Seoane: O enterro, 1945
1
Escrito na parede dun cemiterio
Se os que xacen aquí non poden saíre
e os que viven fóra non queren entrar,
estes rexos muros que coutan as campás
son un monumento da idiotez humana.
2
Xustificación
As computadoras arqueolóxicas
do ano dous mil quinientos
encontrarán aquí,
neste meu cemiterio privado,
un gran depósito de esqueletes.
O carbono-14 dirá que son da nosa época
e o selector electrónico clasificará os restos:
Homes de lapis na orella,
homes cazadores de homes,
homes corruptores da ciencia,
homes torturadores de homes,
homes derrubadores de conciencias,
homes furtadores do traballo dos homes,
homes vendedores das patrias dos homes,
homes de ben, bos e xenerosos (só uns poucos).
Serán desenterrados outros restos
que non poderán ser identificados
por acharse en estado gaseoso.
Suporase que foron vítimas do napalm
nuha guerra que houbo séculos antes
nun país que xa non estará no mapa.
3
Nota necrolóxica
Deron os abecedarios
a nova da túa morte,
meu vello can de palleiro,
meu vello can de palleiro
abandonado da sorte.
Un poeta sen fortuna
morto de morte matada
mentras soñaba coa terra,
malferida e malpocada.
A moura necroloxía
resultou ser unha trola
da xente anana e mesquiña,
da xente anana e mesquiña,
a quen o teu verbo esfola.
Xente á que debes dicirlle
sorrindo e sen acritude:
os mortos que vós matades,
os mortos que vós matades
gozan de boa saúde.
Pode o corpo ser vencido,
pode o dereito ser torto,
mais o lume que alampea,
mais o lume que alampea
xamais o veredes morto.
Pero, por se chegase o intre
de mandar todo ao carafio,
meu vello can de palleiro,
meu Celso Emilio Ferreiro
vai facendo un epitafio:
Unha vez soñou que morrera
e que o soterraban
a carón dun río petrucio
na terra máis fermosa
e desgraciada do mundo.
Por iso xaz aquí,
á beira do Pai Miño...
non podía ser outro
o lugar do seu soño.
4
O petrucio
A Terra fíxose nel verbo harmonioso
transubstanciado en música para darnos
a dimensión exacta dos camiños,
dos ventos e solpores,
das mañás transparentes
e das escuras noites da intrahistoria.
Pasade caladiños.
Estades diante a Fala,
descubrídevos.
5
Nunha foxa común
Aldraxados por séculos,
mallados e feridos,
asoballados sempre,
decote desvividos,
pregunto que fixeron
contesto que fuxiron
da terra malpocada,
sen pelexar, vencidos,
abandonado o campo
á furia do inimigo.
Só uns cantos bravos
a proba resistiron.
Garda, matria, un loureiro
para a fronte destes fillos.
6
O pedáneo
Se houbera xustiza no mundo,
este home non debera ter morto
sen explicar antes aos veciños
por que razón foi pedáneo da vila
nun tempo en que Pilatos
lavaba as mans
todos os días
con sangue.
7
O neutro
Diante das aldraxes
e as inxustizas,
lavou as mans.
Era un porcallento moral.
8
A hecatombe
Aquí neste lugar montesío
foron sacrificados os inocentes.
Poucos se lembran xa do holocausto
pero nós non poderemos esquecelo
mentras vivimos.
Todos os anos vimos aquí
para maldizoar
os victimarios.
9
O poeta esquisito
A pesar do vento e da tronada,
a pesar da chuvia e da tronada,
a pesar do lume e da tronada,
a pesar do chumbo e da tronada,
a pesar dos inocentes Galilei
inmolados á letra consagrada,
hai aínda poetas que residen
en torres de almasí amuralladas,
aínda en torres, poeta primoroso,
aferrollado á morte
neste campo igualitario.
10
O loitador
Aquí descansa un home
que loitou para que a "realidade"
deixase de ser unha inxuria
no corazón dos homes honestos.
Ao dicir "realidade"
púñalle vírgulas á verba
para que quixese dicir algo,
como pedía Nobokov.
11
O mártir
Non che direi que imos vingarte,
amigo morto polo ferro airado.
Porque pasaron tantos anos,
tantos traidores e desleigados
e días de tristura, tantos,
que xa non saberiamos
en quen vingarnos.
Direiche tan só
que te lembramos
e procuramos
seguirche os pasos,
mais por outros camiños que non leven
aos bosques dos coitelos afiados.
Seoane: Homúnculo de lingua viperina, 1967
12
O tío Sordicia
Vinte anos maquinando pillerías
ata que chegou o home importante
con contas correntes en tres bancos.
Eu daría a vida por non ser
como el foi,
cativo, mesquiño, miserable.
Deus me perdoe.
13
O moinante
Soía dicir este mangante:
cando fuxas, queridiño,
fai por ir sempre dediante.
14
O añoiro
Aquí acouga un exiliado que dicía:
Galicia é unha cousa
irreal, alá lonxe.
Pero vivir no desterro
é unha cousa real que me manca
aquí moi dentro.
15
O precursor
Era este un poeta
que dicía vento
e a liberdade contestaba.
Dicía pobo,
respondía a esperanza.
Dicía Terra,
e os nenos achegábanse.
Falaba da xustiza,
e todo se puña branco.
Dicía vinde,
e brindaba pola paz
(paz de consenso
non paz asoballada na xenreira)-
Dicía morra,
e moitas cousas suxas morrían.
Acendeu fachos na noite,
pero os invasores sorprendérono.
