19/11/10

Unidade do mundo

onda

 FRITJOV CAPRA : UNCOMMON WISDOM

UNIDADE DO MUNDO:   A parábola do océano

A conciencia universal é frecuentemente comparada co océano: unha masa fluída indiferenciada e a primeira fase de creación correspondería á formación das ondas.

Unha onda pode ser considerada como unha entidade individual, pero é evidente que a onda é o océano e o océano é a onda. Non hai separación nin distinción, en última instancia.

A fase seguinte da creación sería unha onda escachando sobre as rochas e evaporándose no ar como pingas de auga, que existirán en tanto que entidades individuais durante un curto periodo de tempo, antes de seren de novo engulidas polo océano. Velaquí momentos fuxitivos de existencia separada.

Pero maxinemos a auga evaporándose formando unha nube. Agora a unidade orixinal non está tan clara e agóchase detrás dunha verdadeira transformación, e cómpre ter algún que outro coñecemento da física para decatarse que esta nube é o océano, e o océano é a nube. Sin embargo a auga da nube acabrá por toparse coa do océano en forma de chuvia.

A separación final en que o vencello coa fonte orixinaria aparece completamente esquecida, é abondas veces ilustrada por unha folerpa que cristalizou a partir da auga da nube, que na súa orixe saíra evaporada do océano. Velaí unha entidade moi estruturada, moi individual e afastada que non implica en apariencia a súa similitude coa fonte.

Agora si que estamos precisos dun saber ben sofisticado para recoñecer que a folerpa é o océano e o océano é a folerpa. E para reunirse co océano, a folerpa debe abandonar a súa estrutura e a súa individualidade. Debe someter a morte o seu ego para volver á fonte orixinaria