21/05/11

MOI LONXE DO IMPERIO DO SOL



E-MAIL R-EVOLUSION




MANIFESTO PERSOAL INTRANSFERIBLE SUBXECTIVOPOÉTICO E SÓ VÁLIDO PARA A MIÑA REVOLUCIÓN PERSOAL
  1. ABOLICIÓN DE TODO DESEXO, PENSAMENTO, PALABRA OU OBRA DESTINADO Á DEPREDACIÓN
  2. AMOR INCONDICIONAL A TODA PERSOA QUE NON TEÑA TEMOR DE AMOSARSE A SI MESMA TAL E COMO COIDA QUE É
  3. DESPREZO E DENUNCIA PÚBLICA DE TODA ACTITUDE PORNOGRÁFICA QUE COMERCIE CO CORPO HUMANO E CO SEXO ENTRE SERES VIVOS
  4. ANULACIÓN DE CALQUERA TEXTO OU COMUNICADO QUE ALBERGUE ABSURDA PRETENSIÓN DE MARCARME PAUTAS DE VIDA
  5. PETICIÓN REITERADA DO PECHE INMEDIATO DE TODAS AS FÁBRICAS DE CARNE, INCLUÍDAS AS GRANXAS MENTAIS.
  6. ABOLICIÓN DO TRABALLO FONTE DE ABORRECEMENTO
  7. EXALTACIÓN DO TRABALLO CREATIVO E SEN PATRÓNS
  8. COMPAIXÓN SEN FISURAS POR TODAS AQUELAS PERSOAS QUE SOFREN ANANISMO MENTAL PERMANENTE E QUE INSISTEN EN PERMANECER NEL TODA A SÚA VIDA
  9. DENUNCIA PÚBLICA SEN FISURA E SEN TREGUA DE CALQUERA TIPO DE EXPLOTACIÓN
  10. FÉ INQUEBRTANTABLE NA BONDADE E TENDENCIA Á FELICIDADE DE TODOS OS SERES VIVOS
  11. INTRANSIXENCIA ABSOLUTA COS DÉSPOTAS E MISERABLES DE PENSAMENTO, PALABRA OU ACCIÓN
  12. DEFENSA INCONDICIONAL DA CAPACIDADE DE TODOS OS SERES VIVOS PARA DESENVOLVEREN A SÚA POTENCIA VITAL
  13. REXEITAMENTO VISCERAL DE TODA ÓPTICA EGOÍSTA QUE SÓ ANDE Á PROCURA DO LUCRO PERSOAL, IGNORANTE DE QUE TODA ACTIVIDADE QUE XERE BENEFICIO SÓ PARA UNS CANTOS ESTÁ XERANDO MISERIA PARA TODOS OS DEMÁIS
  14. DESPREZO POLO COLECTIVISMO: COMEDORES COLECTIVOS, DORMITORIOS COLECTIVOS, GRANXAS DE SEXO COLECTIVO, ALECCIONAMENTO, ETC.
  15. DEFENSA INCONDICIONAL DA PERSOA, SOBERANA DE SI MESMA, FRONTE AO INDIVIDUO SEN CARA QUE ENGROSA MASAS ANÓNIMAS
  16. USO DE TODA A MIÑA ENERXÍA CREATIVA PARA CONTRIBUÍR A QUE A HUMANIDADE COBRE CONCIENCIA DA SÚA GRANDEZA, ESMAGADA POLA HISTORIA DOS DEPREDADORES
  17. DEFENSA INCONDICIONAL DA TERRA, COMO ÚNICO UNIVERSO VIABLE E POSIBLE MENTRES GOCE DE VIDA
  18. ACEPTACIÓN DA ENTREGA PERSOAL ATA O SACRIFICIO SE ISO AXUDA A ALGUÉN A LIBERARSE DAS ATADURAS DE SI MESMO
  19. FUSTIGAMENTO A TODO PENSAMENTO, PALABRA OU OBRA QUE TEÑA AFÁN COLONIZADOR
  20. RESPECTO POR TODOS OS PUNTOS DE VISTA AÍNDA QUE NON OS COMPARTA
  21. ESQUECEMENTO ABSOLUTO DE TODO TRAUMA PASADO
  22. ADESTRAMENTO PERMANENTE PARA EVITAR QUE SE ME INFRINXAN A MIN OU AOS DEMÁIS TRAUMAS NO FUTURO. CAPACITACIÓN TOTAL Á SOBERANÍA DO PRESENTE.
  23. DENUNCIA DE TODA POLÍTICA ESPIRITISTA, OCULTISTA, CONSPIRATIVA, FETICHISTA, SEUDOMÁXICA OU TABERNARIA
  24. DEFENSA DA TRANSPARENCIA DIÁFANA EN TODA XESTIÓN QUE IMPLIQUE AOS DEMÁIS



TEIS. 21 DE MAIO DE 2011, QUE ESTÁ EMPECINADO EN PASAR COMO UN TEMPO DE GLORIA Á HISTORIA XERAL CONTRA A INFAMIA




enlace para todos aqueles que SE LA SUDAN

En Siberia dei co único español que hai por alí e pasoulle que non tivo máis remedio que pronunciarse en solitario. Xa lle mandei unha aperta solidaria e confirmación de recibo da mensaxe. Se alguén quere velo anda por AQUÍ









4 comentarios:

Dominguet dixo...

¡Ánimo con tú revolución personal!Desde Mandril me solidarizo (con mis limitaciones) con este valiente programa de mínimos

sociedaddediletantes.blogspot.com.es dixo...

Me encanta: el vídeo estupendo (no sé cuál de las dos tomar: creo que ninguna, Je)

angola dixo...

Dominguet, mi revolución personal hace tiempo que está en marcha. Sería marabilloso que todas y cada una de las personas acampadas por todo el planeta pusiesen en marcha o diesen continuidad a la suya, hasta las últimas consecuencias. Esa actitud promovería cambios significativos y alejaría el peligro de cualquier sensación de fracaso.

angola dixo...

El vídeo es un auténtico regalo, Casilda. A lo mejor no vendría mal tener una cajita de esas en el botiquín para el caso que nos encierren por locos!