16
O mercadeiro
Na triste sociedade en que vivía,
rexida pola lei do escadatorres,
as cousas non son boas nin son malas,
senón soamente perdas e gañancias.
Todo estaba trocado en mercadoría
e todo tiña prezo, incluso as almas...
Poñamos pois un peso razoable
a quen viviu con gozo nesta infamia
e agora xaz pudríndose na terra
que nunca amou: unha arroba de lama.
17
O cativo
Aquí xaz un homiño soterrado
no fondo dunha espelunca.
O mañán está fóra
pero el non o verá nunca.
18
O optimista
Morreu crendo que o PTB
-produto territorial bruto-
de que tanto falaban os xornais,
eran as ducias de burros,
de alcaldes mulos,
de burgueses incultos,
de badocos incivís
e doutras ilustres preas
que en grandes greas
trotan polo noso país.
Dixo ao morrer: non me explico
por que emigra tanta xente
sendo o noso chan tan rico.
19
Epitafio sen sartego
Existen monumentos ao soldado descoñecido
pero ninguén se lembra do labrego que labra a terra
no campo onde naceu o soldado descoñecido,
nin do obreiro que construiu a casa
onde viviu o soldado descoñecido,
nin da nai que pariu un meniño loiro
que despois chegou a ser soldado descoñecido,
nin do poeta que canta, morrendo de noxo,
para que no mundo non haxa soldados descoñecidos.
20
O existencialista
Este home preguntoulle
ao frade que o confesou:
Se o que ha de ser
aínda non é,
e cando é troca en foi,
e o que foi non vira o pé
dígame señor: Para que
viñemos ao mundo, pois?
21
O revolucionario
Aquí xaz un home
que frecuentou o sindicato,
asistiu aos mitins,
foi ás manifestacións,
aldraxou as autoridades,
gabou a revolución cubana,
deulle vivas ao Che,
pero endexamais
lle chamou masa
ao noso pobo.
Deus llo teña en conta.
Seoane: Pranto pola muller caída
22
O alacrán debaixo da pedra
Era bo pai de familia,
honesto cidadán
e probo funcionario,
sempre sorrinte e gasalleiro.
Cando chegou a hora
de luz verde para o crime,
foi o primeiro en saír ás estradas
dos menceres tráxicos.
De que secreta glándula
lle rezugou aquel odio irrazonable
e aquela xorda sede de sangue?
23
Don Hamlet
Ser ou non ser. O dilema
nunca foi para el cuestión
pois inventou o sistema
de vivir do si e do non.
O que nunca foi non é,
non hai comezo sen cabo,
non hai nabiza sen nabo,
nin cousa sen seu porqué.
Meu don Hamlet atamé
esa mosca polo rabo.
24
O poeta intelixentual
Os seus poemas
nin frío nin calor producían.
Só escribiu naderías.
Era reaccionario,
quérese dicir,
un home que camiñaba
cara o futuro,
recuando,
(que dixo Xurxo Amado)
25
A gran trampa
Aquí acouga a democracia representativa
candonga de furor hipotecario,
comadre vaxinal da burguesía,
musa da liberdade de comercio,
cubil da mesocracia,
tarántula dos pobres,
pano hixiénico dos pillos,
alcaiota dos crimes xurispertos,
celestina dos rábulas,
encubridora da mentira,
esfolalombos dos traballadores,
dama fedorenta da beneficencia.
Señora Democracia, puta fina,
que por primeira vez na súa vida
fica deitada coas pernas xuntas
26
O sapo
Un sapo insomne
canta na noite.
Caracas dorme
un sono informe.
Ta-lí, te-lí,
cantan os sapos aquí.
Cro-cró, cro-cró
cantan os sapos aló.
E velaí,
púxose tan sentimental
con este feito diferencial,
que o matou a vaguidade
metafísica da saudade.
27
O traidor
Aqui xaz un xove militante
que morreu dun mocazo na cachola
cando se pasaba ao inimigo
con armas e bagaxes.
Tan mozo e xa traidor!
28
O inofensivo
Aquí xaz un poeta apicéntrico,
(da familia dos epigástricos)
que endexamais cos seus poemas
lle tirou o sono ás autoridades
civís ou militares.
Nin tampouco aos lectores.
29
Epitafio a unha bandeira
Batida do vento
tremola a bandeira
sobre o cemiterio.
Batida de vento
tremola a bandeira
nun mar de silencio.
Batida do vento
tremola a bandeira
sobre os campos ermos.
No medio do vento
bandeira esquecida
nun mastro senlleiro.
Bandeira sen pobo
chámase ese vento.
30
Ramón de Sismundi morre na tenda
Triste Ramón de Sismundi
sempre pechado en ti mesmo,
hoxe xa dono da tenda
vasoiras só para dentro,
vasoiras pra caixa forte,
vasoiras cobros e arrendos,
pois o po da estantería
vasóiracho agora un neno
fillo da rúa, nacido
nas favelas de Palermo.
Triste Ramón de Sismundi,
sempre teimoso e segredo,
vasoiras terra galega,
vasoiras amor e vezos,
vasoiras xabre de angurias,
vasoiras cinzas de esquezos,
borralla de lonxanías,
estrume de sentimentos,
vasoira que te vasoira
na dura roda do tempo.
Galicia, pobre e borrosa,
xa non che turba o silencio.
31
O irresoluto
Viviu decote coa anguria
de non saber se era lume
ou era somente fume
dunha lonxana fogueira.
32
O poeta venal
Rexeitaba a poesía comprometida
porque el tiña un compromiso apalabrado
cos que están máis acá da poesía,
á man dereita do egoísmo,
camiñando en dirección dos xugos gástricos.
