Theodore Roszak Nocturno VIAXE TRANSFRONTEIRIZA É de noite e baixo á cidade acompañada por dous tíos un leva sombreiro gánster e o outro vai corte barbeiro. |
O tipo do sombreiro
anda a facerme as beiras
pero paso del
porque vai cheo.
En todos os lugares que entramos
bebemos algo
os tres nos movemos en ese
chega un momento que un deles
bebe
directamente da xerra.
A lúa chea ilumina todos os recunchos dun canellón
metémonos e aparece diante nosa
a catedral de Barcelona.
Quero entrar
pero cando o intento
paso a través dela
só é un halograma
rico en todo tipo de detalles
e filigranas góticas!
Topamos unha familia
reunida á porta da casa.
Poñémonos a falar con eles.
Un neno diríxese a min e dime
que ten trinta anos.
A min paréceme imposible.
Dime que dende cativo
ninguén se ocupou del
e por iso non medrou
e quedou convertido nun adulto
capturado no corpo dun neno.....
Os meus compañeiros desapareceron
e decido ir ao aeroporto
está a chegar unha rapaza chilena
que vén de xestionar axuda humanitaria
ofrecereille a miña casa
o tempo que necesite.
Visítame despois un indio
co pelo longo e negro;
as dúas mans enormes
diríxense a min para darme a benvida,
as unllas son gadoupas
e os ollos dous fragmentos de obsidiana
tocados por raios pleniluniares.
Despois de darme información
que non vén agora ao caso
esvaece.
A miña invitada xa marchou.
O do pelo rapado hai tempo que se abriu.
Só queda o tipo do sombreiro,
está aínda no sofá,
durmindo a mona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario