18/09/11

AI, O AMOR! (10)



AMOR CARNAL
Gusto desmedido polos filetes de peituga de polo de granxa da periferia

AMOR ZOTAL
O que mata parásitos do presente, do pasado e do futuro.

AMOR SUECO
O que tende a pirarse

AMOR ROMANO
O que ten barriga prominente e cae de cú ao mínimo espasmo

AMOR/ODIO MACHISTA
O que ve nunha muller un polo desplumado xa limpo por dentro, listo para o consumo.

AMOR PASMÓN
O que pensa comer espaguetis recén caídos das árbores

AMOR DE NOIVO
O que casa para dar caza a un soño que deriva na casa dos pesadelos

AMOR ETÉREO
O que se ex_fuma sen graves incidencias

AMOR TOTAL
Amor por todo menos polos curas e os sultáns

AMOR FRUTAL
O que converte toda mazá en peras


nin a xenofobia
nin a misoxinia
nin os tiros na noca



2 comentarios:

seara dixo...

Ocórreseme, Angola, que este glosario podería continuar ata A EXTENUACIÓN DE TODOS OS RECURSOS DISPOÑIBLES. Cita textual deste caderno.

angola dixo...

Non, non. Textualmente di ATA A ESGOTACIÓN E EXTENUAMENTO, cita ben.