33
O esgrevio académico
Morreu dun andacio teutónico
que lle deu a resultado
de non sei cantos prólogos
escritos en esperanto.
El descansa en paz
e nós tamén.
34
O home que non sabía escoitar
Naceu, medrou, multiplicouse e morreu
sen decatarse
da vida que pasaba á súa beira.
Era un muro infurable, ou cecais
un pozo profundo cheo de almofadas
e de currunchos sen eco. Era opaco,
non soubo que existía a primavera
e xamais entendeu que a hipotenusa
elevada ao cadrado
é igual á suma dos catetos
multiplicados por si mesmos.
Era un xordo síquico.
Compadezo os que teñan
que falar con el no outro mundo.
35
O idealista
Aquí xaz un home
que loitou, só con ideas,
contra a sordideza,
a tecnolatría,
o maquinismo,
a compulsión,
a razón utilitaria
e a polución abafante.
Morreu de fame.
36
O cativo cobizoso
Por ambición
preferiu ser cabeza de rato
que cauda de león.
A cobiza amolouno,
pois certa vez un gato
deu co seu burato
e cazouno.
37
O home da espada flamíxera
O piloto norteamericano,
coronel Paul Tibbets,
que levou a bomba atómica a Hiroshima,
púxolle o nome da súa nai
-Enola Gay-
ao avión que tripulou
naquel día infame.
Camiñante: cuspe aquí.
38
O metafísico
Aquí dorme o sono eterno
un escritor abstracto
que foi unha aldraxe
para a conciencia do pobo.
Non fai falla decir por que
nin citar o seu nome.
39
O expulsado
Por máis que miro e axexo
pra esta masa informe e lerda,
eu outra cousa non vexo
senón moreas de merda.
Merda adquirida ou herda,
merda dediante e en pos,
grandes palleiros de merda
acugulada en montóns.
Merda disposta en estiba,
merda por baixo e por riba,
merda a dereita e esquerda.
Por iso penso que a perda
da expulsión, foi positiva
pois liberoume da merda.
40
O teimoso
Explicarlle as cousas a este home
era tan inútil
como botar auga nun cesto.
Era tan teimoso
que aínda non se decatou de que está morto.
41
O alleado
Abafado polo monóxido de carbono,
esmagado, cousificado, isolado,
entre moitedumes despiedadas,
vexetou corenta anos na cidade.
Morreu de aburrimento e monotonía.
Polos seus moitos pecados
mandárono ao inferno, pero el
non se decatou do cambio.
Tal era o inferno no que vivira.
43
O experto
A experiencia serviulle
para saber que era parvo
44
O plaxiario
Entre a xente de pluma tiña sona
de ser un cuco moi orixinal,
pois incapaz de pór ovos
puña a súa firma nos ovos dos demais.
Seoane: Ilustración para o libro Unha confusión cotiá de Kafka
45
O conselleiro
Antes de espernexar
escribiu o mestre este cantar:
Que cantes as túas dores,
que rías ou que chores,
que goces ou debezas,
poeta, non importa,
sempre que non te esquezas
do can que ladra á porta.
46
O home torto
Coidaba que no país dos cegos
o que ve dun ollo é rei,
etcétera.
Só miraba o mundo por un lado,
pero a vida pasaba coma un río
pola outra banda
e levouno a riada
non se sabe para onde,
etcétera.
Ignoraba,
que no país dos cegos
o que ve dun ollo está no cárcere.
47
O profeta
Pouco antes de morrer
díxolle ao povo:
Deus che dea ira,
que paciencia tes abondo.
48
O insubmiso
Burlouse dos vocablos solemnes
e dos homes moralistas,
hipócritas e finos.
Riuse dos sentinelas
que vixían a noite provocada.
Ninguén lle foi ao enterro
porque o medo
garda a viña dos pícaros.
49
O lóxico
Unha de dúas.
se é certo
que cada minuto
morren de fame
cen persoas no mundo,
entón é falso
aquilo de que en todas partes
se cocen fabas.
50
O sabedor
Sufrir non ten importanza,
se detrás da túa dor
latexa viva a esperanza.
Padeza quen penas ten,
que tras tempos, tempo vén.
51
O bufón
Aquí xaz don literato.
Loitou toda a súa vida polo confort
afincado na seguridade do diñeiro
e no futuro previsto
do poder político reverencial.
Traballou sen descanso
para darse á folganza e á boa vida
da burguesía refinada,
a quen serviu fielmente.
Descansa en paz, comellón.
53
Dicía o malpocado que xaz aquí enterrado
Non trunfan na historia
os pobos submisos.
Augas represadas
non moven muíños.
Nunca serán libres
os pobos sufridos.
Con augas paradas
non roda o rodicio.
54
O bo cidadán
Traballou, aforrou, mercou, vendeu,
consumiu, informou, cumpriu co precepto,
viviu arredor de si mesmo
coma unha roda perfecta.
Por fin morreu
dun coma diabético.
Os xefes da OPE
(Orde, Ponderación, Establecemento)
filial do complexo industrial PUGA
(Produtividade, Unión, Garantía, Amnesia)
moi agradecido ao seu fiel comportamento,
pregan unha oración
pola almiña deste homiño.
55
Un perigoso elemento
Morreu sen entender
que por namorar o vento
que namora a liberdade,
(vento do pobo que xeme
por coñecer a verdade);
que por rir a gargalladas
da necia solemnidade,
tivera que ser á forza
un perigoso elemento,
subversivo e pecadento.
Nunca o entendeu, mais agora,
despois de morrer, enténdeo.
