29/12/10
INVENTARIO DE PAIXÓNS
INVENTARIO DE PAIXÓNS
Segundo Charles Fourier, o ser humano está dotado de máis dunha dúcea de paixóns básicas que requiren satisfacción, para desenvolverse en harmonía consigo mesmo:
1. O sentido da vista. Paixón polo que vemos.
2. O sentido do oído. Paixón polo que oímos.
3. O sentido do olfacto. Paixón polo que ulimos ou cheiramos.
4. O sentido do gusto. Paixón polo que degustamos.
5. O sentido do tacto. Paixón polo que tocamos.
6. O sentido do equilibrio ou equilibriocepción. Paixón pola verticalidade que nos evita caer continuamente.
7. O sentido cinestésico ou propiocepción. Paixón pola maneira que nos percibimos en relación co espacio que ocupamos ou que percorremos.
8. O sentido termoceptivo ou termocepción. Paixón pola percepción térmica, gozo epidérmico, dor.
9. Paixón pola amizade
10. Paixón polo amor
11. Paixón pola familia / tribo / banda
12. Paixón pola ambición
13. Paixón cabalística pola intriga
14. Paixón voluble pola variedade
15. Paixón composta de combinar os praceres físicos cos mentais
16. Paixón pola harmonía, que unifica as outras....Seguramente hai moitas máis
O temperamento de cada persoa está determinado por unha combinatoria peculiar de paixóns dominantes. A civilización tende a frustrar e perverter as paixóns para domarnos e traernos miseria en masa.
Autores consultados: Fourier, Hakim Bey, Sir Ken Robinson
ADDENDA: Non debemos esquecer que a percepción é un sistema de portas ao mundo que se abren moito ou pouco, por separado ou por xunto, seguindo unha orde ou varias á vez (a famosa simultaneidade sinestésica). O que é inconcebible é que nos obstinemos en mantelas pechadas, incluso con sete cadeados, con tal de non arriscar a nosa precaria estabilidade.
http://amarellesbravos.blogspot.com/2011/01/gran-conquista-de-granada.html
http://caosmosis.acracia.net/?p=672
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
¡Nos vemos en Croatán!
Cuidado que hai indios!
Aa miserias da Civilización desviaron a Tierra e a humanidad do su propio destino nun sentido literalmente cósmico. A Paixón, a cal fomos inculcados a ver como “o mal”, é de feito , virtualmente, o principio diviño. Os seres humanos son estrelas microscópicas, e todas as paixóns e desexos (incluíndo os “fetiches” e as “perversións”) son por natureza non soamente boas, senón necesarias para a realización do destino dos humanos. No sistema de Harmonía de Fourier todas as actividades creativas incluíndo a industria, a artesanía, a agricultura, etc. xurdirán da liberación da paixón -esta é a famosa teoría do “labor atractivo”. Fourier sexualiza o mesmo traballo –- a vida do Falansterio é unha continua orxía do sentimiento intenso, do pensamento e da actividade, unha sociedade de amantes e salvaxes entusiastas. Cuando a vida social da Terra é harmonizada, o noso planeta volverá incorporarse ao universo de Paixón e experimentaranse vastas transformacións na forma do corpo humano, no tempo atmosférico, nos animais e plantas, mesmo nos océanos.
Publicar un comentario