fotografía de Thomas Barbey
O QUE CANTAN OS VIOLÍNS NO SEU LEITO DE LARDO
O elefante namora do milímetro
o caracol soña coa desfeita da lúa
os seus zapatos pálidos purgaron
coma o fusil de xelatina dun neo-soldado
a águia ten xestos de baleiro presumido
a súa mamila está preñada de lóstregos
o león leva mostacho en puro gótico flamante
o seu coiro calmo
ri coma un manchón de tinta
a lagosta ten a voz salvaxe da framboesa
o saber facer da mazá
a compaixón da ameixa
a lascivia da cabaza
a vaca toma o camiño do pergamiño
que se perde nun libro de carne
cada pelo do libro pesa unha libra
a serpe salta de picadura en picadura
arredor das cubetas do amor
cheas de corazóns traspasados por frechas
a bolboreta disecada transfórmase en bolboreta enchoupada
a bolboreta enchoupada transfórmase nunha granbolboreta benenchoupada
o reiseñor salfire estómagos corazóns cerebros tripas
é dicir lirios rosas caraveis lilas
a pulga leva o seu pé dereito detrás da orella esquerda
a súa man esquerda na man dereita
e chimpa sobre o seu pé esquerdo porriba da orella dereita.
JEAN ARP: A ceifa de aire, 1946
Ningún comentario:
Publicar un comentario