56
O que non quixo correr risco
Dixo palabras verdadeiras
pero nunca se arriscou por defendelas.
Tomoulle o pulso á historia,
mais non ao pobo que a sufría.
Morreu un ano infausto.
Vinte anos despois, enterrámolo.
Non choramos a súa morte,
choramos a súa vida.
57
O oprimido
Este morto mandou dicir
que o inferno existe,
pero aquí na terra
e non se chama inferno.
59
Derradeira vontade de Fuco Buxán
Detrás de cada home
está oubeando un lobo.
Un lobo que te come
e ten comesto o pobo.
Canto pode sufrirse
telo xa ben sufrido.
pero non hai que abatirse
nin darse `por vencido.
Canto pode chorarse
telo xa ben chorado.
Pro non hai que calarse
nin sentirse abafado.
Canto pode perderse
telo xa ben perdido.
Pro non hai que doerse
nin rosmar un laído.
Podes todo gañalo
se espertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.
A túa hora é esta:
colle a fouce, meu pobo,
ergue a testa, protesta
e despois mata o lobo.
Seoane: Guerreiro antigo, 1965
60
O cantamañás
Este que cos pés para adiante
xaz no escuro desta tumba,
tomou a vida de zumba,
foi un sonado pedante
furafollas e mangante
que a todos volveu tarumba
con tanto falar da bamba,
con tanto darlle a taramba,
con tanto bailar a rumba,
que por fin morreu, caramba.
61
O morto no desterro
Chegaron as chuvias mainas do outono,
os bosques son de ouro,
os merlos cantan nas parras roxas
e o viño ferve nas adegas.
Hai unha vaga lonxanía
no aire quedo coma animal ferido,
e a brétema rube con lecer dende o río.
Pero o desterrado
xa non poderá ollar tanta beleza.
62
O señor dono
Tiña tan ben desenrolada
a cobiza propietaria,
que mandou escribir na súa campa:
Este sartego
é propiedade de quen o ocupa.
63
Outro alleado
Porque os inimigos
dos meus amigos
non eran os meus inimigos,
tiven poucos amigos
e moitos inimigos.
64
O malpocado
A sogra, a muller, os fillos, o crego,
o recaudador, o tendeiro, o policía
e os falsos amigos, amarguráronlle a vida
e adiantáronlle a morte.
Morreu contente,
co sorriso nos beizos.
Os amigos verdadeiros
-que con el afogabamos dores e tristuras
nas doces horas da taberna-
adicámoslle este laude
e brindamos por el
unha xerra de tinto.
65
O sentimental
Por aqueles
que incriblemente
escapan ao exilio
e alí viven
vida de vagamundos.
Stefhe Vicent Benet,
chorarei sempre,
e non me dá vergoña dicilo.
66
O can dogo
Se no inferno existen xefaturas,
seguro que este can está alí
ladrando e mordendo
e revolvendo ficheiros
de antecedentes políticos.
67
O hincha
A felicidade, en resume,
era para el berrar gol
nos partidos de futbol,
entre a mesta moitedume.
Mais deulle tal torozón
cando quedou campión
o odiado equipo contrario,
que por dous goles a un
xace na foxa común
este badoco gragario.
68
O locutor
Debaixo desa lousa
dorme un home
que falou trinta anos
sen dicir xamais unha verdade.
Por fin está calado.
Pasa a modiño,
non sexa que esperte
e se poña a argallar novas mentiras
outros trinta anos.
69
A sogra contumaz
Aquí xace unha muller
que foi unha incansable sogra,
desapiadada e teimosa.
Á porta do cemiterio
dixo o xenro:
cando chegue tamén a miña hora
da viaxe sen volta,
por favor, meus amigos,
enterraime no país dos antípodas.
70
O déspota
Acadou o fervor das moitedumes,
degradándoas.
Os pobos- dicía el-
son coma algunhas mulleres,
que namoran do que as maltrata.
Deus o teña,
xustamente,
no sitio que lle corresponda.
71
O cacique
Aquí xace, grazas a deus,
o verdugo da parroquia.
Morreu dunha infección do sangue.
Nunca os microbios fixeron
un labor tan meritorio.
73
Requiem
Paco Pixiñas, zorro confeso,
fuches en carroza para o cemiterio.
Tanto rillar na carne de cocho,
tanto rillar, matoute un arrouto.
Un torozón finou cos teus días,
como te encontras Paco Pixiñas.
Púñache os cornos seica a parenta,
séguechos pondo, postmortem, seica.
Das malas linguas non fagas precio,
durme tranquilo no teu sartego.
Vendiches vento, vendiches leria,
todo o vendiches, menos decencia.
Todo ten precio, todo se compra,
todo se vende, menos vergonza.
Diñeiro podre non fai mercede,
alma mesquiña todo o empodrece.
Como che vai, cariña de entroido,
tanto aforrar para agora estar morto.
Deus faga parvos que nos manteñan
pois onde hai listo, zorros non medran.
Deixaches as zocas polos zapatos,
de que che serven nese buraco.
Da man á boca pérdese a sopa,
Paco Pixiñas, como te encontras.
Cinco e máis cinco non son un cento,
bótalle a conta, verás que é certo.
A nosa terra nada che debe,
nada lle importa que alá quedes
dándolle estrume ao chan alleo
pois a Galicia sóbralle esterco.
Se fuches pobo, del desertaches,
Paco Pixiñas, Requiescat in pace.
74
Epi(logo)tafio
Benzoado de Deus,
ferreiro das palabras aceirudas,
acendeu frágoas no escuro
e esparexeu faíscas coma estrelas.
