro pasar fame
Que colaborar na súa matanza de polos
Asistir a súa feira de Estado
Ou follar á súa famosa filla.
Dado que comer en restaurante pode chamar a atención
E eu xa non son un rapaz para apoiarme contra o escaparate
E furgar no nariz larpeiramente;
Porque agora os meus ollos están tristemente fixos no prato
E envexan dos comensais o seu fabuloso chío de
VEÑA VAIAMOS A OUTRO LADO COMER!
Si, comede! comede!
Marteleade as vosas costeletas de porco con golpes de amor!
Quero dicir, marteleade as vosas fantásticas queixadas!
Cada grolo para ruxir a graza do voso doce puño!
Fóra coa mesa!
Aterrorizade os lisos pratos! As grosas culleres!
Ou raíces de momia! Estomáquico horror de Thoth!
Augh! comede un filete de piñeiro! Unha torada de picea! Cocede rochas!
Quen soña con matar a paus un observador
Nun campo, de magníficos chícharos.
Eu non son un triste cazador do que como.
É cuestión de Deus o denegar a alimenticia ka de Exipto
O tenreiro que nunca mira cara ao Oeste.
E ben sei que algunhas comidas son demostración de rexeitamento
Osiris, a ti me uno! sen ser percibido polo ollo da tenreira.
-Niza, 1957
Venecia, 1958-
Como! e ben!
Galloupo aos anos antigos
e apaño menú dos cachorros-
Cabezas tocadas de azul cociñan a dozura do sangue!
Ah, banquete veneciano!
Unha cociña tal que me sinto exultante de comer!
Carnes azucradas! Linguas de porco teixo! Guarnicións Chinesas!
Ofrezo a miña cerimonia ao pato recheo de laranxa.
Enorme mosca, dou forma á túa forma para a forma dunha boca!
O xuramento do bardo é unha falacia; canción do solpór
Xoguetón mandolineiro de sombreiro emplumado ho-ho!
Galgos coa ollada fixa baixo os pés de puntas enxouxeradas-
Comede, comede! A mesa debe desaparecer!
Amarro a lingua! laño as miñas tripas!
Patas de ganso flúen dos meus ollos!
Afundo as miñas mans en graxa de mono!
O prato vén abaixo nunha avalancha!
Leóns asados, camelos á grella, raposos africanos gratinados,
Cadeiras frixidas, colchóns escalfados, granxas estofadas!
Ou a miúdo cantei a cantidades de asado, moitas cancións
E aínda así con medo a comer máis-
Beixos máxicos para a cociñeira que me guindou de malos modos trigo salvaxe!
Esta noite unha cama de palla; agradecemento e desexos de vivir;
Recupero o perdido anque estea engordando!
Cando esta mesa desapareza
Cando o inevitable lobo atravese a porta
Non dubidaría musicar a miña eterna merendola á rosada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario