09/08/11

MAS DELO MISMO...PARA VARIAR!






INSISTIMOS: O ESPAÑOL NON EXISTE


España tampouco
Versión para discapacitados siconíricos...para variar.
Versión emo desprovista de carga emotiva. Puro rigor científico.
Obxectividade total. Raiando no obsceno de laboratorio.


Versión sicotrónica ofisial
para súbditos en bólas
con embolia emocional.
Pura eficiencia mental.






A joderse, tío, en Arxentina tamén teñen problemas co castellanoespañol, eles prefiren o lunfardo. Quéixanse de que para escribir en correcto teñen que facelo como se estivesen nun puticlub madrileño. 


REFRÁN: A culpa non é do porco, é de quen lle dá de comer.


matadores e matados in http://www.envolventesaspalabras.info/









12 comentarios:

poesiapopi dixo...

Todo ben?

angola dixo...

por aquí andamos, aclarando palangres á luz da lúa chea. Vese todo como se fose de día, pero aínda non enmallou ningún congro. O que si entran son as luras. Mañá toca guiso de luar. E a ti, como che vai?

poesiapopi dixo...

Que nin diola. Botei o día no mar, estáseme poñendo cara de caramuxo

angola dixo...

Cara de caramuxo? Iso ten que ser brutal!

poesiapopi dixo...

Que va! Se acabo de verme no espello e teño un ton acarbonado monísimo!

Oes, o do vídeo parece que fala de cachondeo, non?

angola dixo...

Vai ti saber. Neste país nunca se sabe ata onde chega a broma e cando empezan os tiros. En fin, o tema é duro, entre outras cousas porque semella un puto tabú. Eu creo,sobre todo pola parte final, que iso de que o español son catro idiomas non o cre nin el. Pero o resto está ben plantexado.

poesiapopi dixo...

Sabes que xa alguén propuxo o galego como idioma panrománico?

angola dixo...

O galego como idioma panrománico? E como, baseándose en que?

poesiapopi dixo...

Na capacidade que tivo de preservar fórmulas latinas pouco evoluídas ( o famoso trazo arcaizante) e no seu sincretismo. Ti, que xogas ás veces co minimalismo expresivo, xa te decatarías.

angola dixo...

Claro que me dei conta do potencial incrible que temos con poucos despregues na expresión. Tamén me decatei das similitudes asombrosas co francés. Pois a min pareceríame un milagro que se consensuase unha especie de esperanto románico, sexa ou non de base galega. É unha idea magnífica e ademáis moi viable. Polo menos para a expresión escrita.
Que ben que apareciches, Popi!

poesiapopi dixo...

Alégrome que che agrade a idea. Repito que non é miña, algo escoitei por aí. Boa noite, Angola. Disfrútaa que coma estas hai poucas.

angola dixo...

Boa noite, Popi. Será sempre un pracer verte por aquí. Ata cando queiras.