Martelou na bigorna do seu tempo
para domear a anguria dos coitados
e facer un mañán
de seituras fecundas.
Para el, labrada en pedra montesía,
unha sinxela laude:
Neste lugar acouga
un poeta, non máis,
que morreu de paixón polo seu pobo.
Rexurdirá da cinza
na lembranza dos seus e nas historias
que os avós contarán
á sombra dos carballos
nos solpores vindeiros.
Xosé Sesto
Celso Emilio Ferreiro: Cemiterio privado,1973
documental na tvg sobr C.E.F
Deron os abecedarios
a nova da túa morte,
meu vello can de palleiro,
meu vello can de palleiro
abandonado da sorte.
Un poeta sen fortuna
morto de morte matada
mentras soñaba coa terra,
malferida e malpocada.
A moura necroloxía
resultou ser unha trola
da xente anana e mesquiña,
da xente anana e mesquiña,
a quen o teu verbo esfola.
Xente á que debes dicirlle
sorrindo e sen acritude:
os mortos que vós matades,
os mortos que vós matades
gozan de boa saúde.
Pode o corpo ser vencido,
pode o dereito ser torto,
mais o lume que alampea,
mais o lume que alampea
xamais o veredes morto.
Pero, por se chegase o intre
de mandar todo ao carafio,
meu vello can de palleiro,
meu Celso Emilio Ferreiro
vai facendo un epitafio:
Unha vez soñou que morrera
e que o soterraban
a carón dun río petrucio
na terra máis fermosa
e desgraciada do mundo.
Por iso xaz aquí,
á beira do Pai Miño...
non podía ser outro
o lugar do seu soño.
4
O petrucio
A Terra fíxose nel verbo harmonioso
transubstanciado en música para darnos
a dimensión exacta dos camiños,
dos ventos e solpores,
das mañás transparentes
e das escuras noites da intrahistoria.
Pasade caladiños.
Estades diante a Fala,
descubrídevos.
5
Nunha foxa común
Aldraxados por séculos,
mallados e feridos,
asoballados sempre,
decote desvividos,
pregunto que fixeron
contesto que fuxiron
da terra malpocada,
sen pelexar, vencidos,
abandonado o campo
á furia do inimigo.
Só uns cantos bravos
a proba resistiron.
Garda, matria, un loureiro
para a fronte destes fillos.
6
O pedáneo
Se houbera xustiza no mundo,
este home non debera ter morto
sen explicar antes aos veciños
por que razón foi pedáneo da vila
nun tempo en que Pilatos
lavaba as mans
todos os días
con sangue.
7
O neutro
Diante das aldraxes
e as inxustizas,
lavou as mans.
Era un porcallento moral.
8
A hecatombe
Aquí neste lugar montesío
foron sacrificados os inocentes.
Poucos se lembran xa do holocausto
pero nós non poderemos esquecelo
mentras vivimos.
Todos os anos vimos aquí
para maldizoar
os victimarios.
9
O poeta esquisito
A pesar do vento e da tronada,
a pesar da chuvia e da tronada,
a pesar do lume e da tronada,
a pesar do chumbo e da tronada,
a pesar dos inocentes Galilei
inmolados á letra consagrada,
hai aínda poetas que residen
en torres de almasí amuralladas,
aínda en torres, poeta primoroso,
aferrollado á morte
neste campo igualitario.
10
O loitador
Aquí descansa un home
que loitou para que a "realidade"
deixase de ser unha inxuria
no corazón dos homes honestos.
Ao dicir "realidade"
púñalle vírgulas á verba
para que quixese dicir algo,
como pedía Nobokov.
11
O mártir
Non che direi que imos vingarte,
amigo morto polo ferro airado.
Porque pasaron tantos anos,
tantos traidores e desleigados
e días de tristura, tantos,
que xa non saberiamos
en quen vingarnos.
Direiche tan só
que te lembramos
e procuramos
seguirche os pasos,
mais por outros camiños que non leven
aos bosques dos coitelos afiados.
Seoane: Homúnculo de lingua viperina, 1967
12
O tío Sordicia
Vinte anos maquinando pillerías
ata que chegou o home importante
con contas correntes en tres bancos.
Eu daría a vida por non ser
como el foi,
cativo, mesquiño, miserable.
Deus me perdoe.
13
O moinante
Soía dicir este mangante:
cando fuxas, queridiño,
fai por ir sempre dediante.
14
O añoiro
Aquí acouga un exiliado que dicía:
Galicia é unha cousa
irreal, alá lonxe.
Pero vivir no desterro
é unha cousa real que me manca
aquí moi dentro.
15
O precursor
Era este un poeta
que dicía vento
e a liberdade contestaba.
Dicía pobo,
respondía a esperanza.
Dicía Terra,
e os nenos achegábanse.
Falaba da xustiza,
e todo se puña branco.
Dicía vinde,
e brindaba pola paz
(paz de consenso
non paz asoballada na xenreira)-
Dicía morra,
e moitas cousas suxas morrían.
Acendeu fachos na noite,
pero os invasores sorprendérono.
16
O mercadeiro
Na triste sociedade en que vivía,
rexida pola lei do escadatorres,
as cousas non son boas nin son malas,
senón soamente perdas e gañancias.
Todo estaba trocado en mercadoría
e todo tiña prezo, incluso as almas...
Poñamos pois un peso razoable
a quen viviu con gozo nesta infamia
e agora xaz pudríndose na terra
que nunca amou: unha arroba de lama.
17
O cativo
Aquí xaz un homiño soterrado
no fondo dunha espelunca.
O mañán está fóra
pero el non o verá nunca.
