Os dentes esfameados do ollo
cubertos de feluxe de seda
abertos á chuvia
todo o ano
a auga espida
escurece a suor da fronte da noite
o ollo está pechado nun triángulo
o triángulo sostén outro triángulo
o ollo a velocidade reducida
mastiga fragmentos de soño
mastiga dentes de sol dentes cargados de soño
o ruído ordenado na periferia do resplandor
é un anxo
que serve de pechadura á seguridade da canción
unha pipa que se fuma no compartimento de fumadores
na súa carne os berros fíltranse polos nervios
que conducen a chuvia e os seus deseños
as mulleres úsano a modo de colar
e esperta a ledicia dos astrónomos
todos o toman por un xogo de pregues mariños
aveludado pola calor e o insomnio que os colora
o seu ollo ábrese para o meu
e non hai ninguén non sendo eu que teña medo cando o mira
e me deixa en estado de respectuoso sufrimento
alí onde os músculos do seu ventre e das súas pernas inflexibles
se atopan nun rebufo animal de hálito salino
aparto con pudor as formacións nudosas e a súa meta
carne inexplorada que polen e suavizan as augas máis subtís.
TRISTAN TZARA: De nos oiseaux
Colectivo audiovisual Zerkalo: Dadá renace de las cenizas del Tercer Mundo

Ningún comentario:
Publicar un comentario