20/09/11

A PROBA DA AUGA

Entón dixen para min:
Os únicos poetas que me interesan
son os que levan con coidado
con mans nerviosas
un cunco cheo de sangue
no que caeu unha pinga de leite
ou un cunco cheo de leite
no que caeu unha pinga de sangue...
Iso xa está visto, agora quero ver
o firme asimento dun cunco cheo ata os bordos
de auga de manancial.


GUNNAR EKELÖF: Non serviam, Antoloxía Poética



enlaces a outros textos de Gunnar Ekelöf
Dríade: Voo618
Poesoños: Caixadepandora
22: Voo618




6 comentarios:

seara dixo...

E a min os únicos poetas que me interesan son os que se negan a facer eco na cadea de amplificación do odio. Quero dicir, os que falan como e para as persoas, non desde e para as ficcións colectivas.

angola dixo...

Colectivismo e aleccionamento é o último que nos fai falta nesta cultura depredatoria de masas.

poesiapopi dixo...

E caos. e incertidume, e ganas de amolar, e compra-venda de intimidades para agochar os escaparates da usura, e dobres fondos, e carencia de autenticidade e de obxectivos, e autopublicidade morbosa, e enmerdamento sistemático de todo o que non engorda o ego,e egolatría disfrazada de colectivismo e preocupación social, e primeiro yo, despois yo e se queda algo para yo, e yo-yos humanos que non se soportan a si mesmos ni aos demáis, e tipos fantásticos fan-fan, e bonecas inchables, e tontería a toneladas...si, é o último que nos fai falta e o único do que andamos sobrados, non si?

orola dixo...

Carai! hoxe Popi está inspiradísimo e indignadísimo. Iso está ben! Hai na rede tanto detritus que cumpriría unha web con dominio propio e toda unha vida para enchela para dar boa conta. E xa non digamos na realidade fóra da rede. Pero, evidentemente, a poesía non debería limitarse a rexistrar a infamia. Ten que transcendela, e Ekelöf faino dunha maneira...fabulosa! Os grandes sobrevoan os tellados da usura e o seu canto é libre.

Mikel Caverna dixo...

no conocía el autor, apunto pues!
Saludos

orola dixo...

Disfrútao, Mikel. Un auténtico artilleiro da linguaxe que sabe dar no centro das emocións. Saúde e Terra, amigo.