18
O optimista
Morreu crendo que o PTB
-produto territorial bruto-
de que tanto falaban os xornais,
eran as ducias de burros,
de alcaldes mulos,
de burgueses incultos,
de badocos incivís
e doutras ilustres preas
que en grandes greas
trotan polo noso país.
Dixo ao morrer: non me explico
por que emigra tanta xente
sendo o noso chan tan rico.
19
Epitafio sen sartego
Existen monumentos ao soldado descoñecido
pero ninguén se lembra do labrego que labra a terra
no campo onde naceu o soldado descoñecido,
nin do obreiro que construiu a casa
onde viviu o soldado descoñecido,
nin da nai que pariu un meniño loiro
que despois chegou a ser soldado descoñecido,
nin do poeta que canta, morrendo de noxo,
para que no mundo non haxa soldados descoñecidos.
20
O existencialista
Este home preguntoulle
ao frade que o confesou:
Se o que ha de ser
aínda non é,
e cando é troca en foi,
e o que foi non vira o pé
dígame señor: Para que
viñemos ao mundo, pois?
21
O revolucionario
Aquí xaz un home
que frecuentou o sindicato,
asistiu aos mitins,
foi ás manifestacións,
aldraxou as autoridades,
gabou a revolución cubana,
deulle vivas ao Che,
pero endexamais
lle chamou masa
ao noso pobo.
Deus llo teña en conta.
Seoane: Pranto pola muller caída
22
O alacrán debaixo da pedra
Era bo pai de familia,
honesto cidadán
e probo funcionario,
sempre sorrinte e gasalleiro.
Cando chegou a hora
de luz verde para o crime,
foi o primeiro en saír ás estradas
dos menceres tráxicos.
De que secreta glándula
lle rezugou aquel odio irrazonable
e aquela xorda sede de sangue?
23
Don Hamlet
Ser ou non ser. O dilema
nunca foi para el cuestión
pois inventou o sistema
de vivir do si e do non.
O que nunca foi non é,
non hai comezo sen cabo,
non hai nabiza sen nabo,
nin cousa sen seu porqué.
Meu don Hamlet atamé
esa mosca polo rabo.
24
O poeta intelixentual
Os seus poemas
nin frío nin calor producían.
Só escribiu naderías.
Era reaccionario,
quérese dicir,
un home que camiñaba
cara o futuro,
recuando,
(que dixo Xurxo Amado)
25
A gran trampa
Aquí acouga a democracia representativa
candonga de furor hipotecario,
comadre vaxinal da burguesía,
musa da liberdade de comercio,
cubil da mesocracia,
tarántula dos pobres,
pano hixiénico dos pillos,
alcaiota dos crimes xurispertos,
celestina dos rábulas,
encubridora da mentira,
esfolalombos dos traballadores,
dama fedorenta da beneficencia.
Señora Democracia, puta fina,
que por primeira vez na súa vida
fica deitada coas pernas xuntas
26
O sapo
Un sapo insomne
canta na noite.
Caracas dorme
un sono informe.
Ta-lí, te-lí,
cantan os sapos aquí.
Cro-cró, cro-cró
cantan os sapos aló.
E velaí,
púxose tan sentimental
con este feito diferencial,
que o matou a vaguidade
metafísica da saudade.
27
O traidor
Aqui xaz un xove militante
que morreu dun mocazo na cachola
cando se pasaba ao inimigo
con armas e bagaxes.
Tan mozo e xa traidor!
28
O inofensivo
Aquí xaz un poeta apicéntrico,
(da familia dos epigástricos)
que endexamais cos seus poemas
lle tirou o sono ás autoridades
civís ou militares.
Nin tampouco aos lectores.
29
Epitafio a unha bandeira
Batida do vento
tremola a bandeira
sobre o cemiterio.
Batida de vento
tremola a bandeira
nun mar de silencio.
Batida do vento
tremola a bandeira
sobre os campos ermos.
No medio do vento
bandeira esquecida
nun mastro senlleiro.
Bandeira sen pobo
chámase ese vento.
30
Ramón de Sismundi morre na tenda
Triste Ramón de Sismundi
sempre pechado en ti mesmo,
hoxe xa dono da tenda
vasoiras só para dentro,
vasoiras pra caixa forte,
vasoiras cobros e arrendos,
pois o po da estantería
vasóiracho agora un neno
fillo da rúa, nacido
nas favelas de Palermo.
Triste Ramón de Sismundi,
sempre teimoso e segredo,
vasoiras terra galega,
vasoiras amor e vezos,
vasoiras xabre de angurias,
vasoiras cinzas de esquezos,
borralla de lonxanías,
estrume de sentimentos,
vasoira que te vasoira
na dura roda do tempo.
Galicia, pobre e borrosa,
xa non che turba o silencio.
31
O irresoluto
Viviu decote coa anguria
de non saber se era lume
ou era somente fume
dunha lonxana fogueira.
32
O poeta venal
Rexeitaba a poesía comprometida
porque el tiña un compromiso apalabrado
cos que están máis acá da poesía,
á man dereita do egoísmo,
camiñando en dirección dos xugos gástricos.
33
O esgrevio académico
Morreu dun andacio teutónico
que lle deu a resultado
de non sei cantos prólogos
escritos en esperanto.
El descansa en paz
e nós tamén.
34
O home que non sabía escoitar
Naceu, medrou, multiplicouse e morreu
sen decatarse
da vida que pasaba á súa beira.
Era un muro infurable, ou cecais
un pozo profundo cheo de almofadas
e de currunchos sen eco. Era opaco,
non soubo que existía a primavera
e xamais entendeu que a hipotenusa
elevada ao cadrado
é igual á suma dos catetos
multiplicados por si mesmos.
