12/06/11

ALTA CALIDADE / PABLO DE ROKHA









margaridas en infinitivo para ...
quen non quere aprezalas


prender lumieiras con diamantes ( enchelo todo de lixo, volverse tóxico)


devorar de aperitivo as últimas sementes (colaborar no extenuamento e esgotación de todos os recursos dispoñibles)


morder a man de quen che dá de comer ( incapacitarse para dar grazas)


pretender ser deserto sendo oasis ( negar a propia soberanía)


terxiversalo todo para non rendirse  á evidencia ( facer o tolo)


alegar ignorancia para eximirse de responsabilidade ( cuestionar mesmo o máis elemental sentido común)


asumir a memez como un mérito ( negarse a medrar)


pretender que as vacas son verdes porque comen herba (publicitar dieta vexetarian sendo deprededor de enerxía allea sen consentimento do outro)


comer merda e dicir que está moi rica ( que che mexen  por riba e dicir que chove)


xogar a dar lástima ( pobre de min)


exhibir superpoderes ( pasarse de listo)






maldigo a todos os cabróns que renegan do traballo dos obreiros, dos mariñeiros, dos mineiros e dos labradores, porque da súa suor estamos vivindo todos. maldigo a todos os listiños que van de libertarios e son vampiros da debilidade humana. maldigo a todos os creadores que único que saben facer coa súa enerxía creativa é reproducir a merda tal e como pensan que existe na realidade. maldigo a todos os eunucos que se regodean na desgraza allea en vez de intentar paliala. maldigo a todos os depredadores que aínda porriba van de dieta vexetariana.....que a falta de proteínas vos precipite no inferno de onde nunca debestes ter saído.


manifestación de prostitutas coreanas
ata os ovarios da explotación
do seu sexo
para animar os carallos tetrapléxicos
de varóns castrados