28/10/10

soneto escada

calquera semellanza coa realidade...é pura casualidade
brión-carriza-lique
VOAR ARELANDO

Treméndonos na pel os poros paranoicos
fundíndonos decote en sentimento arcaico
en aliaxe irónica os tácitos galaicos
roldamos nos tellados dun piripol heróico

xa temos cadaquén un xesto alto e esguío
soando o noso lema nas rúas e nos canos
rachando con sorrisos bandeiras dos ananos
fuximos polos cumes ás covas dos esquíos

a luz que anda soa espida nos rueiros
quere toparnos sempre completamente bébedos
atados a un presente de eivados sabugueiros

os beizos xa ecoan recheos de loucura
nos brandos estorniños dos cables paralelos
nos ocos dos couselos, licuadas estruturas

Saraares


Se che interesa saber máis do reino suevo de Galicia: http://conpermisodacabeza.blogspot.com/

1 comentario:

Anónimo dixo...

o mapiña dá para moito comentario. Procederemos por orde de impacto:
1.Non existen Portugal, nin España(emirato Omayyad) nin o que hoxe coñecemos por Francia( imperio dos francos), nin Inglaterra(Danelaw), nin Rusia (principados de Kiev e Nougorod), Italia está fragmentada no reino de Italia, estados papais, Benevento e fragmentos do Imperio Bizantino e a terra do gran Kan búlgaro.
2.Aparecen claramente diferenciadas Irlanda, Escocia, Wessex (as actuais Gales e Cornualla) Sardeña e o reino de Galicia cun territorio que excede as previsións máis optimistas.
3. No cambio de milenio Galiza era un reino suevo, o 1º reino cristián da Península Ibérica. Nesta época descóbrese-invéntase o sepulcro do apóstol e cobra importancia o vello camiño dos pobos primitivos que buscaban a última das Fisterras. O fragmento do camiño que se fai pola Península coincide co trazado dese Kindom of Galicia que aparece no mapa. Que pasou?
a) ou moito mente a historia ou
b) o debuxante era malo e pasouse