CRISTO BAIXOU
Cristo baixou
da súa árbore espida
este ano
e fuxiu onde
non houber árbores de nadal arrincadas
Cristo baixou
da súa árbore espida
e fuxiu onde
non houber árbores de nadal douradas
nin árbores de nadal prateadas
nin árbores de nadal de papel de estano
nin árbores de nadal de plástico rosado
nin árbores de nadal de ouro
nin árbores de nadal negros
nin árbores de nadal celestes
adornados con veliñas eléctricas de lata
e tíos pesados e pagados de si mesmos.
Cristo baixou
da súa árbore espida
este ano
e fuxiu onde
ningún intrépido vendedor ambulante de Biblias
percorrese os países
nun cadillac a dúas cores
e onde ningún nacemento de Sears Roebuck
completo con neno de plástico e pesebre
chegase por correo certificado
o neno con entrega inmediata
e onde os Magos de TV
non loubasen o Wisqui Lord Calvert.
Cristo baixou
da súa árbore espida
este ano
e fuxiu onde
ningún gordo descoñecido e miña xoia
vestido de franela vermella
con barba de mentira
camiñase facéndose pasar
por unha especie de Santo do Polo Norte
a través do deserto de Belén Pennsylvania
nun trineo Volkswagen
tirado por renos brincadeiros de Adirondack
con nomes alemáns
e cargados de sacos de Humildes Agasallos
de Sacks da Quinta Avenida
para o Neno Deus que cada quen imaxina.
Cristo baixou
da súa árbore espida
este ano
e fuxiu onde
os cantadores de panxoliñas de Bing Crosby
non choromicasen que a Noiteboa é fría
e os anxos de radio City
non patinasen sen ás
nun país de marabillas todo nevado
entrando nun céo de ledas campaíñas
diariamente ás 8:30
con Matinés da Misa do Galo
Cristo baixou
da súa árbore espida
este ano
e procurou acubillo silenciosamente no
ventre dunha anónima María de novo
onde na noite escura
da alma anónima de cadaquén
el agarda outra volta
unha inimaxinable
e imposible
inmaculada Reconcepción
a máis louca
das segundas Boas Novas
Lawrence Ferlinghetti
Ningún comentario:
Publicar un comentario