21/05/12

Lixo atómico













  • COLECTIVIZACIÓN DA MORTE EN MASA a moi pero que moi longo prazo. Negociazo para a industria funeraria, o que non sabemos é quen vai contar as ganancias nin en que condicións o fará, nin para que carallo as quere.
  • CLONACIÓN POR XERACIÓN ESPONTÁNEA DO SILENCIO MORDAZA entre os sobrevivintes que naufragarán nun mar de dúbidas sobre este ou calquera outro tema. Sospeita xeralizada de que aquí non safa nin a caridade.
  • CULTIVO INTENSIVO DA IGNORANCIA PROGRAMADA en plans de estudos que nada teñan que ver con e alenten a ilusión de que un sempre pode colocarse entre os mellores ou mentalización progresiva de que o mellor é deixarse ir na avalancha do pelotón dos torpes onde nada do que sucede ten absolutamente que ver comigo
  • NEGALO TODO, OBVIALO Política intensiva de feitos consumados.
  • HIPOTECADO O FUTURO POR DIRIXENTES SEN CARA, plan de deshaucio:
  1. auga imbebible a prezo de ouro. 
  2. terra estéril, de comida metacrilato liofilizado. de postre un parrafeo en facebuk e de merenda un tuiteo. nada de libros
  3. chuvia ácida intermitente. misteriosa desaparición dos paraugas da vida pública. calquera paraugada privada será considerada ilegal
  4. petrificación da masa visguenta dos caracois para a súa posterior museización e visionado en 3D
  5. reconversión dos peixes híbridos resultantes das mutacións sen control en escamas fosforescentes con sabor a aletas de neopreno para fariña comprimida en cómodas cápsulas de penso para o gando e para todos aqueles que insistan en facer o ganso ración única de paté de fígado de bacallau deprimido
  6. neve cálida e sobre todo calada
  7. programación minuciosa das vacacións dos que se coidan privilexiados en doses controladas de satisfacción. material base para a reprogramación
  • REPRESIÓN DE CALQUERA TIPO DE PROTESTA CON OSTIAS DE GOMA CONSAGRADA
  • PROHIBICIÓN TERMINANTE DE CALQUERA TIPO DE SENTIMENTO DE FELICIDADE que non estea regulada pola farmacia con presentación de receita previo pus mental con evidencias tanxibles
  • AGOCHAMENTO DE TODO RESULTADO QUE DEA NEGATIVO en calquera tipo de estudo ou investigación
  • ENTERRAMENTOS CON PROCEDEMENTOS ALTAMENTE TECNOLÓXICOS E SOFISTICADOS NO NÚCLEO TERRÁQUEO. MIRAR A VER QUE PASA. Os que veñan detrás que se safen.
  • CONCLUSIÓNS CATEGÓRICAS E CONCLUÍNTES: SE NON PODEMOS VERQUER OS BIDÓNS AO MAR, SUPRIMAMOS OS BIDÓNS. En Bretaña estanse verquendo resíduos nucleares directamente ao mar por medio de tuberías chulísimas e NON PASA NADA! Se total alí a auga está moi fría e non se baña ninguén! E os peixes? Nada! nin se enteiran!
  • PAUSA PUBLICITARIA: " Búscanse patios de luces abandonados para a construción de minicemiterios nucleares. As comunidades de veciños sairán economicamente moi beneficiadas, moito máis que coas aparatosas instalacións de antenas para telefonía móbil. Teñan sempre presente que isto só é un enterramento, que non se ve nada e ademáis consideren o gratificante que debe ser durmir ao quentiño enriba dun polvorín"
  • POIS ALA! XA QUEDAN INFORMADOS. QUE NON SE DIGA QUE NESTE MUNDO ANDAMOS CON CHIQUITAS Á HORA DE FACER CIRCULAR A INFORMACIÓN. 

Para máis información, en vez de perder o tempo mirando para o tv, bótelle unha ollada a algún vídeo sobre o tema se é que aínda non decidiu apagar dunha vez por todas o bendito ordeñador