31/05/11

PAROLE...PAROLE...PAROLE




Pero mira que é guapo o Celentano!
O meu tío Nito é cuspidiño!
Así, no físico e no estilo.

É o dolce far niente do Morrazo,
todo o día de festa e a poñer discos no tocata
a todo volume
para toda a parroquia
o domingo pola mañá
mentres o cura dá a misa
e os papaostias comulgan.

E nós
os sobriños todos
a bailar arredor del
mortos de risa.

Aclaro que á Península do Morrazo
chegaron os turcos (varias veces)
(e os sicilianos)
e arrasaron
e algúns
deberon quedar
ou deixar algo importante
porque
hai un sector da pobación
así, morochos
e moi festeiros
que pasan o día
de brincadeira
e cando morre un visiño
son quen de poñer
rancheras a todo volume
para darlle unha despedida

como é debido
ao finado.

paraulas...paraulas...paraulas


AQUÍ darás cunha simpática animación sobre a trama urbanística en Mandril. Está datada no ano 2003 pero creo que goza de dolorosa actualidade na única gran urbe mundial metropolitana.

Teño o día saudoso e non hai que facerlle, AQUÍ outro tema que debería ser auga pasada, pero non.

Ningún comentario: