14/07/11

PERSOA-NACIÓN





OS DEREITOS DA PERSOA


   Todo ser humano é algo máis ca el mesmo;
representa tamén un punto único no 
seu xénero, un ser moi especial e sempre 
importante e notable en que se cruzan 
os fenómenos do mundo, unha soa vez 
neste camiño e nunca máis. Esta é a razón
pola que a historia de todo home é importante,
eterna, sagrada; por iso todo home,
en tanto que vive e cumpre a vontade
da natureza, é marabilloso e digno de 
toda consideración.

Hermann Hesse


Un manifesto secreto

No noso tempo estase a escribir un manifesto secreto. Non sairá ao mundo impreso nunha páxinas. Ningún movemento de masas o esgrimirá endexamáis como estandarte. A súa linguaxe é máis ben unha ansia que uns lemos nos ollos dos outros, a ansia de coñecer a nosa auténtica vocación no mundo, descubrir a obra e o camiño que pertencen unicamente a cada un de nós. Os seus autores aínda que se poderían contar por milleiros, nunca se preocuparán por coñecerse como un exército en marcha, senón como uns poucos que poden reunirse aquí e alá en verdadeira camaradería.

Refírome ao manifesto da persoa, a declaración do noso dereito soberano á descoberta de nós mesmos. Non podo dicir se os que responderon á súa convocatoria se contan por millóns, pero sei que o grao da súa influencia entre nós é importante, e constitúe unha corrente subterránea da nosa historia que esperta en todos aqueles aos que toca unha intoxicante sensación do profundas que son as raíces do eu e as estrañas fontes de poder que abranguen......xa non é só pan, traballo e seguridade física o que a xente agarda da vida, tras estas necesidades evidentes e absolutas existe un apetito de recoñecemento persoal, recoñecemento de que cada un de nós é un acontecemento especial e importante no universo, un centro de sensibilidades delicadas e de radical orixinalidade. Nunha escala que carece de precedentes históricos, estámonos volvendo interesantes para nós mesmos, tanto como os uns para os outros, na nosa condición de seres portadores duns destinos inesperados no mundo.

..... a tribo, nación, clase, movemento social, masas revolucionarias, todo isto, como sombras que eclipsan o sol, obtiveron a súa existencia a costa de algo moito máis brillante e fermoso: o noso esencial e aínda inexplorado
EU. E ao recoñecermos esta verdade, podemos tratar de substituír estas fidelidades sociais "máis elevadas" por unha asombrosa proposición ética: que todos somos creados para ser persoas e que as persoas son o primeiro antes que todas as ficcións colectivas

THEODORE ROSZAK: Persona/Planeta, Cara un novo paradigma ecolóxico,  Editorial Kairós, 1985. A 1ª edición orixinal en inglés deste marabilloso libro é do ano 1977. 


Theodore Roszak morreu recentemente pero deixounos unha magnífica produción de pensamento contemporáneo. Hai vídeos en yutube, pero non dei con ningún subtitulado. Estivo vinculado aos movementos undergraund da contracultura e reflexionou moi acertadamente sobre eles. Esta entrada pretende renderlle unha pequena homenaxe de gratitude por todas as magníficas ideas que foi capaz de comunicarme. Longa vida a todos os que coma el ven un universo infinito de posibilidades dentro de cada un de nós.

Algúns enlaces : O nacemento dunha contracultura, reseña sobre o autor
                
                        Ecopsicoloxía, artigo escrito por Roszak

                 O artista páxina exclusivamente adicada con todo tipo de información e materiais relativos á súa vida e obra.


                            O imperio das cidades 1ªentrada neste caderno alusiva ao autor








Ningún movemento revolucionario poderá acadar obxectivos válidos se non é realizado por persoas con pleno recoñecemento e aceptación de si mesmas, persoas autorreguladas por unha ética persoal de respecto e defensa de si mesmas e dos demáis.

O sistema prefire individuos isolados, seres anónimos descoñecidos incluso para si mesmos, que  traduzan a súa frustración en consumo desenfreado. Roszak propón persoas autónomas que usan a soidade como  un ámbito  favorable para acadar o pleno recoñecemento e afirmación  de si mesmas.

O sistema dá isolamento, a persoa pode traducilo nunha soidade fructífera da que sairá unha bomba humana para a expansión de conciencia.


Papillon 1972
Paga a pena observar os detalles deste gravado
poderás facelo aquí


Ningún comentario: