A ESCRAVA LIBERDADE DE CREACIÓN
Cando unha é creativa, raramente é produtiva
ou metódica
ou puntual
ou previsible.
Non se somete a un método prefixado
e continuamente se atopa con que está fóra de tempo
e non sabe exactamente como vai continuar, nin por onde, nin a onde vai chegar.
En todo caso, o que produce non está destinado ao consumo inmediato, e dar co receptor adecuado ao experimento é unha gran aventura que semella quedar librada ao azar.
Cando unha se pon creativa, déixase levar, non se aferra, ponse guerreira a actuar en disposición nin de ataque nin de defensa; sobrevoa o tempo con ganas de nadar e moitas ganas de gañar.
Cando unha é creativa, empeza por observar pormenorizadamente todos os recunchos do seu ser, mírase de fronte e aguanta a ollada, tanto ten se o espello é cóncavo ou convexo, e, se sae ilesa do chequeo, ponse, abstraída a soñar como non é nada o peso da vida e das cousas que a sepultan, comparado co enorme cargamento de se ver unha a si mesma sen hipermetropías ópticas, hipermetropanfilamente pérfida.
http://sociedaddediletantes.blogspot.com/2010/05/y-yo-te-buscare-por-nostro-mar.html este é un enlace ao poema SOS de Manuel Antonio, versión bilingüe en galego e castelán, así como unha fermosa reflexión sobre as navegacións por ningures.

fotopoema |

5 comentarios:
O último verso do fotopoema é unha paráfrase de Manuel Antonio que pretende ir máis alá. Sen o mar, sen o barco é, por razóns técnicas, imposible que poidamos sobrevivir nós.
¡No hay manera de sacar provecho comercial de una creatividad que no quiere ni oír hablar de ello!
Nada,nada, o mellor deste mundo está fóra das tendas, non se pode codificar en barras e aínda por riba carece de sistemas de alarma. Hai que abrir ben os ollos, señor Khuai.
Sorpresa. Mola.
El oso Yogui y su colega el pequeño, Bu_Bú
coidado co sesto da merenda e con carapuchiña, naf, naf.
Publicar un comentario