11/09/11

SULTANOLANDIA



SÓ  DA AREA


APUNTAMENTOS DENDE SULTANOLANDIA
Acabo de ler na rede un pequeño informe fantasmal e pantasmagórico sobre unha megaerección mental que mete medo e dá bastante pena, mesmo parece que está redactada co pene.
Coméntolla ao meu amigo, o Indiofernándes, que non sabe ler nin escribir. E pídeme por favor que copie o que me vai ditar a continuación en galego estropagoso, porque está de resaca e  ten vontade de usar un idioma que non sexa demasiado internacional, non vaia ser que algunha alta torre veña abaixo e levemos todos outro susto

Agardo quezte zeñó hiperdezenvolvido zezualmente non reciba a vizita 
milagroza dunha novicia cantando eztilo gregoriano.
A zúa reakción pode zé máiz que previzible, aínda que dubido que dezpoiz de pazá pola quilla unha vampideza e unha tenra infanta lle quede aínda potencia pa nada máiz. Claro que o falá non ten cancela e a vampideza eza e a mociña non deben ter máiz entidade que a literaria. E za non digamoz o repertorio de suztancia peleona que lle meteu. Algunha creo que nin apadece no manual de ezcojotao, que é o máis ezauztivo que coñezo. Pedo po dió, como ze pode coá nun tezto unha nena follando e aquí non paza ná?. Como ze pode traficar con imaxes( zezan ou non literarias) de zexo con neno e adolecente con tanta alegría? Hai que eztá domao, hipermegacivilizao pa concebir eze enxendro e penzá que o imo tomá con indiferenza coma quen toma café decafeinao. É irritante e xega a dezquiciante penzá que noz poden vendé eza merda como anarquía. Debe zé a anarquía de granxa comunal, con erecciónz dezcomunaiz!

firma: Indiofernándes


A redactora non se fai responsable do ton e o estilo empregado neste comunicado, e moito menos da variante lingüística utilizada. Agora si, apoia a maior parte das teses que o Indiofernandes manexa; é máis, a autora , agora xa si, vai implementar da súa colleita o que aquí se defende. Aí vai:



SULTÁNS SOLTOS
En cuestións sentimentais
nunca é recomendable darlle cancha a un sultán
Hai unha chea deles soltos
Desprezan as mulleres
Envexan a súa capacidade ilimitada de pracer
E aseguran que para estar completas
Necesitan do falo masculino
- que inxenuidade!-
Nunca perden ocasión de ningunealas
Sen reparar en medios
E cando as súas dignidades
Se rebaixan a falar con elas
Trátanas como se fosen
Imbéciles de nacemento
Quede ben clariño que falo de homes
Con actitudes sultanescas
Non do resto
Que seguro que os hai
O caso é dar con eles


Ben, se alguén ten novas de Ben Laden, por deus! que as comunique.


sicocartografías: VAI FRÍO E HAI PINCHOS



6 comentarios:

orola dixo...

No meu barrio, cando era pequena, sempre dabas con alguén que tiña un can chamado SULTÁN, o noso chamábase ZAR, e un hippi que vivía a carón nosa tiña un moi simpático chamado TROTSKI. Os referentes da onomástica canina dan para un bo ensaio. E as actitudes sultánicas neste país de fritanga pura e dura tamén.
Como mola o Indiofernándes, Angola. Alégrame que esteades en contacto sicotrónico.

poesiapopi dixo...

Upalas a sicotronicidade e os micróns. Unha brinde por Einstein( que estiven pensando só lle falta un Frank diante para dicilo absolutamente todo dunha vez) e outro pola vulgarización e difusión e divulgación da física cuántica para amadores en vías de natación! Como vai o conto, camaradas de verdade?

angola dixo...

O conto vai que zarpamos de novo, compañeiro. Que emoción! mañá cando saia o sol e todas as súas sombras, nós estaremos xa navegando rumbo a ningures, con todas as velas inchadas e unha gana de farra e de poñerlles caretos aos tiburóns, que xa nin nos temos só de pensalo.

Despedídevos de quen teñades en terra. Antes de nove meses non voltaremos. Nada de latas!

seara dixo...

Onde topaches ese texto asultanado do machote follando a toda pastilla,ata coa pantasma da súa tía nos anos mozos, Angola?

angola dixo...

Pois no sitio menos esperado, nunha WEB moi revolucionaria(vía libre indignación, cara al sol, libertaria e aínda porriba moi salvaxe). Parece que a palabra anarquía está tan chea de merda que mesmo os que van de anarquistas limpan o cú con ela. E fan do concepto un pozo negro onde van parar todos os detritus. Cousas da Península dos carallos campantes.

Anónimo dixo...

Si, é unha palabra tan ancha que lle pode vir ben a calquera para xustificar toda aberración.