Era un xordo síquico.
Compadezo os que teñan
que falar con el no outro mundo.
35
O idealista
Aquí xaz un home
que loitou, só con ideas,
contra a sordideza,
a tecnolatría,
o maquinismo,
a compulsión,
a razón utilitaria
e a polución abafante.
Morreu de fame.
36
O cativo cobizoso
Por ambición
preferiu ser cabeza de rato
que cauda de león.
A cobiza amolouno,
pois certa vez un gato
deu co seu burato
e cazouno.
37
O home da espada flamíxera
O piloto norteamericano,
coronel Paul Tibbets,
que levou a bomba atómica a Hiroshima,
púxolle o nome da súa nai
-Enola Gay-
ao avión que tripulou
naquel día infame.
Camiñante: cuspe aquí.
38
O metafísico
Aquí dorme o sono eterno
un escritor abstracto
que foi unha aldraxe
para a conciencia do pobo.
Non fai falla decir por que
nin citar o seu nome.
39
O expulsado
Por máis que miro e axexo
pra esta masa informe e lerda,
eu outra cousa non vexo
senón moreas de merda.
Merda adquirida ou herda,
merda dediante e en pos,
grandes palleiros de merda
acugulada en montóns.
Merda disposta en estiba,
merda por baixo e por riba,
merda a dereita e esquerda.
Por iso penso que a perda
da expulsión, foi positiva
pois liberoume da merda.
40
O teimoso
Explicarlle as cousas a este home
era tan inútil
como botar auga nun cesto.
Era tan teimoso
que aínda non se decatou de que está morto.
41
O alleado
Abafado polo monóxido de carbono,
esmagado, cousificado, isolado,
entre moitedumes despiedadas,
vexetou corenta anos na cidade.
Morreu de aburrimento e monotonía.
Polos seus moitos pecados
mandárono ao inferno, pero el
non se decatou do cambio.
Tal era o inferno no que vivira.
43
O experto
A experiencia serviulle
para saber que era parvo
44
O plaxiario
Entre a xente de pluma tiña sona
de ser un cuco moi orixinal,
pois incapaz de pór ovos
puña a súa firma nos ovos dos demais.
Seoane: Ilustración para o libro Unha confusión cotiá de Kafka
45
O conselleiro
Antes de espernexar
escribiu o mestre este cantar:
Que cantes as túas dores,
que rías ou que chores,
que goces ou debezas,
poeta, non importa,
sempre que non te esquezas
do can que ladra á porta.
46
O home torto
Coidaba que no país dos cegos
o que ve dun ollo é rei,
etcétera.
Só miraba o mundo por un lado,
pero a vida pasaba coma un río
pola outra banda
e levouno a riada
non se sabe para onde,
etcétera.
Ignoraba,
que no país dos cegos
o que ve dun ollo está no cárcere.
47
O profeta
Pouco antes de morrer
díxolle ao povo:
Deus che dea ira,
que paciencia tes abondo.
48
O insubmiso
Burlouse dos vocablos solemnes
e dos homes moralistas,
hipócritas e finos.
Riuse dos sentinelas
que vixían a noite provocada.
Ninguén lle foi ao enterro
porque o medo
garda a viña dos pícaros.
49
O lóxico
Unha de dúas.
se é certo
que cada minuto
morren de fame
cen persoas no mundo,
entón é falso
aquilo de que en todas partes
se cocen fabas.
50
O sabedor
Sufrir non ten importanza,
se detrás da túa dor
latexa viva a esperanza.
Padeza quen penas ten,
que tras tempos, tempo vén.
51
O bufón
Aquí xaz don literato.
Loitou toda a súa vida polo confort
afincado na seguridade do diñeiro
e no futuro previsto
do poder político reverencial.
Traballou sen descanso
para darse á folganza e á boa vida
da burguesía refinada,
a quen serviu fielmente.
Descansa en paz, comellón.
53
Dicía o malpocado que xaz aquí enterrado
Non trunfan na historia
os pobos submisos.
Augas represadas
non moven muíños.
Nunca serán libres
os pobos sufridos.
Con augas paradas
non roda o rodicio.
54
O bo cidadán
Traballou, aforrou, mercou, vendeu,
consumiu, informou, cumpriu co precepto,
viviu arredor de si mesmo
coma unha roda perfecta.
Por fin morreu
dun coma diabético.
Os xefes da OPE
(Orde, Ponderación, Establecemento)
filial do complexo industrial PUGA
(Produtividade, Unión, Garantía, Amnesia)
moi agradecido ao seu fiel comportamento,
pregan unha oración
pola almiña deste homiño.
55
Un perigoso elemento
Morreu sen entender
que por namorar o vento
que namora a liberdade,
(vento do pobo que xeme
por coñecer a verdade);
que por rir a gargalladas
da necia solemnidade,
tivera que ser á forza
un perigoso elemento,
subversivo e pecadento.
Nunca o entendeu, mais agora,
despois de morrer, enténdeo.
56
O que non quixo correr risco
Dixo palabras verdadeiras
pero nunca se arriscou por defendelas.
Tomoulle o pulso á historia,
mais non ao pobo que a sufría.
Morreu un ano infausto.
Vinte anos despois, enterrámolo.
Non choramos a súa morte,
choramos a súa vida.
57
O oprimido
Este morto mandou dicir
que o inferno existe,
pero aquí na terra
e non se chama inferno.
59
Derradeira vontade de Fuco Buxán
Detrás de cada home
está oubeando un lobo.
Un lobo que te come
e ten comesto o pobo.
