30/11/11

TREBOADA SEN PANTALÓNS

lenda sobre o fascismo e as bonecas inchables






Señores,  consumidores varóns,
PROMÍSCUOS BARÓNS 
de monóculo mental bipolar,
queremos ofertarlles unha gran promoción:
A BONECA INCHABLE!
rechea de aire, toda ela son vantaxes:
  • non deixan pelos
  • están sempre caladas
  • a cabeza lévana de floreiro e nela é incapaz de agromar nin unha soa flor
  • veñen limpas de celos ou de calquera outro sentimento de Poseidón
  • pódense socializar e facer delas un uso comunal
  • adoran ir ao hipermercado en coiro vivo e con tacóns
  • se vostede é fetichista, hainas con bragas amarelas incorporadas
  • nunca aparecen de repente
  • un sempre sabe o que fan sen necesidade de telefoneos
  • se se coidan, duran para sempre ( recomendamos as de plástico-látex hiperelástico)
  • nunca fallan
  • son un investimento para toda a vida
  • constitúen a máis tenra herdanza que vostede poderá deixar..... a un sobriño, por exemplo.

Se vostede ten crédito abondo, poderá adquirir en cómodos prazos un paquete especial con media dúcea e formar un humilde harem doméstico, unha para cada día da semana, e o Domingo a descansar de tanta felicidade adquirida practicamente pola cara bonita.

Considere seriamente a nosa oferta
e, se atopa algo mellor, 
devolverémoslle os cartos
ou un cheque regalo
que poderá vostede intercambiar
por calquera outro produto
do noso SEX-SHOK.




Ningún comentario: