VIVIR DE MOKA
Carameliño
para listiños
pasados de rosca
pura
bruxaría
quero caer tan baixo
no teu ranquin namoratorio
como me sexa posible
e xa nunca máis me erguer
como non sexa
para darche o finiquito
a pagar en efectivo
o sexo convértese
en pornografía
cando se fai del
un negocio
para non traballar
e así
vivir
do
conto
a conta de
outros
&
que traballen elas
que eu cobro
jijiji/jajaja
&
con pallas cable
fanse
os
palleiros
para acabar dunha vez coas mulleres
sen precedentes
a conta de
outros
&
que traballen elas
que eu cobro
jijiji/jajaja
&
con pallas cable
fanse
os
palleiros
para acabar dunha vez coas mulleres
sen precedentes
3 comentarios:
cantos chiquilicuatros non estarán forrándose a conta de nós, os cableados. Puaf! dá noxo só pensalo.
Non me vou privar de mencionar aínda un detalle máis que noxento: aterrizo casualmente ás veces en presentacións fotográficas con mulleres novas espidas ou semiespidas que dalgunha maneira pousaron para unha cámara conscientes do que facían. Ben, pero no medio desas imaxes aparecen tamén imaxes de nenas que dubido moito que desen o seu consentimento. Alén diso hai graciosos ou graciosas que se adican a tirar fotos en praias nudistas para despois metelas en presentacións fotográficas na rede, naturalmente sen consentimento ningún por parte dos e das fotografiadas. É vomitivo. Sobre todo porque estou segura de que quen iso fai é un reivindicador nato das prácticas nudistas, contra as que non teño absolutamente nada en contra. O que si me fode é tanta capacidade de autoengano e de manipulación. E que aínda por riba nos tomen de imbéciles.
O verbo tomar, debe tomarse literalmente porque me consta que este caderno foi tomado algunha vez como tapadeira desas presentacións por algún mago de enlaces sicodélicos que á final o que está é gañando a vida insultando a dos demáis e aproveitando que está moi de moda e queda moi ben descalificar o traballo que facemos os que temos a fortuna de traballar sen devorar nin usufructuar de ninguén. En fin, é o nivel gregario que hai nesta España de ovellas e fodechinchos.
Publicar un comentario