Ti e eu... coñecémonos como estraños, cada quen levando consigo un misterio.
Non podo dicir quen es: se cadra non chegarei a coñecerte nunca de todo. Pero confío en que es unha persoa por dereito propio, en posesión dunha beleza e un valor que son os maís prezados tesouros da Terra.
Así pois esta é a miña intención: Non che imporei identidades, estás invitado a converterte en ti mesmo sen vergoña nin temor. Manterei aberto un espazo para ti no mundo e defenderei o teu dereito a enchelo cunha auténtica vocación. Pois mentres dure a tua búsqueda, terás a miña lealtade.
Non impoñer identidades...é fundamental para entender e entenderse. As identidades son todas etiquetas falsas, convértennos en produtos e obxectos, négannos a humanidade e aínda por riba non din nada esencial da persoa a quen se lle colocan. Cando alguén nos di "ti es isto ou aquilo", non di nada a propósito de ti, está dicindo de si mesmo, das súas limitacións para relacionarse cos demáis. Moi boa cita, meu.
Ben, creo que queda claro que nesa reunión do comité tomouse o té e pouco máis e que Angola e máis eu estamos no sector crítico da flor-acción rural, pois o sector acapullado ten aínda moitas cuncas de caldo que tomar.
Como sigamos a golpe de té isto vai quedar en auga de borralla.
Tranquilo, tío. Todo leva o seu tempo. O importante é que están abertos todos os camiños e que nós poñeremos todo o noso empeño en que ningún deles nos leve dereitiños ao manicomio. Só faltaría!
Pregúntome a miúdo para que carallo queremos a enciclopedia británica se só se pode ler en inglés.
5 comentarios:
Ti e eu...
coñecémonos como estraños, cada quen levando consigo un misterio.
Non podo dicir quen es: se cadra non chegarei a coñecerte nunca de todo.
Pero confío en que es unha persoa por dereito propio, en posesión dunha beleza e un valor que son os maís prezados tesouros da Terra.
Así pois esta é a miña intención:
Non che imporei identidades, estás invitado a converterte en ti mesmo sen vergoña nin temor.
Manterei aberto un espazo para ti no mundo e defenderei o teu dereito a enchelo cunha auténtica vocación.
Pois mentres dure a tua búsqueda, terás a miña lealtade.
Theodore Roszak
Cita preliminar do libro PERSOA/PLANETA
Non impoñer identidades...é fundamental para entender e entenderse. As identidades son todas etiquetas falsas, convértennos en produtos e obxectos, négannos a humanidade e aínda por riba non din nada esencial da persoa a quen se lle colocan. Cando alguén nos di "ti es isto ou aquilo", non di nada a propósito de ti, está dicindo de si mesmo, das súas limitacións para relacionarse cos demáis.
Moi boa cita, meu.
Ben, creo que queda claro que nesa reunión do comité tomouse o té e pouco máis e que Angola e máis eu estamos no sector crítico da flor-acción rural, pois o sector acapullado ten aínda moitas cuncas de caldo que tomar.
Como sigamos a golpe de té isto vai quedar en auga de borralla.
Tranquilo, tío. Todo leva o seu tempo. O importante é que están abertos todos os camiños e que nós poñeremos todo o noso empeño en que ningún deles nos leve dereitiños ao manicomio. Só faltaría!
Pregúntome a miúdo para que carallo queremos a enciclopedia británica se só se pode ler en inglés.
Boa noite, meu
Se soñas algo interesante por deus non llo contes a calquera, o mundo está cheo de depredadores de soños alleos!
Publicar un comentario