10/05/11

OBREIROS DA POESÍA



1


O noso traballo verbal


" Tanto a poesía como a prosa dos antigos estaban igualmente alonxadas do discurso práctico, da xerga das rúas, da linguaxe exacta da ciencia.


Nós esparexemos ao vento o vello po verbal, facendo explotar  os entullos de ferro da antigüidade.


Negámonos a admitir ningunha diferenza entre a poesía, a prosa e a linguaxe práctica.


Nós coñecemos a única materia prima da palabra e traballámola con método. Traballamos para organizar os sons da lingua, a polifonía do ritmo, para simplificar as estruturas verbais, para puntualizar a expresión lingüística, para crear novos instrumentos temáticos.


Todo este traballo non ten para nós unha pura finalidade estética, senón un laboratorio para poder expresar da mellor maneira posible os feitos do noso tempo.


Non somos sacerdotes creadores senón obreiros que executamos unha proposta social.


Aseev: tentativa de levar a cabo un voo verbal ao porvir.
Kamensky: xogos de palabras en toda a súa sonoridade.
Krucenych: tentativa de usar a fonética da xerga para dar forma a temas antirrelixiosos e políticos.
Pasternak: utilización dunha sintaxe dinámica para un asunto revolucionario.
Tretjakov: tentativa de construír un ritmo que organice a espontaneidade revolucionaria.
Chlebnikov: conquista da máxima expresividade coa linguaxe falada, depurada de toda vella poesía académica.
Maiakovski: tentativa de ritmo polifónico nun poema de amplo respiro social.
Brik: prosa lacónica sobre un tema actual.
Wittvogel: tentativa dun teatro de axitación comunista sen caer no misticismo revolucionario de Kaiser-Toller"


Vladimir Maiakovski: Poesía e revolución








2


( Octavio Paz escribiu hai moitos anos
unha frase que me ía servindo de bandeira,
entre a negra e a vermella " La revolución 
que viene es la fiesta, el principio del principio 
que regresa". Pero agora creo que xa non lle
interesa o principio dese regreso. E 
podo perverterlle a súa frase: " A Revolución
que vén é a de Chiapas, as vítimas maias
do principio que se rebelan, regresando a
un futuro desexado..." Todos somos Marcos!
Todos EZLN, nas selvas Lacandonas do que
nos foi prohibido!...)

Lois Pereiro: Poesía última de amor e enfermidade  1992-1995

2 comentarios:

Anónimo dixo...

o problema que ten a poesía obreira é que hai moito carallán que pasa o día cantando " fago que fago versos pero non fago versos ni farrapos de gaita porque non fun á universidá que preferín facerme antitodo e libertario ja, ja, ja, ja " e xa teñen coartada para si mesmos.

angola dixo...

Non sexas tan duro, hipocriland. Todos cometemos erros. E ninguén está en condicións de cantar ningunha vitoria. Vai á manifa o 15 de maio e une a túa rabia coa de alguén para que no paredón empecen a nacer grechas que posibiliten o imposible.