http://listen.grooveshark.com/s/Vienes+Pidiendo+Guerra+tientos/3nz37w http://es.wikipedia.org/wiki/Wilhelm_Reich http://www.orgoniteplus.com/ |
Granada estoupándome nas mans AI, GUERRA, GUERRA, GUERRA!
Póñome a trancribir unha carta de amor total que Fernanda lle manda a un seu curmán da alma. Como a tecnoloxía do imperio o permite, adhírolle banda sonora contundente na voz da de Utrera en ritmo de tiento, tentando o demo. Así que empeza a soar a música o rato-mouse vólvese tolo e o cursor empeza a palpebrexar pola pantalla a un ritmo frenético, incorporando un estraño baile cinético á composición multisensorial. É o que ten andar facendo xitanadas, todo acaba patas arriba (1). Isto pásame por andar pedindo guerra!
|
que coas patas dunha araña
fago muíños de vento...
(2) Chiste de Navidad...Navidad...dulce Navidad:
Van dous xitanos na Noiteboa por un camiño, van pola noite á amorosa luz das estrelas e ven algo estraño no firmamento:
- mira...papánoé
- ai! pos mama tampoco!
(3) Chiste patético
Están dúas galiñas aburridas cacarexando no galiñeiro masificado dunha fábrica de carne branca. Chove e vai moito frío e aínda porriba vento. Conseguen milagrosamente acercarse a unha ventá aberta e unha suxírelle a outra que podían tentar escapar antes de que apareza o humano que as levará ao matadeiro. Sabes cal foi a resposta da segunda galiña? TU ESTÁS LOCA, SI SALIMOS AHORA COGEREMOS UNA BUENA GRIPE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario