05/02/11

SINTONIZANDO FÓRA DE COBERTURA


Procesando interaccións…………………………

Sintonizando procesos interactivos……………….

Procesamento de interacción é todo o que sempre sintonicei

Non podo sintonizar nada…agás…procesamento de interacción

procesamento de interacción!
procesamento de interacción!
procesamento de interacción!

Unha vez que te acostumas a pensar en termos de sintonizado / non sintonizado todos os problemas da filosofía a cerca de ser e non ser e de máis parecen absolutamente absurdos. Nós non sabemos que cousa é ou que cousa non é. Todo o que sabemos é o que sintonizamos ou non sintonizamos. Se levas un rexistro do que sintonizas iso é do que podes falar de modo significativo. Do que non sintonizaches, soamente podes facer conxeturas. Ou ruídos ou garavatos ou xesticulacións frenéticas. Pero non podes saber nada sobre iso. Soamente coñeces o que sintonizaches. Agora, se non o sintonizaches, non é necesariamente inexistente. Simplemente non está sintonizado. Velaí o problema de ser e non ser que os occidentais estiveron debatendo durante os últimos 2.500 anos. Ninguén sabe nada a cerca de ser ou non ser. Todo o que sabemos é o que sintonizamos.





O OUTRO REFLÍCTEME A MIN
O OUTRO É A MIÑA TESTEMUÑA
O OUTRO COMPLETA O MEU EU
O OUTRO DÁME A CLAVE DA PERCEPCIÓN DA UNICIDADE DO SER


CANDO FALAMOS DO SER E DA CONCIENCIA APUNTAMOS AO EU
CANDO FALAMOS DE  G O Z O  IMPLICAMOS AO OUTRO

8 comentarios:

http://abebedorespgondufo.blogs.sapo.pt/ dixo...

Me gusta tu blog.

angola dixo...

ah si? pois a cervexiña parece que lle gusta tamén. Muito obrigada pelo seu comentario,señor bebedor.

Khuai dixo...

Las ideas se extienden como la pólvora.

angola dixo...

A ver quen prende a mecha! Agardo que se iso sucede, señor Khuai, non teña nada que ver contigo, non si?

sociedaddediletantes.blogspot.com.es dixo...

A mí también me gusta: la sintonización me ha encantado, y tu uso de la tipografía. Saludos que me voy a tomar unos vinos

angola dixo...

Caramba! parece que a sintonización atrae efluvios etílicos, agardo que moderados. Nada máis lonxe da miña intención que xerar problemas hepáticos entre a poboación.
Grazas,Diletantes SL e Casilda pola vosa consideración. Saúde a tod@as.

JAUS dixo...

Yo también pensé en tomar vinillos cuando leí la sintonizaccione

príncipe xitano dixo...

y yo uno vinilo