Canto pode sufrirse
telo xa ben sufrido.
pero non hai que abatirse
nin darse `por vencido.
Canto pode chorarse
telo xa ben chorado.
Pro non hai que calarse
nin sentirse abafado.
Canto pode perderse
telo xa ben perdido.
Pro non hai que doerse
nin rosmar un laído.
Podes todo gañalo
se espertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.
A túa hora é esta:
colle a fouce, meu pobo,
ergue a testa, protesta
e despois mata o lobo.
Seoane: Guerreiro antigo, 1965
60
O cantamañás
Este que cos pés para adiante
xaz no escuro desta tumba,
tomou a vida de zumba,
foi un sonado pedante
furafollas e mangante
que a todos volveu tarumba
con tanto falar da bamba,
con tanto darlle a taramba,
con tanto bailar a rumba,
que por fin morreu, caramba.
61
O morto no desterro
Chegaron as chuvias mainas do outono,
os bosques son de ouro,
os merlos cantan nas parras roxas
e o viño ferve nas adegas.
Hai unha vaga lonxanía
no aire quedo coma animal ferido,
e a brétema rube con lecer dende o río.
Pero o desterrado
xa non poderá ollar tanta beleza.
62
O señor dono
Tiña tan ben desenrolada
a cobiza propietaria,
que mandou escribir na súa campa:
Este sartego
é propiedade de quen o ocupa.
63
Outro alleado
Porque os inimigos
dos meus amigos
non eran os meus inimigos,
tiven poucos amigos
e moitos inimigos.
64
O malpocado
A sogra, a muller, os fillos, o crego,
o recaudador, o tendeiro, o policía
e os falsos amigos, amarguráronlle a vida
e adiantáronlle a morte.
Morreu contente,
co sorriso nos beizos.
Os amigos verdadeiros
-que con el afogabamos dores e tristuras
nas doces horas da taberna-
adicámoslle este laude
e brindamos por el
unha xerra de tinto.
65
O sentimental
Por aqueles
que incriblemente
escapan ao exilio
e alí viven
vida de vagamundos.
Stefhe Vicent Benet,
chorarei sempre,
e non me dá vergoña dicilo.
66
O can dogo
Se no inferno existen xefaturas,
seguro que este can está alí
ladrando e mordendo
e revolvendo ficheiros
de antecedentes políticos.
67
O hincha
A felicidade, en resume,
era para el berrar gol
nos partidos de futbol,
entre a mesta moitedume.
Mais deulle tal torozón
cando quedou campión
o odiado equipo contrario,
que por dous goles a un
xace na foxa común
este badoco gragario.
68
O locutor
Debaixo desa lousa
dorme un home
que falou trinta anos
sen dicir xamais unha verdade.
Por fin está calado.
Pasa a modiño,
non sexa que esperte
e se poña a argallar novas mentiras
outros trinta anos.
69
A sogra contumaz
Aquí xace unha muller
que foi unha incansable sogra,
desapiadada e teimosa.
Á porta do cemiterio
dixo o xenro:
cando chegue tamén a miña hora
da viaxe sen volta,
por favor, meus amigos,
enterraime no país dos antípodas.
70
O déspota
Acadou o fervor das moitedumes,
degradándoas.
Os pobos- dicía el-
son coma algunhas mulleres,
que namoran do que as maltrata.
Deus o teña,
xustamente,
no sitio que lle corresponda.
71
O cacique
Aquí xace, grazas a deus,
o verdugo da parroquia.
Morreu dunha infección do sangue.
Nunca os microbios fixeron
un labor tan meritorio.
73
Requiem
Paco Pixiñas, zorro confeso,
fuches en carroza para o cemiterio.
Tanto rillar na carne de cocho,
tanto rillar, matoute un arrouto.
Un torozón finou cos teus días,
como te encontras Paco Pixiñas.
Púñache os cornos seica a parenta,
séguechos pondo, postmortem, seica.
Das malas linguas non fagas precio,
durme tranquilo no teu sartego.
Vendiches vento, vendiches leria,
todo o vendiches, menos decencia.
Todo ten precio, todo se compra,
todo se vende, menos vergonza.
Diñeiro podre non fai mercede,
alma mesquiña todo o empodrece.
Como che vai, cariña de entroido,
tanto aforrar para agora estar morto.
Deus faga parvos que nos manteñan
pois onde hai listo, zorros non medran.
Deixaches as zocas polos zapatos,
de que che serven nese buraco.
Da man á boca pérdese a sopa,
Paco Pixiñas, como te encontras.
Cinco e máis cinco non son un cento,
bótalle a conta, verás que é certo.
A nosa terra nada che debe,
nada lle importa que alá quedes
dándolle estrume ao chan alleo
pois a Galicia sóbralle esterco.
Se fuches pobo, del desertaches,
Paco Pixiñas, Requiescat in pace.
74
Epi(logo)tafio
Benzoado de Deus,
ferreiro das palabras aceirudas,
acendeu frágoas no escuro
e esparexeu faíscas coma estrelas.
Martelou na bigorna do seu tempo
para domear a anguria dos coitados
e facer un mañán
de seituras fecundas.
Para el, labrada en pedra montesía,
unha sinxela laude:
Neste lugar acouga
un poeta, non máis,
que morreu de paixón polo seu pobo.
Rexurdirá da cinza
na lembranza dos seus e nas historias
que os avós contarán
á sombra dos carballos
nos solpores vindeiros.
Xosé Sesto
Celso Emilio Ferreiro: Cemiterio privado,1973
documental na tvg sobr C.E.F
Ningún comentario:
Publicar un comentario