de cuarentón sexaxenario
facía chamadas internacionais
tarifa plana
en latín de canelóns
recheos dun estraño pupurri
de desconexións-
Claro, ninguén collía.
O teléfono chiaba
como un mosquito zumbón.
Desintegráronse de fastío
varias liñas de alta tensión.
O bloqueo chegou a petrificarse
nun furado de neón desparafusado
e as entradas de cine
quedaron ipso facto caducadas en estrías
por consenso e mesmo
se podería dicir por unanimidade
nas votacións implícitas
en todo tipo de manifestacións...
nada importante se temos en conta
que a euforbia ten cáliz triple
e unha das simetrías máis repetitivas
da galaxia inmediatamente inferior
á nosa, chea de constelacións
nacidas para a constatación
da negación
así pois os cravos comezan a arrecender
a mapoula mecánica de plástico pataca
e as inxenuas lilas
enmudecen sonámbulas
baixo as pegadas dixitais
da vara de medir variable dese barón
tan varón
as pedras que se saiba falan
e ti tampouco
en idiomas incompatibles
babel, babel |
1 comentario:
magmáticos e magnánimos, Angola, magma expandíndose fóra das antenas de control. Un abrazazo.
Publicar un comentario