23/07/11

REUNIÓN DO COMI - TÉ

pasionaria

flor-acción rural

versus

"capullismo"
 kapital








5 comentarios:

Anónimo dixo...

Ti e eu...
coñecémonos como estraños, cada quen levando consigo un misterio.

Non podo dicir quen es: se cadra non chegarei a coñecerte nunca de todo.
Pero confío en que es unha persoa por dereito propio, en posesión dunha beleza e un valor que son os maís prezados tesouros da Terra.

Así pois esta é a miña intención:
Non che imporei identidades, estás invitado a converterte en ti mesmo sen vergoña nin temor.
Manterei aberto un espazo para ti no mundo e defenderei o teu dereito a enchelo cunha auténtica vocación.
Pois mentres dure a tua búsqueda, terás a miña lealtade.


Theodore Roszak


Cita preliminar do libro PERSOA/PLANETA

angola dixo...

Non impoñer identidades...é fundamental para entender e entenderse. As identidades son todas etiquetas falsas, convértennos en produtos e obxectos, négannos a humanidade e aínda por riba non din nada esencial da persoa a quen se lle colocan. Cando alguén nos di "ti es isto ou aquilo", non di nada a propósito de ti, está dicindo de si mesmo, das súas limitacións para relacionarse cos demáis.
Moi boa cita, meu.

Anónimo dixo...

Ben, creo que queda claro que nesa reunión do comité tomouse o té e pouco máis e que Angola e máis eu estamos no sector crítico da flor-acción rural, pois o sector acapullado ten aínda moitas cuncas de caldo que tomar.

Como sigamos a golpe de té isto vai quedar en auga de borralla.

angola dixo...

Tranquilo, tío. Todo leva o seu tempo. O importante é que están abertos todos os camiños e que nós poñeremos todo o noso empeño en que ningún deles nos leve dereitiños ao manicomio. Só faltaría!

Pregúntome a miúdo para que carallo queremos a enciclopedia británica se só se pode ler en inglés.

Boa noite, meu

angola dixo...

Se soñas algo interesante por deus non llo contes a calquera, o mundo está cheo de depredadores de soños alleos!