05/02/11

PARIDAS SATÁNICAS




PARIDAS SATÁNICAS

Dunha muller de mundo e dun home ferrocaril nace un dicionario políglota.
Dunha muller viaxeira e dun home solitario nace un  mapa en verso
Dunha muller condenada e dun home de xulgado nace un sentimento enclaustrado.
Dunha muller como un tren e dun home de metal nace unha viaxe astral.
Dunha muller asisada e dun home moi normal nace un meniño anónimo.
Dunha muller mullerona e dun home moi homazo nace un neno dun plumazo.
Dunha muller funil e dun home bocoi de viño nace un rapaz feituquiño.
Dunha muller encarnada e dun varón moi viril é capaz de nacer unha granada en abril.
Dunha muller confiada e dun home preguiceiro sae unha tristísima ollada.
Dunha muller sen costuras e dun home cremalleira só pode saír poeira.
Dunha muller-niño e dun home colibrí sae un ovo de alelí.
Dunha muller sen vergoña e dun home apampanado sae un cativo coitado.
Dunha muller caderno e dun home de carbón sae unha maldición.
Dunha muller impetuosa e dun home acovardado nace un acordeón avariado


ET   ET   ET