28/05/13
OS SICÓPATAS NEGOCIAN CON ARSÉNICO
Un só gramo de arsénico pode matar varias persoas
e para extraeren o ouro da terra
necesitan usar toneladas dese veleno.
O inimigo está aquí,
goberna cos nosos votos e coa nosa compracencia,
destrúe o noso territorio,
e dános de comer ostias contaminadas e contaminantes.
Usan o noso patrimonio en pedra
como postes para os seus anuncios noxentos,
os nosos montes
para zonas de adestramento de cans de caza
e como vertedoiros descontrolados.
Mentres
a radio e a tv autonómicas
fan publicidade dos velenos químicos
como algo positivo
para a terra e a xente,
recomendan aos pequenos propietarios
que confíen en ENCE
como comprador seguro
da madeira de eucalipto,
vivo ou asado, tanto ten
falan de capital humano,
mercantilizan todo,
e diríxense aos espectadores e oíntes
como se fosen idiotas
no medio dun bombardeo publicitario
imbecilizante, imbecilizador e paralizante
As nosas AUTORIDADES AUTONÓMICAS sofren de catatonia aguda,
de vampirismo abrouxante,
de baba perpetua
de cobiza asfixiante.
Señores, este é o vello reino dos MOINANTES.
Estanse recollendo asinas en contra da explotación mineira contaminante en change.org
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario